DUVI

Diario da 鶹

Sucede a Manuel Morquecho na Área de Dinamizacin Cultural, Educativa e Integracin

A profesora Eulalia Agrelo, nova responsable de cultura no campus

O vicerreitor destacou dela a súa “proximidade co tecido cultural galego”

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Institucional
DUVI Pontevedra 01/02/2021

“Temos que buscar a ecuacin que nos permita manter viva a cultura. Sexa a través da virtualidade, sexa a través de pequenos encontros cando estes se poidan realizar, debemos introducir dinmicas e mecanismos para que a cultura dalgunha forma siga latexando”. Deste xeito pua sobre a mesa a docente da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Eulalia Agrelo a importancia de facer fronte ao “parn” que a covid-19 est a provocar na programacin cultural, despois de ser nomeada nova directora da Área de Dinamizacin Cultural, Educativa e Integracin do campus. Profesora do Departamento de Didcticas Especiais, Agrelo toma o relevo do recentemente xubilado Manuel Morquecho fronte desta rea, responsabilidade que recibe con “ilusin” e que ve como “unha oportunidade para poer en marcha ideas e proxectos”.

Experta en literatura infantil e xuvenil e coordinadora do Congreso Internacional de Mediacin Lectora, Agrelo foi definida polo vicerreitor do campus, Jorge Soto, como “a persoa mis acada para levar a cabo este importante traballo na Vicerreitora, dada a súa proximidade co tecido cultural galego”. Tras un encontro coa nova directora de rea, Soto quixo tamén pr de relevo o labor desenvolvido polo seu predecesor, o membro do persoal de administracin e servizos Manuel Morquecho. “Quera agradecer de corazn, todo o esforzo e o traballo que vén de facer durante estes anos, que sempre foi mis al do que se lle peda”, salientou o vicerreitor, que destacou a “paixn e profesionalidade” de Morquecho, vez que puxo en valor tanto o labor que realizou no campus como as relacins establecidas “con todo o tecido cultural da cidade”.

Analizar o xa creado e “sementar” novas propostas

No referido súa nova responsabilidade, Agrelo destacou que o “punto de inicio debe ser revisar o xa feito”, coecer “toda a programacin cultural e educativa que se fai desde este rea coas persoas que as levaron de primeira man” para a partires de a “buscar novas frmulas para optimizalas”. En segundo termo, o seu obxectivo ser tamén “poer a semente de pequenas ideas e pequenos proxectos, anda que sei que neste momento é moi difcil poder levalos a cabo”, recoece. Nese senso, Agrelo salientou a posibilidade que esta rea lle brinda para desenvolver iniciativas “relacionadas co meu mbito de traballo, que é a cultura, a educacin e a integracin” e salientou, por exemplo, a súa vontade, dada a súa rea de investigacin, de “traballar bastante no mbito da lectura, dunha lectura aberta e transdisciplinar que nos permita chegar ao teatro e a música e, ao mesmo tempo, ter un contacto mis directo coa sociedade”. Neste punto, tanto Agrelo como Soto puxeron de relevo que a Vicerreitora do campus “forma parte do tecido social da cidade” e, polo tanto, a necesidade “de crear sinerxas entre a comunidade universitaria e a sociedade de Pontevedra”.