Nun estudo financiado pola Deputacin de Pontevedra, que desenvolve o grupo FS1
Persoal investigador de Fisioterapia analiza os efectos do exercicio terapéutico no benestar psicolxico das vtimas de violencia machista
Analizan o seu impacto na “sintomatoloxa asociada coa depresin e a ansiedade”
Ansiedade, depresin ou estrés postraumtico son algunhas das patoloxas s que poden ter que enfrontarse as vtimas de violencia machista e fronte as que, ademais do tratamento farmacolxico e psicolxico, tamén pode ser de apoio a fisioterapia. Avaliar os efectos dunha intervencin baseada en exercicio terapéutico no benestar psicolxico dun grupo de vtimas é o obxectivo do estudo que leva a cabo o grupo de investigacin en Fisioterapia Clnica (FS1), co financiamento da Deputacin de Pontevedra, no marco dun programa de axudas para o desenvolvemento de iniciativas investigadoras.
Coordinado polo investigador Lorenzo Justo, o proxecto susténtase na fisioterapia en saúde mental, unha especialidade “que engloba un amplo número de técnicas dirixidas directamente mellora dos trastornos mentais”, como salientan desde o grupo de investigacin que coordina Eva Mara Lantarn, desde o que lembran tamén que as e os fisioterapeutas “estn integrados en equipos de saúde mental” en pases como Inglaterra, Noruega, Bélxica ou Suecia. De feito, “existen amplos antecedentes” dos beneficios do exercicio terapéutico no tratamento de persoas que padecen depresin ou trastornos de ansiedade, mais, como sublia Justo, “cremos que este é o primeiro estudo” que pon o foco nos seus efectos en vtimas de violencia machista. Desenvolvido coa colaboracin dos Centros de Informacin Muller (CIM) de Pontevedra e Poio, no proxecto Efecto dunha intervencin de fisioterapia baseada en exercicio terapéutico sobre o benestar psicolxico de mulleres vtimas de violencia de xénero participan, ademais de Justo e Lantarn, as investigadoras do grupo FS1 Roco Abalo, Iria Da Cua, Mercedes Soto e Yoana Gonzlez, e conta coa colaboracin da psicloga e profesora da 鶹 Laura Redondo e das psiclogas dos CIM de Poio e Pontevedra, Lidia Fazanes e Rosa Campos.
Sesins guiadas e a distancia
O proxecto “consiste nun ensaio clnico” dirixido a analizar o efecto dun “programa de exercicios terapéuticos”, pautados por un ou unha fisioterapeuta, desenvolvido ao longo do longo de oito semanas, con dúas sesins semanais dunha hora, nas que realizan unha serie de exercicios aerbicos, de forza e de mobilidade. As participantes neste proxecto dividronse súa vez en dous grupos, dos que un realizou o programa de xeito presencial, guiados por unha profesional, mentres que outro facao de xeito individual nas súas casas. “O programa de exercicios é exactamente o mesmo. O único que cambia é a presenza da fisioterapeuta”, sinala Justo, que explica que esta investigacin busca tamén coecer se o programa presencial supua unha maior mellora en materia de benestar psicolxico. Completadas xa as sesins de exercicio, o estudo atpase actualmente na fase de anlise de resultados, na que se valoran un conxunto de “variables psicosociais” relacionadas co benestar psicolxico e coa “sintomatoloxa asociada coa depresin e a ansiedade”.
Nese senso, “nunha anlise preliminar vimos que a atencin presencial tivo maior adherencia que o exercicio domiciliario”, recoece o investigador, que incide, non obstante, no interesante de explorar tamén as posibilidades da “telerehabilitacin”, como unha “alternativa naquelas situacins onde a presencialidade non sexa posible”. De feito, as participantes que realizaron o programa a distancia fixérono cunha ferramenta informtica que permite o pautado de exercicios nun dispositivo mbil as como “realizar correccins e un rexistro da actividade realizada”.
Presentado hai unhas semanas no XVII Congreso Nacional de Fisioterapia, o proxecto recibiu “un feedback moi positivo das participantes”, recoece Justo, que explica que o obxectivo do grupo FS1 é poder seguir traballando nesta lia no futuro, “para obter mis resultados e poder implantar medidas que beneficien a este colectivo”.
Financiado pola Deputacin de Pontevedra
Este proxecto insrese no programa de axudas para o desenvolvemento de iniciativas investigadoras promovidas por persoal investigador dos campus de Vigo e Pontevedra, financiado pola Deputacin de Pontevedra. Resultado dun convenio entre o ente provincial e a institucin académica, trtase dunha convocatoria dirixida a apoiar investigacins que contribúan ao desenvolvemento social e econmico da provincia, na que se financiaron un total de oito proxectos, cinco deles liderados por investigadores do campus vigués e outros tres do de Pontevedra.
