O grupo dx5 aborda nun libro os resultados do VIII Foro Internacional de Creacin na Fronteira
Unha publicacin fai balance de como a arte múltiple ‘ocupou’ Pontevedra
Preséntase o vindeiro luns 26 na Casa da Luz
Tres exposicins simultneas, un ciclo de conferencias e un conxunto de intervencins no espazo público combinronse, en maio e xuo de 2024, no , organizado polo grupo de investigacin dx5 da Facultade de Belas Artes e centrado na idea de arte múltiple. Promovido coa colaboracin do Concello de Pontevedra e o financiamento da 鶹 e da Xunta de Galicia, a través das axudas a grupos de referencia competitiva, a reflexin de como a arte grfica avanzou cara a “busca dunha experiencia artstica mis profunda e inmersiva”, sinalan, condénsase agora no libro El múltiple que ocupa el espacio, que combina un rexistro das exposicins e intervencins desenvolvidas no marco deste proxecto cunha serie de artigos de diferentes investigadores e artistas.
Publicado pola editorial Sendem, este volume presentarase o vindeiro luns 26 s 19.00 horas na Casa da Luz, nun acto que contar coas intervencins de Demetrio Gmez, concelleiro de Cultura; Ana Soler, directora do grupo dx5; Anne Heyvaert, subdirectora do proxecto, e as responsables de Vaciocero, encargadas da coordinacin das exposicins e da programacin didctica. A publicacin, que conta tamén cunha , constitúe “un rexistro”, como sinala Soler, das diferentes iniciativas englobadas neste proxecto. Mais, lonxe de ser un catlogo das tres exposicins, trtase dun “libro sobre a arte múltiple”, que vez que funciona “como un arquivo” das intervencins de carcter efémero levadas a cabo na cidade, reúne tamén un conxunto de artigos centrados neste concepto, que “constitúe o núcleo central desenvolvida durante dúas décadas polo grupo de investigacin”, lembra Soler.
O volume busca afondar en como “na contemporaneidade, as fronteiras conceptuais e prcticas da arte” difuminronse, o que fai que a arte grfica, caracterizada pola existencia dunha matriz a partir da que poden xerarse diferentes obras, sexa hoxe “hbrida e complexa, chegando a ocupar o espazo a través de propostas instalativas”. Isto leva ao grupo dx5 a falar dunha “grfica de campo expandido” que “caracterzase pola existencia dalgo que é moito mis que unha matriz que xera múltiples”. Nese senso, o obxectivo desta publicacin é reparar no que sucede “cando esa matriz xa non xera pegadas, senn elementos mutantes que invaden o espazo e o propio tecido do tempo a partir de procesos complexos”, sublia Soler, coordinadora editorial deste libro xunto co director de Sendem, Francisco Berenguer.
Exposicins, artigos e intervencins efémeras
Tras o texto de presentacin da profesora Susana Cendn, o libro brese cun captulo centrado nas “derivas e transicins da grfica contempornea cara a complexidade”, realizado por Soler e a artista e profesora da Universidad de Salamanca Vanessa Gallardo, que asina tamén o texto centrado na exposicin Simbiose. Esta mostra reuniu no Pazo da Cultura as creacins de 25 artistas, presentadas neste libro en catro bloques que levan a afondar no paso do único ao dual, do dual ao múltiple e do múltiple ao complexo, as como nas “conexins mutantes”, bloque que agrupa outra serie de propostas ligadas repeticin e transformacin.
No apartado Ա油, o libro reúne os artigos de seis investigadores e investigadoras de diferentes universidades espaolas, que participaron en 2024 no foro académico deste proxecto. “Debateron sobre temas que abranguen desde o consumo do múltiple hoxe, ata a producin da obra de arte múltiple desde a súa parte mis tecnolxica, a intelixencia artificial ou os datos como fonte de creacin”, sinala Soler respecto das temticas que serviron como punto de partida dos artigos reunidos neste volume.
Da man de diferentes investigadores e investigadoras do grupo, os seguintes apartados do libro detéense nas outras dúas exposicins impulsadas ao abeiro deste proxecto, Resonancias e Xerminal. A primeira tivo como sede a Fundacin RAC e presentaba unha seleccin de obras pertencentes aos fondos desta entidade, mentres que a segunda reuniu na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes as creacins seleccionadas nunha convocatoria dirixida a artistas novos. Do mesmo xeito, o libro serve tamén como rexistro das intervencins artsticas levadas a cabo na cidade, agrupadas no captulo Interferencias, e que abrangueron, como explica Soler, tanto intervencins en vallas publicitarias ou sinais de trfico como actuacins “no espazo dixital, como nas redes sociais do Concello”. Por último, o libro complétase cun apartado destinado a facer balance doutros proxectos previos do grupo dx5.
