DUVI

Diario da Âé¶ččû¶ł

Resultado do proxecto ‘Axitando a heteronormatividade’, centrado na performance

Unha publicacin recolle as reflexins sobre a sexualidade que o alumnado de Belas Artes levou s rĂșas

O libro presenta as accins realizadas por oito estudantes

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • PĂșblico externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Igualdade
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 07/12/2022

Desenvolvidas en diferentes prazas e rĂșas de Pontevedra, unha publicacin fai balance de oito performances realizadas polo alumnado da Facultade de Belas Artes no marco dun proxecto que propn empregar a arte de accin como canle para reflexionar sobre a sexualidade, as identidades non normativas e os estereotipos relacionados coa orientacin sexual. Baixo o ttulo de Axitando a heteronormatividade. Performance, sexualidade e disidencia, o libro editado pola facultade, dentro do seu selo Error es bien, presenta os resultados dunha iniciativa coordinada polo profesor Carlos Tejo e desenvolvida ao abeiro do programa de axudas para actividades docentes con perspectiva de xĂ©nero da Unidade de Igualdade da Âé¶ččû¶ł. No marco da materia Proxectos de arte de accin, Tejo propuxo ao alumnado un exercicio que, a travĂ©s da performance, "propn novos vieiros para a sexualidade, ao tempo que denuncia posturas pouco respectuosas coa diversidade”.Ìę

Tras levarse a cabo por primeira vez en 2020, a pandemia obrigou a interromper temporalmente un proxecto que Tejo impulsou de novo o pasado curso e que, diferencia da primeira edicin, nesta ocasin levou ao alumnado a executar as sĂșas accins na rĂșa. “Coido que o espazo urbano Ă© un aliado importante cando a performance ten implicacins polticas”, sinala este docente, que buscaba con este exercicio contribur a unha educacin que poa en valor “o positivo de respectar as diferentes opcins da xente que nos rodea”. Con esa idea, esta actividade, de carcter voluntario, arrancou cun coloquio coa dramaturga, actriz e directora teatral Gena Vaamonde, que centrou a sĂșa tese de doutoramento pola Âé¶ččû¶ł na representacin das sexualidades que cuestionan a “heteronorma” e os xĂ©neros binarios na dramaturxia contempornea espaola. A partir desta conversa, os oito alumnos e alumnas participantes traballaron no deseo dunha serie de accins que executaron, en varias sesins, en diferentes puntos da cidade e que agora se plasman nesta publicacin a travĂ©s das fotografas de Adrin Porina. “ParĂ©ceme un bo xeito de reflexionar sobre temticas complexas que afectan ao noso da a da e nosa convivencia como sociedade”, salienta Tejo, que destaca no libro as posibilidades da performance “como unha das mellores ferramentas para alertar sobre a situacin perifĂ©rica dalgunhas opcins sexuais que transitan fra do heterocentrismo e para dinamitar comportamentos innmobilistas”.Ìę

Accins cuns puntos de partida “profundamente simblicos”

Xunto aos textos de Tejo e Baamonde, a publicacin presenta en imaxes performances como a que Raquel Álvarez levou a cabo na alameda e coa que buscou pr de relevo que a defensa do “dereito a ser diferente” debe ser entendida como “unha batalla de toda a sociedade”, como lembra o coordinador este proxecto. Neste mesmo espazo desenvolveuse tamĂ©n a accin na que Tamara Goberna converteu o palco de mĂșsica “nunha caixa de mĂșsica xigante”, na que exerceu como unha bailarina que “debuxa a imaxe dunha muller sen vontade, que xira como unha autmata nun baile sen sentido”, para finalmente abandonar a “caixa” e tomar o espazo pĂșblico, explica este docente.

Preto de al, na cruz da Gran Va de Montero Ros, completaba RubĂ©n Mascato unha performance presentada como “un particular viacrucis de afogamentos voluntarios”, coa que buscaba “advertirnos da dor e do desasosego das persoas que deciden vivir a sĂșa sexualidade dun xeito diferente norma”. A sĂșa, como sinala Tejo, era unha accin cun punto de partida “profundamente simblico”, ao igual que a que Anta Encisa levou a cabo s portas da Casa Consistorial. ValĂ©ndose dun megfono, Encisa trasladou aos transeĂșntes a pregunta â€œĂ© un mozo ou unha moza?”, nunha proposta que, a travĂ©s do “simple xesto de cuestionar aquilo que parece obvio, desestabiliza o xĂ©nero entendido como un constructo social e cultural”, sinala Tejo. O carcter simblico Ă© tamĂ©n un dos aspectos destacados no libro da performance que Xoel Gmez realizou na praza da Peregrina, onde representou “un camiar acelerado, un corpo que, nesta deriva, tamĂ©n est esquivando un xĂ©nero esttico ao destilar unha corporeidade en continua alerta”.

Preto deste punto, nunha das rĂșas comerciais mis concorridas, Nerea Santiago desenvolveu unha accin que tomaba como punto de partida un “acto estereotipadamente feminino”, pintar os beizos, para subvertelo e terminar “amosando un lado non normativo”, cunha aparencia que “rompe cos canons do que Ă© formal e aceptado”. Esta idea obsĂ©rvase, as mesmo, na proposta desenvolvida por Ainhoa Martnez, quen a travĂ©s dunha serie de movementos tras unha cortina e do xogo entre “o que se oculta e o que se mostra”, propuxo “unha metfora de todos os medos que nos asaltan en moitos mbitos da nosa vida”. Por Ășltimo, o libro complĂ©tase coas imaxes da performance que Carmen Surez realizou nas proximidades da baslica de Santa Mara e na que, a travĂ©s dunha serie de carteis, propua unha reflexin “sobre as consecuencias da condena e represin da homosexualidade no mbito eclesistico”, explica Tejo.
Ìę