DUVI

Diario da 鶹

69 anos é a idade media do estudantado, do que case o 65% son mulleres

O Programa Universitario de Maiores da 鶹 acada un récord histrico con 632 matriculados este curso

O PUM superou os seus mximos rexistrados antes da pandemia

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Estudantado
  • é
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 31/10/2025

632 estudantes maiores de 55 anos estn matriculados este curso 2025/2026 no Programa Universitario de Maiores da 鶹 (PUM), que acada un récord histrico de alumnas e alumnos, superando as cifras de antes da pandemia, que rozaban as 600 persoas matriculadas. Nos seus dous ciclos, o intensivo e integrado, recoecidos ambos cun ttulo propio da 鶹, 409 mulleres e 223 homes frmanse este curso nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, onde lles imparten clase mis dun centro de docentes propios e externos 鶹.

“Eu creo que este aumento débese a que hoxe en da a calquera idade se é novo, a xente segue activa, con ganas de aprender e de facer cousas novas. Creo que ser novo non depende tanto dos anos como da actitude”, sinala a vicerreitora de Estudantado e Emprendemento da 鶹, Natalia Caparrini, como razns para explicar o récord acadado na matrcula deste curso do Programa que depende do Centro de Posgrao e Formacin Permanente da 鶹. As mesmo, lembra que a LOSU promove e incentiva a formacin ao longo de toda a vida “e impulsa que as universidades non s oferten ttulos oficiais, senn programas propios que estn pensados para que calquera poida seguir aprendendo e a calquera idade”.

O Ciclo intensivo abrangue 60 créditos ETCS, distribudos en materias deseadas especificamente para este programa e unha vez rematado, outrgaselle ao alumnado a acreditacin de titulado ou titulada sénior en cultura e sociedade, que lles d oportunidade, xunto a aquelas persoas que xa contan cunha titulacin universitaria, de acceder ao Ciclo integrado. Este consta de 36 créditos e nel poden cursar un conxunto de materias en diferentes graos da Universidade, compartindo aula co estudantado destas titulacins.

Muller de 69 anos, perfil maioritario do PUM

Con 313 estudantes, o campus de Vigo é o que maior número de estudantes rexistra este curso (290 no ciclo intensivo e 23 no integrado); seguido do de Ourense con 163 (148 no ciclo intensivo e 15 no integrado) e o de Pontevedra con 156 (145 no intensivo e 11 no integrado). Do total de persoas matriculadas, 409 son mulleres (case un 65%), fronte a 223 homes, mentres que por ciclos, o número de persoas que cursan o intensivo ascende a 583 (382 mulleres e 201 homes) e o de matriculadas no ciclo integrado é de 49 (27 mulleres e 22 homes). En canto idade media do alumnado esta sitúase nos 69 anos, que coincide coa das mulleres, mentres que a dos homes ascende a 70 anos.

A coordinadora do PUM, Carmen Abreu, considera que a presenza maioritaria de mulleres no Programa responde ao feito de que “moitas delas o consideran unha forma de seguir activas, de ampliar a súa rede social e dedicarse tempo, especialmente cando xa deixaron atrs responsabilidades familiares e laborais”. Pola súa banda, a vicerreitora de Estudantado apunta que matricularse por vez primeira ou regresar universidade cumpridos os 55 anos “ten moitos beneficios”. Por unha banda, considera que permite ao alumnado sénior seguir aprendendo e manter a mente activa, relacionarse e compartir intereses comúns, as como sentirse parte dunha comunidade. “Ademais hai algo que me parece fundamental, o valor interxeracional. O PUM non s enriquece a quen participa directamente do programa, tamén creo que achega moito ao estudantado novo co que comparten aulas porque se xera un intercambio de experiencias, de formas de ver a vida que lles resulta a ambas partes moi enriquecedora”, explica Caparrini.

Materias de Humanidades e de Ciencias Sociais, as mis demandadas

A preferencia polas materias dos mbitos das Humanidades e das Ciencias Sociais é outra das cuestins sobre as que incide Carmen Abreu. “Historia, filosofa, arte, literatura, socioloxa, etc. son materias de fomentan a reflexin e o debate e isto é algo que o alumnado valora moitsimo. Tamén hai estudantes que se interesan polas ciencias experimentais, saúde e incluso a tecnoloxa”, detalla a coordinadora e docente do Programa Universitario de Maiores, que destaca o interese xeral do alumnado de seguir aprendendo en todos os campos, o que considera “admirable”.

Precisamente, ampliar a oferta de materias optativas é xunto a reformular contidos e metodoloxas nas materias obrigatorias; aumentar as horas dedicadas a actividades prcticas e buscar opcins para as persoas graduadas que queiran seguir a súa formacin, algúns dos retos que o PUM enfronta. “O crecemento da poboacin con mis de 55 anos e o aumento da esperanza de vida e a súa calidade, implica un crecemento exponencial da demanda de persoas que desexan superarse, especialmente no campus de Vigo e isto é unha gran noticia, pero tamén supn un reto, porque a oferta actual non é suficiente, a pesar de que imos ampliando prazas ano tras ano non somos quen de cubrir toda a demanda e moitas persoas quedan fra” explica Carmen Abreu, que tamén incide na necesidade de adaptar a metodoloxa docente. “O alumnado sénior ten ritmos e necesidades de aprendizaxe distintos e é fundamental que o profesorado o tea en conta. O reto é atopar o equilibrio entre o rigor académico e a facilidade, sen perder a calidade”, explica.