Liderado polo Departamento de Fsica Aplicada da 鶹
O proxecto Aquapred crear un sistema de control e prevención de contaminantes en augas mineromedicinais mediante intelixencia artificial
Esta iniciativa Interreg-Sudoe foi presentada este xoves en Ourense
O Balneario Termal de Laias, en Ourense, acolleu este xoves o lanzamento do proxecto Aquapred, de Sistema de control e prevención de contaminantes en augas mineromedicinais mediante intelixencia artificial. Liderada polo Departamento de Fsica Aplicada da 鶹 e coa participacin de entidades de Espaa, Portugal e Francia, a iniciativa conta con financiamento do programa Interreg-Sudoe 2021-2027.
Aquapred, explican os seus responsables, é un proxecto multiterritorial, multidisciplinario e interdisciplinario de física, medicina, farmacia, química, bioloxía e informática enfocado monitorización e control da auga termal/mineromedicinal dos balnearios e a predición de contaminantes, baseándose na dixitalización dos datos en tempo real dos parámetros fundamentais da auga mineromedicinal e a anlise contnua de ditos datos por un sistema de intelixencia artificial. O sistema, detallan, permitir realizar “un control preventivo automtico sobre os elementos de tratamento da auga que non afecte s súas propiedades medicinais e desenvolver un modelo de deep learning que permita predicir a posibilidade de aparición de contaminantes en ditas augas (como a lexionela ou a e. coli)”.
Segundo explican os promotores da iniciativa neste proxecto trtase de “aplicar tecnoloxas punteiras ao control e xestin das augas mineromedicinais nos balnearios termais do espazo Sudoe (sudoeste europeo), co triplo obxectivo de minimizar a posibilidade de presencia de contaminantes maximizando as propiedades medicinais das augas, incrementar a base cientfica sobre o comportamento das augas mineromedicinais e xerar un produto exportable a todos os balnearios do mundo”.
1,8 millns de orzamento
Na presentacin celebrada este xoves participaron José Luis Legido, investigador principal do proxecto e profesor emérito da 鶹; Francisco Javier Rodrguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense; Javier Soto, xerente do Grupo Caldaria, e Belén Gmez, xefa de rea de Turismo Termal da Xunta de Galicia, que puxeron en valor as caractersticas desta iniciativa. Cofinanciado con fondos Feder, Aquapred conta cun orzamento total de 1.871.530,38 euros e ten como beneficiarios, ademais da 鶹, as universidades de A Corua e Complutense de Madrid e os balenarios El Raposo e Hervideros, en Espaa; o Centro de Valorização e Transferência de Tecnologia da Água (AquaValor) e o Instituto Politécnico de Brangança, en Portugal; e o Instituto de Termalismo da Universidade de Burdeos, a Universidade de Pau e o clúster termal Aqui O Thermes, en Francia. Conta tamén coa participacin, como asociados do proxecto, do grupo Caldaria (Balneario de Laias) e Iberik (Balneario de Augas Santas) por parte de Espaa; e da Empresa Municipal de Equipamentos de Chaves (Termas de Chaves) e a Comunidad Intermunicipal de Viseu Dão Lafões, por parte de Portugal. A isto súmase o apoio da Axencia de Turismo de Galicia (a través del Área de Turismo Termal), asociada ao proxecto. A actividade do proxecto arranca agora e prolongarase ata finais de 2026.
