DUVI

Diario da 鶹

Segundo un estudo global, con participacin da 鶹, sobre os efectos do cultivo desta especie

As plantacins de eucalipto non se poden considerar “desertos verdes”, existen especies que poden coexistir

O traballo establece que “nunca sern un substituto completo da vexetacin autctona”

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • HR
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
D. Besado DUVI 31/03/2025

Anda que as plantacins de eucaliptos adoitan albergar comunidades de vida salvaxe pobres en riqueza e cunha composicin alterada, non se poden considerar "desertos verdes", xa que existen especies que poden coexistir e prosperar nestes hbitats. As se conclúe nun estudo publicado este luns na revista e que recolle os resultados dun traballo levado a cabo por un equipo internacional do que formou parte o cientfico da 鶹, Guillermo Velo Antn, membro do grupo de investigacin en Ecoloxa Evolutiva e da Conservacin (EcoEvo), xunto con investigadores e investigadoras de Brasil, Australia, Finlandia e Honduras.

Conscientes de que as plantacins de eucalipto en reas non autctonas a miúdo son asociadas con reducins da biodiversidade das comunidades locais e supoen sempre novos desafos para a fauna autctona, o equipo investigador decidiu pr en marcha este traballo co obxectivo de poder ter un mellor coecemento do impacto deste especie. “Realizamos unha revisin sobre as respostas ecolxicas e evolutivas da vida salvaxe fronte a este tipo de plantacin”, salienta o investigador, ao tempo que explica que se revisaron todos os estudos publicados ata a data sobre este tema, “mis dun cento de traballos cos que se xeraron as imaxes e resumimos os datos, anda que foron moitos mis os revisados”.

“O mantemento das grandes masas de vexetacin nativa é vital”

Liderado pola investigadora espaola Maider Iglesias Carrasco, agora na Universidade de Copenage, o traballo determina que as plantacins de eucaliptos nunca sern un substituto completo da vexetacin autctona, polo que “o mantemento das grandes masas de vexetacin nativa é vital para a conservacin e saúde das comunidades de fauna”.

Segundo establecen os autores do artigo, as plantacins de eucalipto poden impulsar a homoxeneizacin funcional, contribundo perda de especies ameazadas e endémicas. “Os ambientes antrpicos tenden a homoxeneizar os sistemas, e no caso das plantacins de eucaliptos isto é moi claro. Moitas especies non conseguen adaptarse, pero as que si o fan tenden a ser as mesmas independentemente do lugar da plantacin”, explica o investigdor do grupo EcoEvo.

Unha ameaza para as especies endémicas mis sensibles

O artigo pon tamén de manifesto que as plantacins de eucalipto poden provocar un rendemento subptimo dos individuos das especies mis sensibles nestes ambientes, o que, probablemente, provocar un rpido descenso destas poboacins nun curto perodo de tempo, “e, polo tanto, non garanten o seu éxito nestes hbitats”, sublia o investigador, ao que engade que pode haber afectacin a nivel reprodutivo, de tamao corporal, etc.

Cambios a nivel individual e comunitario

Entre as principais consecuencias para a vida salvaxe destas plantacins os autores do estudo inclúen cambios a nivel individual e comunitario debido a comunicacin perturbada e cambios na dispoibilidade de nichos; na alimentacin, a anidacin e o uso do hbitat; no comportamento e fisioloxa; na conduta alimentaria, aumento do estrés e alteracin da fisioloxa; nas comunidades microbianas que poden producir alteracins na dinmica dos patxenos e nas interaccins das especies, as como tamén hidrolxicos, que poden reducir o hbitat adecuado para especies con baixa tolerancia desecacin.

Por outra banda, os resultados do artigo deixan constancia que existe un maior esforzo na investigacin dos efectos das plantacins de eucaliptos sobre os vertebrados en comparacin coas comunidades de invertebrados, especialmente para os mamferos e paxaros. Do mesmo xeito tamén se fai fincapé en que a perda de diversidade e riqueza de comunidades neste tipo de plantacins é a esperada cando se elimina ou se transforma a vexetacin autctona, pero non cando son realizadas en terreo xa degradado.

Unha especie presente en mis dun cento de pases

Na revisin amsase que as plantacins de eucalipto estn presentes en 107 pases fra da súa rea de distribucin nativa, sendo Brasil o pas onde atoparon mis traballos cientficos sobre o tema, e habendo poucos ou ningún traballo na maiora dos pases, o que constata a falta de estudos sobre o impacto dos eucaliptos a nivel global. “Este traballo resume as principais respostas da fauna salvaxe a nivel individual, comunitario e do ecosistema, destacando tamén lagoas crticas de investigacin”, explica Velo.