DUVI

Diario da 鶹

O coordinador dos roteiros culturais da 鶹 faleceu este luns

Pesar na comunidade universitaria pola morte de José Garca-Calvo, Willy

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Institucional
DUVI Ourense 27/12/2023

“Onde est, que non a atopo,
esa patria tan ben feita?
Eu vou polo mundo adiante
camiando detrs dela...”

Estes versos de Celso Emilio Ferreiro estn ao pé da magnolia que José Garca-Calvo, Willy, coordinador dos roteiros culturais da 鶹, plantou o pasado mes de novembro nos xardns do campus de Ourense. Foi na celebracin dos 25 anos das andainas universitarias. Cun cancro xa avanzado, ese acto foi tamén unha homenaxe a el e a súa despedida da comunidade que ao longo destes anos teceu ao seu redor. Eses versos foron os escollidos polos seus compaeiros da 鶹 para homenaxear a súa figura. Este luns José Garca-Calvo faleceu e a comunidade universitaria súmase ao pesar de familiares, amizades e cantos o coeceron.

Willy, destaca o seu amigo Rodrigo Alberte, técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus de Ourense, “naceu namorado do mundo” e a súa “gran debilidade eran as persoas”. As, lembra, era xeneroso, acolledor, agradecido, entusiasta e sobre todo apaixonado da vida, “unha persoa moi popular e moi querida por méritos propios” tanto dentro como fra da comunidade universitaria. “Foi coronel en praza en todas as facetas da vida, honesto e exemplo de valor e dignidade, sal de todas as conversas, explorador da vida en maiúsculas, inimitable e irrepetible, que tivo a familia como a súa razn de ser, o amor como a súa palabra, a paixn como o seu xeito de vivir e a palabra amigo como a súa forma de perpetuarse en ns”, sublia Rodrigo Alberte.