DUVI

Diario da 鶹

Realizado por un equipo da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

O proxecto Rentur desenvolve unha ferramenta para avaliar a rendibilidade social de iniciativas tursticas

Baséase na anlise de custo-beneficio

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI Ourense 13/09/2024

O Centro Cultural Marcos Valcrcel da Deputacin de Ourense acolleu este venres a presentacin do proxecto (Rendibilidade social nas decisins de investimento do turismo post-pandémico: clave para o desenvolvemento sostible en destinos de interior). Nel, un equipo da 鶹 leva a cabo o deseo e desenvolvemento dunha ferramenta innovadora para a avaliacin da rendibilidade social de proxectos e produtos tursticos.

O proxecto est desenvolvido por membros do grupo de investigacin Emitur-Mrketing e Turismo, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense. Diego R. Toubes é o seu investigador principal, estando ademais as e os investigadores Elisa Alén, Trinidad Domnguez e Pablo de Carlos e un equipo técnico formado por Santiago Pérez, Iago Barreiro e Sergio Martnez. Rentur conta con financiamento do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo e da Unin Europea-Next Generation EU/Plan de Recuperacin, Transformacin y Resiliencia. O estudo arrancou a principios de 2023 e est na actualidade na súa recta final.

O sector turstico, explican desde Rentur, “enfrntase ao desafo de reconciliar o crecemento econmico coa sostibilidade”. Neste senso, o proxecto presentado parte da premisa de que calquera iniciativa neste sector debe xerar beneficios econmicos pero tamén sociais. “Tradicionalmente no mbito turstico s se valorou a rendibilidade financeira. Isto contrasta coa crecente preocupacin pola sostibilidade e os obxectivos de desenvolvemento sostible”, detalla o equipo investigador.

Utilidade para administracins e sector privado

Na ferramenta deseada aplcase unha metodoloxa da anlise custo-beneficio para cuantificar os impactos ambientais, sociais e econmicos dos proxectos e produtos tursticos. “Un dos aspectos mis innovadores é a incorporacin de indicadores sociais e ambientais, e non s econmicos, para a valoracin integral dos proxectos. Isto permite ter en conta dimensins ata o de agora obviadas, como a calidade do emprego, a inclusin de colectivos desfavorecidos ou a proteccin do patrimonio natural”, afirman os responsables da iniciativa. Ademais clasifica os impactos en diferentes categoras segundo a súa prioridade, con variables adaptadas ao contexto local e as ofrece un modelo que pode replicarse en diferentes destinos de interior.

Neste senso, outro elemento crave do modelo proposto é a participacin de axentes locais na definicin de variables e indicadores, para axustalos s necesidades e particularidades de cada territorio. As, a ferramenta pode orientarse a resolver problemticas concretas de despoboamento, cohesin social ou conservacin ambiental, comentan os seus responsables. O prototipo foi probado utilizando como caso de estudo o Plan de Sostibilidade Turstica en Destino Ourense Termal, avaliando os seus impactos.

A ferramenta resultante, indican os seus responsables, “preséntase como un valioso apoio tanto para as administracins como para o sector privado”. Por unha banda, detallan, permite valorar alternativas e tomar decisins aliadas co desenvolvemento sostible, en beneficio das comunidades locais. Por outra, un dos principais valores do proxecto é a súa utilidade para as pemes tursticas. A pandemia, comenta o equipo investigador, acelerou tendencias como a dixitalizacin, a economa verde e o turismo de proximidade. A aplicacin da ferramenta proposta, sinalan, “permitir ter unha visin mis integral dos proxectos tursticos, considerando tamén os seus impactos sociais e ambientais”.