DUVI

Diario da 鶹

A través da obra 'Queimar libros', do director da Bodley Library, Richard Ovenden

Reseas.25 reflexiona sobre a destrucin e conservacin do coecemento

A bibliotecaria Lorena Gmez é a autora da recensin correspondente a abril e maio

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
DUVI 02/05/2022

Richard Ovenden, director da Bodleian Library de Oxford somerxe ao lector na súa obra Queimar libros. Unha historia da destrucin deliberada do coecemento, nunha viaxe de 3000 anos a través da aniquilacin do coecemento e a loita por preservalo. Dende o que realmente sucedeu na biblioteca de Alexandra, ata os papeis da xeracin Windrush, e dende o borrado de tweets realizado por Donald Trump, ata John Murray queimando, en nome da censura, as memorias de Lord Byron, a obra de Ovenden incide nos constantes ataques dos que ao longo da historia, e mesmo intensificados na Idade Moderna, son obxecto as bibliotecas, cuxo traballo reivindica, como garantes do benestar e da diversidade do coecemento e das ideas.

A obra de Ovenden é a protagonista de e o obxecto da recensin da bibliotecaria da Universidade de Santiago de Compostela Lorena Gmez, un libro “pertinente nestes das convulsos”, reflexiona Aser Ángel Fernndez Rey, técnico especialista da biblioteca de Torrecedeira, que sinala que “coas guerras a Humanidade sofre. Toda a Humanidade sofre. As persoas, en especial as mulleres e a infancia, a sociedade e a cultura (material e inmaterial) e o coecemento”. Para Aser Ángel Fernndez, desde a mtica destrucin da biblioteca de Alexandra, pasando polas leccins de salvamento patrimonial da República ou o Convenio da Haia, “temos a tarefa, como outras moitas persoas fixeron no pasado, de preservar e transmitir o coecemento s xeracins vindeiras”.

Agosto de 1992…

Lorena Gmez arranca a súa recensin o 25 de agosto de 1992, unha data na que, mentres Espaa celebraba as Olimpadas de Barcelona, Aida Butrovic morra tras ser alcanzada por un disparo dun francotirador serbio, cando trataba de salvar libros da biblioteca de Saraievo na que traballaba. Smbolo dunha arraiga cultura do libro, a biblioteca nacional de Saraievo, era “un obxectivo militar coa perversa idea, mis común do que pensamos, de aniquilar unha cultura, de borrar pegadas, o rexistro da humanidade”, sinala Lorena Gmez, que enlaza a destrucin desde espazo destinado conservacin do saber co incendio da biblioteca de Los Ángeles en 1986.

A autora da recensin destaca “a impresionante erudicin” de Ovenden, as como “un grandsimo valor: o amor pola cultura escrita, a súa absoluta conviccin de que a intencin humana de preservar e conservar os resultados do coecemento non se diluirn facilmente no futuro”. Na obra de Ovenden, que a bibliotecaria da USC, considera tamén unha reivindicacin do oficio de bibliotecario como un activo importante contra a desinformacin e as noticias falsas, abrdase especificamente as destrucins deliberadas do coecemento, en forma de apropiacin e recompilacin de tablillas dos pobos vecios na biblioteca de Asurbanipal en Mesopotamia, ou na historia de “a brigada do papel” e do YIVO, que amosa a coidada planificacin realizada pola Gestapo sobre o patrimonio librario xudeu, como tamén, da resistencia e o activismo dunha grande pléiade de profesionais das bibliotecas.

Lorena Gmez tamén chama a atencin sobre os captulos nos que o autor de Queimar libros aborda a destrucin de violencia, exemplificada na figura de Philip Larkin, bibliotecario e poeta, que como creador deixou estipulada a queima de todos os seus borradores; a purga realizada nos diarios de Byron ou “a cuestionable tarefa de Ted Hughes ao editar os diarios da súa falecida esposa Sylvia Plath”. No final da súa obra, ademais de poer o foco sobre os perigos dos monopolios dos xigantes de internet, Ovenden achega ideas que reivindican o traballo que realizan as bibliotecas na sociedade actual: apoio educativo ea garantes de benestar e da diversidade do coecemento e ideas; “son esta ncora, ese punto de referencia fixo, que permiten xulgar verdades e mentiras con transparencia e actuar tamén como preservadoras da identidade cultural. Non parecen, en absoluto, nin malos agoiros nin pouco ambiciosos. Oxal sexa as”, reflexiona Lorena Gmez.