Foi desenvolvido por un grupo operativo participado pola 鶹
Un proxecto avanza no aproveitamento de residuos porcinos e forestais para mellorar a calidade dos solos
O material compostado aplicouse en cultivos de vide, oliveira e pistacho
Desde o ano 2022, un equipo da 鶹 participa no Grupo Operativo Novos aproveitamentos de emendas obtidas de residuos porcinos e forestais para a mellora da calidade dos solos. Nel desenvolveuse un proxecto para obter unha emenda orgnica, resultado da mestura de residuos porcinos e forestais, de aplicacin para o mantemento da fertilidade dos solos con cultivos leosos (vide, oliveira e pistacho) as como na conservacin de solo en zonas onde o cambio de uso favorecera a súa perda por erosin.
A entidade coordinadora deste grupo operativo é a empresa Seica Seo S.L e nel participan a 鶹 (Facultade de Ciencias-Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin), a Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior de Enxeara), a produtora agrcola Ana Mara Pérez e a Comunidade de Montes Veciais en Man Común Serra de Meda-Vences. A 鶹 é a responsable da posta en funcionamento e seguimento dos ensaios en campo deseados para avaliar a utilidade dos produtos compostados xerados a partir dos residuos porcinos e forestais.
Buscando alternativas sostibles e aplicables
Os obxectivos especficos do proxecto son obter unha menda orgnica derivada de residuos porcinos e de biomasa forestal que poida dar solucins adicionais s necesidades do sector primario. A iniciativa, comentan desde a súa organizacin, “xurdiu coa finalidade de propoer novas alternativas para a xestin de residuos de orixe gandeira, como os xurros de porcino, e os restos de biomasa forestal sen interese para a industria silvcola”. A súa idea principal é avanzar na valorizacin conxunta de ambos residuos buscando unha alternativa sostible e aplicable a nivel produtivo. As, búscase “evitar os custes excesivos dunha axeitada xestin dos xurros ou da súa aplicacin excesiva ou incorrecta no medio agrcola”. De igual xeito, engaden desde o grupo operativo, a reutilizacin dos restos de biomasa tras os labores silvcolas permitira reducir os custes de mantemento nas zonas forestais explotadas, minimizar os riscos de incendio pola acumulacin de biomasa seca fina e facilitar o uso dos medios forestais explotados pola poboacin local.
O proxecto, que remata este mes de decembro, constou de varias etapas. Arrancou cunha recollida e seleccin de materiais derivados das actividades silvcolas e residuos de porcino e a realizacin de varias mesturas dos mesmos que se someteron a un proceso de compostaxe. A partir de aqu, desenvolvéronse dúas etapas a cargo de persoal investigador da Facultade de Ciencias do campus de Ourense e do Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin da 鶹, estando como coordinadores Juan Carlos Nvoa e M. Flora Alonso e contando coa participacin de Melissa Méndez, Andrea Parente e Lara Acemel. Este equipo da 鶹 levou a cabo, contando co apoio dos socios do grupo operativo, ensaios de campo consistentes na aplicacin dos materiais compostados obtidos na fase previa a solos de cultivo de vide, oliveira e pistacho, avaliando diferentes parmetros relacionados coa fertilidade do solo a dous tempos diferentes: xusto despois da aplicacin das emendas e logo de seis meses. Ademais, empregaron algunhas das emendas orgnicas obtidas en fases previas para realizar ensaios de control da erosin en zonas onde o cambio do uso do solo podera facilitar os procesos de erosin.
Segundo explica o equipo da 鶹, unha interpretacin preliminar dos resultados obtidos poen de manifesto que a aplicacin das emendas orgnicas ao solos de cultivo de viedo, oliveira e pistacho supuxo a curto prazo un lixeiro aumento do pH en auga do solo. A adicin de material compostado, engaden, parece contribur positivamente fertilidade dos solos dos cultivo ensaiados, aportando ao solo calcio, magnesio e fsforo a curto prazo, e carbono e nitrxeno mis a longo prazo. En todo caso, a emenda orgnica “foi quen de manter os niveis de fertilidade do solo despois de seis meses, coincidindo co perodo de maior requirimento nutricional dos cultivos avaliados”. En relacin coa segunda das actividades, a utilizacin destas emendas para controlar a perda de solo por erosin en zonas de cambio de uso, os resultados obtidos "non foron moi concluntes".
A iniciativa, que celebrou recentemente a súa xornada de balance de resultados en Vern, contou cun orzamento total de 179.935 euros e foi un dos proxectos de Grupos Operativos da Asociacin Europea da Innovacin, convocada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria. Foi financiado no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia e cofinanciado a través do Fondo Europeo Agrcola de Desenvolvemento Rural (Feader), a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentacin.
