DUVI

Diario da 鶹

As redes de comunicacin sen fos experimentarn un aumento de trfico sen precedentes

O proxecto AriSe emprega intelixencia artificial para o control das redes ultradensas e as redes IoT futuras

Os avances no despregamento masivo de solucins de IA sentarn as bases para as tecnoloxas post-5G

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Աپ
  • TIC
  • Աپ
DUVI 24/07/2024

As redes de comunicacin sen fos experimentarn un aumento do trfico sen precedentes debido s novas aplicacins de grande ancho de banda, como por exemplo, multimedia 3D, realidade aumentada e realidade virtual. A isto hai que engadir que grazas miniaturizacin e s economas de escala, producirase a incorporacin de dispositivos sensores e actuadores s infraestruturas das cidades intelixentes e aos obxectos cotins que nos rodean. Como resultado, cada quilmetro cadrado dunha rea urbana da Internet das Cousas (IoT) xerar decenas de terabits de datos por segundo. Para apoiar esta demanda, despregaranse redes de comunicacin ultradensas, un novo paradigma no que tamén se contemplan as nanocomunicacins, na que centos de miles de dispositivos a micro/nanoescala se comunicarn na banda de terahercios.

Neste escenario dinmico ser necesario un despregamento masivo de solucins de intelixencia artificial para o control e xestin da rede, das súas funcionalidades e dos seus servizos. Para avanzar neste eido, hai tres anos púxose en marcha o proxecto AriSe: Redes ultradensas sen celas, redes IoT futuras e nanorredes, seleccionado na convocatoria estatal de Xeracin de Coecemento, e que est a piques de conclur. Cun orzamento de 122.452 euros, est coordinado dende o centro de investigacin atlanTTic polo catedrtico da 鶹 Francisco Javier Gonzlez Castao, director do grupo GTI e polo profesor da Universidad Politécnica de Cartagena Juan José Alcaraz. Xunto con eles, estn implicados neste proxecto o catedrtico do Departamento de Enxeara Telemtica Felipe Gil Castieira e o catedrtico da mesma rea na Politécnica de Cartagena Antonio Javier Garca Snchez, as como todos os investigadores sénior do grupo GTI, que forma parte de atlanTTic, é dicir, Juan Carlos Burguillo, Enrique Costa, Cristina Lpez Bravo, Pedro Rodrguez Hernndez, Pablo Fondo, Silvia Garca Méndez e Francisco de Arriba, ademais dun investigador FPI, David Candal. Na investigacin colaboran tamén os principais operadores espaois xunto con dúas multinacionais que prestan o seu apoio. Ademais, o traballo que se realiza en AriSe coincide coa participacin do equipo no proxecto NextPerception, da convocatoria H2020.

As bases da tecnoloxa 6G

Segundo os investigadores de atlanTTic, os avances no despregamento masivo de solucins de intelixencia artificial para o control e xestin da rede, xa presentes en diversos graos no 5G, sentarn as bases para as tecnoloxas post-5G ou 6G. Como explica Gonzlez Castao, “por primeira vez na historia, a capacidade das redes superar calquera necesidade de comunicacin presente e previsible, achegndose capacidade agregada dos sentidos dos seres humanos. O factor limitante xa non sern as redes, senn a capacidade de computacin. Para a xestin destas redes a IA é esencial, sen ela “non se podern manter os enlaces mis adecuados s necesidades de cada servizo en todo momento sen afectar s sesins de usuario, dadas as caractersticas das bandas empregadas”.

O punto de partida de AriSe era avanzar no deseo, anlise e avaliacin de algoritmos intelixentes escalables para optimizar a asignacin de recursos en redes de acceso ultradensas. Tamén traballaron no desenvolvemento dun marco de xestin intelixente para a fragmentacin de redes en redes ultradensas, baseado en métodos de intelixencia artificial e no deseo e implementacin de arquitecturas que proporcionen comunicacins fiables, robustas e eficientes en redes ultradensas de Internet das Cousas (IoT) soportadas por técnicas de IA. Outra das lias principais de traballo foi o deseo e optimizacin de redes ultradensas con técnicas de IA, as como o desenvolvemento de técnicas de IA para controlar as funcionalidades da rede, garantindo a calidade do servizo e a experiencia do usuario con capacidades de aprendizaxe en lia.

A piques xa de rematar o proxecto, o catedrtico Gonzlez Castao explica que acadaron “resultados en IA aplicada s redes celulares e redes mesh, a clave de 6G, inclundo as novas bandas de THz”. Como ocorreu coas comunicacins 5G, destacan os investigadores, “espérase que as redes posteriores tean un impacto revolucionario na produtividade, competitividade e creacin de valor nos principais sectores de actividade econmica”.