DUVI

Diario da 鶹

Nel participan a 鶹, o CTC e Ganadera Autctona

O proxecto Galdrn traballa no emprego de drons na gandara extensiva galega

Co obxectivo de modernizar este sector co uso de tecnoloxas avanzadas de seguimento e control

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • TIC
  • Աپ
DUVI Ourense 22/10/2025

A 鶹, a empresa Ganadera Autctona SL e a Fundacin Centro Tecnolxico da Carne estn a desenvolver o proxecto Galdrn, centrado no emprego de drons para implementar un sistema de gandara de precisin para vacúns e equinos criados en extensivo. O seu obxectivo é contribur a modernizar a gandara galega mediante o uso de tecnoloxas avanzadas e incrementar a súa eficiencia e sostibilidade. 

O proxecto, que arrancou en 2024 e rematar en 2026, conta co apoio da Consellera do Medio Rural da Xunta de Galicia, do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentacin e da UE. Concretamente, ten un orzamento de 139.840 euros financiado polas axudas para a execucin de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociacin Europea da Innovacin, estando cofinanciado polo Fondo Europeo Agrcola de Desenvolvemento Rural e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027. 

Por parte da 鶹 participa nesta iniciativa o grupo de investigacin Aerospace and Transportation Systems Laboratory (Aerolab), pertencente ao Instituto de Fsica e Ciencias Aeroespaciais e con sede na Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo do campus de Ourense. O obxectivo principal de Galdrn, liderado por Ganadera Autctona, é mellorar o manexo e seguimento dos sistemas produtivos de gando vacún e equino en explotacins extensivas galegas mediante o uso de drons e tecnoloxas avanzadas de seguimento e control. Entre os obxectivos especficos do proxecto destacan a mellora do control e monitoreo do gando, a revisin de infraestruturas gandeiras, a xestin de pastos e a implementacin de cmaras térmicas.

Concretamente, as súas lia de traballo son cinco. A primeira é a inspeccin das instalacins (bebedoiros, cercados, puntos de suplementacin, zonas perigosas, etc.) mediante o uso de drons e a segunda a procura de animais en situacin delicada, emprego de colares GPS e cmaras térmicas e a captura de imaxes e vdeos para anlises do comportamento. O equipo de Galdrn tamén traballa no manexo de gando con UAV e adestramento dos animais ao son do dron e a súa bucina; e no monitoreo de pastos e implementacin dun algoritmo para a supervisin aérea e terrestre, inclundo a anlise de solos e forraxes. Completa esta listaxe de tarefas a anlise do comportamento animal con imaxes en tempo real e intelixencia artificial.  

Avances no primeiro ano

Durante o seu primeiro ano de execucin, comprendido entre novembro de 2024 e outubro de 2025, “o consorcio consolidou as tarefas iniciadas na fase previa e logrou os primeiros resultados experimentais en campo”. Entre os avances mis destacados, sinala o equipo de Galdrn, “atpanse o desenvolvemento e validacin do algoritmo de planificacin de rutas de voo, a instalacin de colares GPS no gando para mellorar a súa localizacin e as primeiras probas de manexo con drons equipados con bucinas, que demostraron unha resposta positiva de agrupamento sen causar estrés aos animais”.

Ademais, realizronse voos multiespectrais para o monitoreo do pasto e xerronse os primeiros mapas NDVI, que permiten relacionar o vigor vexetativo coa calidade da forraxe analizada polo Centro Tecnolxico da Carne. En paralelo, o equipo da 鶹 puxo en marcha os primeiros voos de calibracin con cmaras térmicas, orientados a desenvolver un sistema de deteccin temper de enfermidades. O proxecto tamén avanzou na inspeccin automatizada de infraestruturas gandeiras, como valados e bebedoiros, alcanzando unha precisin do 92% na deteccin de incidencias. Segundo os responsables de Galdrn, “estes resultados confirman o potencial do uso de drons para optimizar o manexo do gando e a xestin dos recursos en sistemas produtivos extensivos”.