A Universidade colabora cun evento que engloba unha exposicin e diferentes talleres
Pontevedra acoller un encontro ibérico de arte téxtil
‘Peninsulares’ desenvolver a súa programacin na cidade en outubro e novembro
Xunto ao municipio portugués de Guimarães, Pontevedra ser neste 2025 unha das sedes do quinto encontro de arte téxtil contempornea 'Pensinulares', que, coa colaboracin do Concello, da 鶹 e da Fundacin RAC, desenvolver nos meses de outubro e novembro a súa programacin na cidade. Nela insrense iniciativas como a exposicin Modos de ver, que ter como sedes o Pazo da Cultura e a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, residencias artsticas, coloquios e talleres.
Promovido pola entidade cultural Indigo Proyectos e os responsables da bienal de arte téxtil Contextiles de Guimarães, 'Peninsulares' preséntase como un evento dirixido promocin da arte téxtil contempornea, portuguesa e espaola, que na súa quinta edicin se achegar por primeira vez a Galicia. Esta iniciativa foi presentada este mércores no Concello por Demetrio Gmez, concelleiro de Cultura, Lala de Dios, responsable de Indigo Proyectos, e Joaquim Pinheiro, director de Contextile. Este acto contou coa participacin do director da Área adxunta Vicerreitora do campus, Luis Torres; a coordinadora do Mster en Deseo en Direccin Creativa en Moda da Facultade de Deseo, Lola Dopico; e o vicedecano da Facultade de Belas Artes e coordinador da Sala Manuel Moldes, Ignacio Pérez-Jofre, xunto a outras e outros responsables dun proxecto que previamente abordaron nun encontro co alcalde, Miguel Anxo Fernndez Lores.
Unha programacin con dúas sedes
Como explicaron Pinheiro e De Dios, Pensinulares é un encontro bienal, que se leva a cabo nos anos nos que non ten lugar Contextile, conectando diferentes municipios e entidades de Espaa e Portugal. Na súa quinta edicin, desenvolver a súa programacin entre o 28 de xuo e o 2 de agosto en Guimarães e do 15 de outubro ao 15 de novembro en Pontevedra. “Tiamos moi interese por vir a Galicia”, recoeceu a responsable de Indigo Proyectos, que explicou que, xunto a unha exposicin que reunir unha decena de artistas de ambos pases, este evento abrangue tamén “un programa paralelo” con actividades como “talleres, coloquios ou visitas guiadas”. Para isto contan como “socios estratéxicos” tanto coas facultades de Belas Artes e Deseo en Pontevedra como coa Escola de Arquitetura, Arte e Design da Universidade do Minho, co obxectivo de que o estudantado poida achegarse “s potencialidades que ten o téxtil como medio artstico”.
Nesa colaboracin insrense tanto o workshop que impartir na Facultade de Deseo unha das artistas participantes na exposicin, na semana previa a Debut 2025, como o que a Sala Manuel Moldes sexa unha das sedes desta mostra. Baixo o ttulo de Modos de ver, esta mostra ten como obxectivo “chamar a atencin”, sobre como o ser humano acostumouse a ver a natureza “como algo externo e alleo, cando en realidade forma parte dela”, co obxectivo de pr de relevo o papel que a arte e as industrias creativas poden xogar nunha “transicin cara prcticas mis sostibles”, como destacan desde a organizacin.
