O actor participa na programacin da Miteu
Pepe Viyuela reivindica “a capacidade crear sociedade” do humor e o teatro
Este martes falou no campus do seu libro Bestiario del circo e da súa concepcin das artes escénicas
Este luns e martes, o gran protagonista da 27ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) foi o actor e humorista Pepe Viyuela. Se onte representada con cheo de público no Teatro Principal a súa obra Encerrona, "unha reflexin sobre o cotin desde a perspectiva do pallaso", este martes acudiu ao campus para falar a medios de comunicacin e alumnado universitario sobre o seu libro Bestiario del Circo e da súa concepcin social do humor e do teatro alén do entretemento.
Na visita ao campus de Ourense, Fernando Dacosta, director da Miteu e profesor da Facultade de Educacin e Traballo Social que acolleu o acto, presentou a Pepe Viyuela como “actor de cine, de teatro, de televisin, pallaso, activista e unha persoa extraordinariamente xenerosa que est en moias causas sociais e humanitarias”, ademais de licenciado en Filosofa e Belas Artes. De entre todas estas etiquetas, Pepe Viyuela indicou que coa que mis se sente identificado é sen dúbida coa de pallaso.
O personaxe do pallaso
O convidado subliou que para el foi “unha marabilla poder participar nunha mostra de teatro universitaria” como a Miteu. En primeiro lugar, apuntou, por ter representado a súa obra Encerrona no Teatro Principal. Trtase, apuntou, dunha peza na que emprega o personaxe do pallaso, o seu, dixo, “alter ego desde fai bastantes anos, porque naceu cando tia vinte e tantos anos e desde entn non nos temos separado”. Este personaxe do pallaso, recoeceu, “foi articulando ao longo dos anos moitas cousas na mia vida desde o punto de vista profesional e tamén persoal”. Profesionalmente, subliou, “foi todo un mestre, ao que sempre volvo”, recalcando como “ensinoume moito como actor: todo o que ten que ver coa escoita, coa participacin do público, co sentido lúdico do traballo actoral, todo o que ten que ver coa afectividade, co respecto e o amor ao público”. Desde o punto de vista persoal, engadiu, destacou como este personaxe “achega unha visin diferente a todo o que un fai”. “A mirada do pallaso é unha mirada moi libre, moi respectuosa, que ten que ver moito co afectivo, coa empata, co concepto da finitude e dos nosos propios lmites como seres humanos, as nosas incapacidades e a adaptacin desas incapacidades como parte esencial do ser humano”, afirmou o actor no seu encontro cos medios.
De todas estas experiencias, afirmou Pepe Viyuela, naceron cousas como o libro presentado este martes no campus e que xa ten publicado anos atrs. Trtase, dixo, dun libro “no que se recollen algunhas das mias experiencias e ideas, nun ton poético, relacionadas co pallaso e co circo”. Do circo, o relator subliou “todo o que ten que ver coa superacin, coas habilidades, co mis difcil anda, co risco, etc” e como na súa publicacin “permitinme o luxo de xogar con todo este imaxinario circense e elaborar un libro cun ton poético”. A obra representada onte e esta obra servronlle ao actor para facer un eloxio da figura do pallaso e do circo, recalcando que “nada me pode facer mis feliz que seguir facendo o pallaso, falar do circo e encontrarme como esta ma con xente nova, con universitarios, cos que compartir e incentivar a busca, non sei se antropolxica ou ao menos curiosa, de todo o que ten que ver con estes mundos”.
O pallaso, afirmou Pepe Viyuela na súa intervencin, “sempre serviu como icona, arquetipo ou ferramenta para amosar e denunciar os aspectos quizais mis negativos da nosa forma ser como humanos e por iso dalgunha maneira tamén ten sido perseguido e criticado, porque saca as cores, xeralmente xente con poder”. A palabra pallaso, dixo, emprégase en moitas ocasins como insulto porque representa precisamente aos marxinados. “Na súa forma de vestir son estrafalarios, na súa forma de actuar son torpes, a súa forma de falar non é a correcta...” dixo sobre estes personaxes. Porén, recalcou, “eu creo que é algo marabilloso ser neno, ser pallaso, representar a vulnerabilidade. Ser vulnerable nestes momentos, ser sensible, emptico, para min é un auténtico eloxio e das cousas mis fermosas que se poden ser”.
Preguntado sobre se o humor ten lmites, o actor sinalou que “o humor en si mesmo non é bo nin malo por natureza, pode ser utilizado ben e mal e hai lmites”, situndoos en cando se emprega “contra alguén que non se pode defender”. Pola contra, dixo, “cando o humor é utilizado como ferramenta para denunciar, para criticar determinados comportamentos, pois o pallaso convértese dalgún xeito en activista, en referente e nun espello”. Neste senso, Viyuela apuntou que no seu caso “o concepto de seriedade téoo en corentena” pois, dixo, “o humor o que propicia é ter cintura, flexibilidade e ter capacidade de encaixar as crticas” e “as personalidades serias moitas veces son demasiado rxidas”.
A cara visible da esperanza
Respecto situacin provocada pola pandemia, Pepe Viyuela destacou que “hai unha sede e unha escaseza de contacto, vivimos nunha sociedade na que estamos hiperconectados pero ao mesmo tempo vivimos en soidade a maior parte do tempo. Ter un teléfono mbil no que temos tantsimos contactos non nos converte en seres mis felices”. Neste contexto, dixo, o contacto directo do público co teatro en xeral e en concreto co pallaso “eu creo que ten todas as portas abertas precisamente porque hai fame de presencia, despois da pandemia na que vivimos tan afastados uns de outros”. As, o actor subliou que “os teatro non se deixaron de encher nin cando haba mscaras e distancias” e a “a xente vivao con emocin, os aplausos tian algo que a mis al da funcin que acababan de ver, era o aplauso ao feito de volver a estar xuntos, volver a vivir a cerimonia teatral, haba algo emocionante”.
Nas situacins mis difciles, afirmou Viyuela, “o humor convértese en algo mis necesario ca nunca”, é “a cara visible da esperanza” e neste senso destacou que a pandemia tamén fixo ao mundo do teatro sentir que “formamos parte de algo moi necesario na sociedade, que o teatro non é soamente entretemento, que ten moito que ver coa capacidade de crear sociedade, a capacidade de fomentar o pensamento crtico libre e que prantexa a importancia da comunidade, a importancia de estar xuntos”. O encontro que propicia o teatro, afirmou, “é moito mis que entretemento, ten connotacins antropolxicas moi profundas”. Por este motivo, recalcou o humorista, “agora mesmo, quizais mis que nunca na mia vida, entendo a importancia do teatro e de ser actor”.
