DUVI

Diario da 鶹

Coordinada polos membros do GEAAT Martiño X. Vázquez e Adolfo Fernández

Unha publicacin recompila a investigacin arqueohistrica levada a cabo na comarca de Monterrei durante a última década

O libro rende homenaxe ao profesor Antonio Rodrguez Colmenero

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI Ourense 04/02/2025

Arqueoloxía, Prehistoria e Historia nas terras de Monterrei, Ourense. Avance de resultados dos traballos de investigación, 2013-2022. Este é o ttulo dunha obra colectiva, coordinada desde o Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio da 鶹 por Martiño X. Vázquez e Adolfo Fernández, na que se compila boa parte da investigacin arqueohistrica levada a cabo na comarca ourens de Monterrei durante a última década.

Editado polo Servizo de ʳܲԲ da 鶹 e publicado con financiamento da Xunta de Galicia, o libro nace ao abeiro das Xornadas de Prehistoria, Arqueoloxa e Historia nas Terras de Monterrei, celebradas en setembro de 2021. Na obra réndese homenaxe ao profesor Antonio Rodrguez Colmenero, “como responsable da catalogacin e estudo de centos de xacementos e restos arqueolxicos, con especial atencin nestas terras tameganas” e ao que “toda unha xeracin de historiadores, epigrafistas e arquelogos medramos citando nos nosos traballos universitarios e de investigacin”.

O traballo feito por Rodrguez Colmenero e outros investigadores durante boa parte do século XX, comentan os coordinadores da publicacin, foi o xerme que fixo que a comarca de Monterrei sexa nos últimos anos un dos focos principais das actividades arqueolxicas na provincia de Ourense. “O interese dos concellos de Monterrei polo seu patrimonio arqueolxico é facilmente medible se botamos unha simple ollada s cifras de proxectos arqueolxicos desenvolvidos nos últimos anos dando as continuidade os traballos dos pioneiros no século XX”, sinalan.

Da Prehistoria ao medievo

A publicacin arranca cun limiar de José Lus Surez, presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Monterrei, e unha presentacin a cargo de Martiño X. Vázquez e Adolfo Fernández. Veen de seguido seis captulos con “datos novidosos e inéditos que van dende a Prehistoria recente ata a Baixa Idade Media”. O primeiro deles é unha anlise comparativa dos castros de Cualedro: A Cidde Saceda e A Cidde San Millao, a cargo do propio Martio Xosé Vzquez. Séguelle outro artigo sobre hipteses e interpretacin do recinto amurallado baleiro do Muro de Búbal (Monterrei-Oimbra), a cargo de Patricia Valle, Adolfo Fernndez, Alba Anta Rodrguez, Nerea Ruanova e Iria Veloso. A terra de Baroncelli, o conde Odoario e a “repoboacin” do alto Val do Tmega na alta Idade Media (do século IX ao XI) centran pola súa banda un texto de Nieves Amado Roln. A publicacin remata cun texto sobre a necrpole medieval de San Salvador das Rozas (en Medeiros) realizado por Patricia Valle e Fermn Pérez.

Ao longo desta obra colectiva, comentan os seus responsables, o público lector “darase conta rapidamente de que a investigacin histrica e arqueolxica é a única maneira de rachar co silencio do pasado”. Os xacementos arqueolxicos que aparecen neste traballo, como A Saceda, San Millao, Muro de Búbal, Medeiros, Lobarzn, Mixs, Vern e moitos outros, detallan, “cobran agora vida funcionando como transmisores do pasado da comarca grazas investigacins que os rescatan do seu ostracismo histrico”. As, sublian, “o discurso xerado a partir de investigacins rigorosas do pasado enriquece sociedade obxecto de estudo” e “a semente que outros plantaron segue anda hoxe xerminado en Monterrei”.

A pesar da amplitude da publicacin, desde a súa organizacin apuntan que foi imposible compilar todo o labor arqueolxico de dez anos nun s libro polo que sinalan que outros traballos sobre a arqueohistoria da comarca de Monterrei podern ser recollidos en futuras obras que completen a que agora publicada.