Liderado pola investigadora do CIM-鶹 Mara Gmez Brandn
O proxecto Probiofertil avala o uso de larvas de insecto para a mellora da fertilidade do solo
Emprega principalmente a mosca soldado negra pero tamén o escaravello da faria
A insecticultura, ou producin primaria de insectos, estase perfilando como unha ferramenta innovadora dentro da bioeconoma circular polo seu baixo impacto ambiental no que se refire tanto s emisins de gases de efecto invernadoiro como ao requirimento en auga e terreo. Estes insectos poden ter múltiples utilizacins, unha delas é o seu uso para obter fertilizantes para mellorar a calidade dos solos agrcolas. Precisamente neste aspecto é no que se centra o proxecto Probiofertil, liderado pola investigadora do CIM-鶹 Mara Gmez Brandn, seleccionado na Convocatoria de axudas para incentivar a consolidacin Investigadora 2023. Cun orzamento de 124.206 euros, o obxectivo deste estudo é avaliar o potencial de biorremediacin das larvas de insecto para o biotratamento de residuos orgnicos co fin de obter produtos de valor engadido con potencial para o seu uso como insumos agrcolas, é dicir, produtos que se empregan para o control de pragas, prevencin e tratamento de enfermidades.
Como explica Gmez Brandn, os insectos constitúen o grupo mis numeroso de organismos na Terra e son excelentes dispersores e explotadores de practicamente todo tipo de materia orgnica. Para sacar partido a estas caractersticas, Probiofertil céntrase no aproveitamento de residuos agrogandeiros a través da biotecnoloxa de insectos, co fin de mellorar a xestin e tratamento destes residuos ao tempo que se obteen novos produtos, neste caso o frass, un esterco animal formado por unha mestura de excrementos de insecto e restos de exoesqueleto liberado polo insecto en cada muda, xunto con restos do substrato alimentario.
Estes subprodutos, explica a investigadora, “preséntanse como unha alternativa sostible ao uso de fertilizantes minerais pola súa composicin rica en quitina e en nutrientes de fcil asimilacin”. E é que o valor engadido do frass radica en que “presenta cantidades significativas de nitrxeno de fcil asimilacin para a planta, as como bacterias promotoras do crecemento vexetal que potencian o seu posible uso como abono orgnico”.
A mosca soldado negra, como modelo de estudo
O proxecto Probiofertil céntrase na avaliacin do frass e, como modelo de estudo, seleccionouse a mosca soldado negra (Hermetia illucens Linnaeus, 1758). Pero ademais, o equipo de investigacin tamén se propuxo facer unha comparativa do frass desta especie co frass obtido doutros insectos, como o escaravello da faria (Tenebrio molitor Linnaeus, 1758) ou doutras especies como o grilo. O motivo para facer esta comparativa, explica a investigadora, é que “esperamos que as propiedades qumicas e microbiolxicas del frass varen significativamente dependendo da especie de insecto e do substrato de partida”.
Fases do proxecto
O proxecto arrancou co estudo dos cambios na composicin e diversidade microbiana e os perfs de xenes de resistencia a antibiticos como resultado dos procesos asociados ao intestino das larvas da mosca soldado negra. A seguir, o programa comprende unha experimentacin en invernadoiro para determinar o efecto da exuvia do insecto sobre o microbioma e o resistoma do solo baixo diferentes doses de aplicacin e tempos de incubacin. Isto completarase cunha experimentacin en campo para avaliar o papel biofertilizante do frass no sistema solo-planta. “A nosa hiptese xeral é que os cambios asociados ao tracto intestinal das larvas de H. illucens veranse reflectidos nas propiedades do frass e agardamos que isto vea acompaado dunha mellora da sostibilidade e a produtividade do agroecosistema pola estimulacin da biodiversidade microbiana ocasionada pola aplicacin de frass no sistema solo-planta”. Ademais, o equipo do proxecto tamén considera que o proceso de bioconversin polas larvas do insecto pode reducir a magnitude do resistoma do residuo de partida, minimizando o risco de entrada de xenes de resistencia aos antibiticos tras a aplicacin do frass resultante en solo. Os resultados que se obtean, adiantan, “sern fundamentais para o avance cara unha estratexia de residuo cero baseada no uso de larvas de insecto para a obtencin de produtos mis respectuosos co medio ambiente dende o punto de vista da ecoloxa do solo”.
Colaboracin coa Universidade de Innsbruck e o centro Icipe en Kenya
Os primeiros meses de traballo do proxecto Probiofertil comezan xa a dar os seus froitos. Como avanza Mara Gmez Brandn, o equipo acaba de rematar un traballo que se atopa en revisin, no que avalan as propiedades qumicas e (micro)biolxicas de mostras de frass derivadas de oito especies de insectos e adianta que se “observaron diferencias notables dependendo da especie de insecto”.
O proxecto estase desenvolvendo en colaboracin con investigadores da Universidade de Innsbruck (Austria) e do centro Icipe en Nairobi (Kenya) e, precisamente, na capital kenyana o equipo est a levar a cabo unha experimentacin en invernadoiro e en campo en colaboracin co Centro Internacional de Fisioloxa e Ecoloxa dos insectos para avaliar o impacto do frass nas propiedades fsico-qumicas, microbiolxicas do solo e no rendemento do cultivo a escala de invernadoiro e en campo.
