Procedentes de centros de Vigo e das comarcas do Morrazo e do Salnés
Preto dun cento de estudantes de 3º e 4º da ESO participan no campus na V Olimpada de Qumica
Integrados en 11 equipos, que mesturan estudantes dos diferentes centros participantes, preto dun cento de alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO participaron este luns no campus de Vigo na V Olimpada de Qumica. Organizada polo equipo decanal da Facultade de Qumica, coa colaboracin duns 40 docentes dos centros educativos, algúns dos cuais conforman o equipo número 12 e que constitúe unha novidade nesta edicin; PTXAS, persoal investigador e alumnado, a Olimpada reuniu estudantado de preto dunha decena de centros educativos de Vigo e das comarcas do Morrazo e do Salnés.
A xornada comezou coa formacin dos equipos “non por centros, porque queremos fomentar a interaccin entre estudantes, evitando ademais a competitividade entre eles”, explica Ángeles Pea, decana da Facultade de Qumica, que deseguido iniciaron as actividades xincana, escape room e traballo no laboratorio. “Todos os grupos pasan polas diferentes probas acadando puntos, que os e as coordinadores das probas poden levar a través dunha aplicacin creada por un dos docentes que colaboran coa organizacin”, detalla a decana da Facultade de Qumica.
Na proba final, Quimianuncio Tabú, os equipos fixeron un anuncio publicitando un elemento ou composto qumico, pero sen dicir o nome e o xurado debeu adivialo. Na entrega de premios e diplomas tamén se recoeceron s e aos docentes que participaron nas cinco edicins da olimpada celebradas.
