No libro ‘Pintores de la vida moderna’, do profesor de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego
Un percorrido polos piares da modernidade desde os camios menos transitados
Afonda na obra e traxectoria dunha serie de escritores e artistas dos séculos XIX e XX
Unha reflexin sobre os principais elementos definitorios da modernidade e a súa estética, que afonda nas obras e traxectorias dalgunhas das súas figuras de referencia, pero que o fai desde “percorridos alternativos”. Isto é o que o profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego propn no seu novo libro Pintores de la vida moderna, que complica 21 ensaios centrados en autores como Edgar Allan Poe, Marcel Proust ou "nas conexins entre a estética de Sthépane Mallarmé e a cronofotografa", pero que, como sinala, percorren “un camio paralelo avenida moderna mis transitada”. As, varios dos textos reunidos no volume publicado por Shangrila Ediciones exploran figuras como as de Victor Hugo, Baudelaire ou Kafka, pero non como escritores, senn a través dos seus debuxos, vez que se achega faceta de Lewis Carroll como fotgrafo e reflexiona sobre a relacin coas bonecas do poeta Rainer Maria Rilke.
Presentado como un “percorrido por unha serie de autores, fundamentalmente do século XIX e XX, que construron Modernidade”, trtase dun volume que, recoece Ruiz de Samaniego, “non aborda a literatura dunha maneira directa”, senn que pon o foco “nas pontes que se establecen” entre o visual e o escrito. Trtase, as mesmo, dun libro que reúne tanto ensaios publicados previamente como textos inéditos e que “ten a intencin de ser unha analtica de todo o movemento moderno”. De a que a súa anlise abranga desde “a primeirsima modernidade”, representada por autores como o escritor do Romanticismo Heinrich von Kleist, ata “tardomodernidade”, a través de figuras como o cineasta Alfred Hitchcock ou o escultor Alberto Giacometti.
A perspectiva “extraterritorial”
“O que caracteriza fundamentalmente a modernidade é que os autores perciben que os signos que utilizan, xa sexan plsticos ou alfabéticos, non son transparentes. Non hai unha relacin directa e transitiva entre o signo e a realidade e este convértese nunha especie de fascinante malla para uns, nunha rexa da linguaxe para outros”, salienta Ruiz de Samaniego. Esa “loita do autor cos seus propios signos” é abordada en varios dos ensaios desde unha perspectiva “extraterritorial”, que alude ao termo empregado polo crtico literario George Steiner para falar de autores como Beckett, que non escriban na súa lingua natal. “Moitas das aproximacins que fago a moitos dos valores cannicos da modernidade, fgoas desde unha perspectiva extraterritorial”, salienta o profesor de Estética. “Permteche abordar as figuras sen facer énfase no evidente e, por outro lado, creo que cando os artistas traballan os dominios extraterritoriais, séntense mis libres. Non estn obrigados a responder as expectativas que eles mesmos construron”, engade. Deste xeito, Ruiz de Samaniego achégase figura de Baudelaire pondo o foco “nos seus papeis pstumos”, dos que formaban parte unha corentena de debuxos, do mesmo xeito que se detén na faceta de debuxantes de Kafka ou Victor Hugo, “que mstrase moito mis dunha maneira consciente cunha prctica na que non é profesional e que non ten dominada”.
Do mesmo xeito, o ensaio dedicado a Lewis Carroll, autor de Alicia no pas das marabillas, detense na súa traxectoria como fotgrafo, mentres que o texto centrado en Von Kleist céntrase reflexins do autor alemn sobre o teatro de marionetas e o dedicado a Balzac afonda na figura do pintor ficticio Frenhofer, protagonista do relato A obra mestra descoecida.
Do “detective de signos” estética do nazismo e o estalinismo
No seu conxunto, o libro traza un percorrido por case 200 anos, nese obxectivo de “abordar de principio a fin a era moderna”, o que fai que esa “perspectiva extraterritorial sexa a principal no libro, pero non a única”, recoece Ruiz de Samaniego. De feito, desta anlise sobre a modernidade forman parte tamén cineastas como Jean Epstein e Alfred Hichtcock e fotgrafos como Moholy Nagy, vez o que é “case o captulo central do libro trata de ser unha hermenéutica de Sherlock Holmes na súa calidade de investigador de signos”.
Por outra banda, dous dos ensaios do libro estn dedicados a Fernando Pessoa, respecto do que Ruiz de Samaniego trata de “indagar na razn de porque estivo continuamente trasladndose de habitacin en habitacin ao longo da contorna lisboeta”, vez que explora como o poeta portugués utilizaba “por as dicilo, modelos literarios na súa vida amorosa”, como un exemplo de “como o signos literarios impense vida”. Do mesmo xeito, neste percorrido polos piares da modernidade, Ruiz de Samaniego detense nos ballets rusos de Diaghilev, vez que dedica dous ensaios estética do nazismo e do estalinismo, “porque anda que sexan dúas propostas perversas e desviadas, non deixan de ser dúas propostas sen as que non se entende a modernidade”.
