DUVI

Diario da 鶹

Conformado por oito sesins, nas tardes dos venres de outubro, novembro e xaneiro

A relacin do ser humano co medio ambiente centra o novo ciclo de cine da Vicerreitora 

A programacin arranca esta semana co filme ‘O incidente’ 

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cine
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 15/10/2024

Desde o rexistro dos fenmenos atmosféricos e das súas consecuencias, denuncia do impacto da accin humana sobre os ecosistemas, pasando pola ideacin de futuros distpicos. A relacin entre o ser humano e o medio ambiente foi abordada desde múltiples pticas e perspectivas ao longo da historia do cine. Amosar algunhas das rutas escollidas por cineastas de diferentes épocas para abordar estas cuestins é o obxectivo de Sobre vivir, o ciclo de cinema de outono da Vicerreitora do campus. Promovido coa colaboracin do Concello de Pontevedra, oito proxeccins, que tern lugar na Casa das Camps nas tardes dos venres e que se vern complementadas por un coloquio, integran a programacin que se desenvolver nos meses de outubro, novembro e xaneiro.

Con entrada libre ata completar a capacidade da sala e proxeccins programadas para as 19.00 horas, este ciclo busca presentar unha escolma de filmes cos que afondar nesa “aproximacin aos conceptos de medio ambiente e ecosistema", que, con frecuencia, "o ser humano entende como algo externo a el", como sinala o seu coordinador, Suso Novs. A través de longametraxes de diferentes épocas, esta programacin busca amosar esa relacin como un elemento "transversal, que vai mis al dos xéneros e que pode abranguer reflexins de natureza poltica, ideolxica ou mesmo apocalptica”, engade o tamén codirector do festival Novos Cinemas.

Oito citas entre outubro e xaneiro

A programacin arranca este venres 18 con O incidente (2008), un filme de ciencia ficcin no que M. Night Shyamalan aborda os efectos sobre a humanidade dunha toxina liberada polas plantas. Á semana seguinte poder verse As aventuras de Jeremiah Johnson (1972), de Sydney Pollack, "unha pelcula de aventuras sobre un home que deixa a civilizacin para vivir no medio da natureza”, apunta Novs.

Xa en novembro, o venres 8 proxectarase Fillos dos homes (2006), de Alfonso Cuarn, “unha aproximacin distpica a unha sociedade na que a sociedade ten prohibida a reproducin”, coa que reflexionar sobre a cuestin da superpoboacin. Á semana seguinte exhibirase A illa das almas perdidas (1932), de Erle C. Kenton, a primeira adaptacin ao cinema da novela A illa do doutor Moreau, de H.G. Wells, coa que afondar na “fronteira entre animal e home”, apunta Novs. O ciclo continuar o 22 de novembro con Inferno baixo a auga (2019), de Alexandre Aja, unha historia coa que debater sobre “que sucede cando varas o ecosistema”; mentres que sete das mis tarde poder verse Naves misteriosas (1972), de Douglas Trumbull, un filme de ciencia ficcin “que flanos de preservar o medio ambiente nun contexto no que a vida na terra est practicamente extinta”. 

A programacin interromperase en decembro e retomarase en xaneiro coas proxeccins de O incrible home minguante (1957), de Jack Arnold, e Os valentes andan ss (1962), de David Miller. A primeira, unha historia ambientada “na psicose nuclear da Guerra Fra”, poder verse o venres 10, mentres que o da 17 pechar o ciclo “un clsico do western moderno” que permitir falar dos efectos da accin humana sobre os territorios e sobre as persoas que optan por vivir marxe da sociedade.