Segundo un estudo da investigadora da Facultade de Comunicacin Beatriz Martnez
As redes sociais non achegan a mocidade programacin cultural de Pontevedra
Inflúen en maior medida as recomendacins das amizades
Analizar o grao de coecemento e participacin da mocidade na programacin cultural que se desenvolve en Pontevedra e o papel das redes sociais e influencers neste mbito. Estes eran os principais obxectivos do estudo desenvolvido pola profesora da Facultade de Comunicacin Beatriz Martnez ao abeiro do programa de axudas para o desenvolvemento de iniciativas investigadoras financiado pola Deputacin de Pontevedra, no marco dun convenio de colaboracin coa 鶹. A través dunha enquisa e da organizacin de grupos de discusin, este traballo permitiu constatar que se ben mozos e mozas “si estn conectados” coa oferta cultural da cidade “da que parecen participar e din interesarse”, como explica esta investigadora do grupo CS1, non o fan a través das redes sociais das institucins e entidades culturais da localidade.
Diferentes estudos, lembra Martnez, sinalan que “a programacin cultural tradicional non sempre logra captar a atencin dos mozos, debido a unha desconexin en termos de linguaxe, formatos e accesibilidade”. Neste contexto, resulta “crucial entender o papel das redes e influencers nos seus intereses”, que se teen convertido en “ferramentas clave” hora de achegar a programacin cultural s novas audiencias. Analizar o seu papel na “conexin entre a oferta cultural” de Pontevedra a as novas xeracins era nese senso un dos propsitos do proxecto Conectando culturas: Anlisis de la oferta cultural de Pontevedra en redes sociales y su impacto en los jvenes, con atencin también al Camino de Santiago.
Unha “fenda” nas redes sociais
A enquisa realizada a 158 mozas e mozos de entre 18 e 27 anos, o 76% mulleres, permitiu constatar o elevado uso que as novas xeracins fan das redes sociais, s que o 83% dedican cando menos dúas horas ao da e, dentro destes, un 38% mis de catro horas diarias, sendo Instagram e TikTok as maioritariamente utilizadas. Non obstante, o 65% dos mozos e mozas non coece as contas das institucins e organizacins culturais da cidade e s o 12,7% participa en actividades ou eventos culturais promocionados a través das redes sociais. Isto leva a Martnez a incidir na existencia dunha “fenda” nas redes sociais e unha mocidade que segue “outro tipo de contas” e que “pon en valor o entretemento” por riba de mbitos culturais concretos. De feito, as e os participantes sinalaban como principal motivacin para participar neste tipo de actividades “as recomendacins dos amigos”. Ademais, o 64% das enquisadas e enquisados “non considera adecuadas as estratexias de comunicacin das institucins culturais” nas redes sociais, que consideran “pouco atractivas”, o que leva a investigadora a conclur que, se ben “mozos e mozas valoran a cultura local”, tamén “identifican unha desconexin significativa na forma en que se comunica e adapta aos seus intereses”.
Estas cuestins foron abordadas tamén en dous grupos de discusin, un conformado por mozos e mozas e outro por responsables culturais do Concello e a Deputacin e de eventos como o festival Surfing the Lérez. Estes grupos permitiron afondar tamén nas demandas da mocidade dunha oferta cultural acorde s súas preferencias, as como na necesidade por parte dos xestores culturais de “incorporar novas ferramentas e formatos”. Outra das cuestins abordadas foi o papel que poden xogar os influencers hora de conectar cos novos públicos, mais, como sinala Martnez, a súa efectividade neste eido dependera da “autenticidade e proximidade” das súas mensaxes. Isto fara idneo que se tratase de figuras “que estean conectadas habitualmente” co público obxectivo e coas institucins culturais da cidade, mais os resultados da enquisa amosan que mis do 80% dos mozos e mozas non coecen “influencers e activistas culturais de Pontevedra”.
“Desconexin” co Camio de Santiago
Outro dos aspectos nos que este estudo buscaba pr o foco era na percepcin da mocidade do Camio de Santiago, que a maiora sinala como “unha influencia cultural significativa en Pontevedra”. Mais, ao mesmo tempo, tamén fai alusin as “oportunidades desaproveitadas para conectalo coas xeracins mis novas” e s o 30% das mozas e o 20% dos mozos afirmaba ter participado nalgunha actividade relacionada coa ruta xacobea.
Nos últimos meses, a metodoloxa e os resultados deste estudo foron presentados en varios congresos, abordando cuestins como as diferencias nos resultados en funcin do xénero, entre os que destacan que as mulleres “mostran un maior interese en xeral polo que denominaramos estritamente cultura”, a que vez que son “maioritariamente mis activas” como creadoras de contidos. Por outra banda, Martnez ampliou esta lia de anlise na cidade portuguesa de Braga, onde se rexistraron uns “resultados moi similares, en termos xerais”, que sern recollidos, xunto cos de Pontevedra, nun artigo na revista cientfica El profesional de la Informacin.
