DUVI

Diario da Âé¶ččû¶ł

Nunhas xornadas que reĂșnen en Ponferrada representantes dunha vintena de universidades

Ourense e Pontevedra participan no impulso dunha alianza estatal de campus periféricos

Da man dos vicerreitores Francisco Javier Rodrguez e Eva Mara Lantarn

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • PĂșblico externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Institucional
DUVI Pontevedra 26/11/2025

Representantes dunha trintena de universidades espaolas participan en Ponferrada nas primeiras Xornadas Nacionais de Campus PerifĂ©ricos, que teen como obxectivo xerar un espazo de reflexin e dilogo que permita compartir experiencias e boas prcticas entre responsables de campus non centrais de diferentes institucins acadĂ©micas. Organizadas pola Universidad de Len, estas xornadas contan coa participacin da vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva Mara Lantarn, e do vicerreitor do campus de Ourense, Francisco Javier Rodrguez, e buscan tamĂ©n contribur a elaborar unha "folla de ruta” que dea visibilidade “o papel, a contribucin e o futuro destes campus dentro do sistema universitario”, segundo . De feito, neste encontro “sentronse as bases para a constitucin dunha alianza nacional de campus perifĂ©ricos para reforzar o seu papel, compartir estratexias e afrontar de maneira conxunta os retos que comparten”.

Na apertura destas xornadas, que tivo lugar este martes, puxĂ©ronse de relevo “algunhas dificultades que comparten”, pero tamĂ©n as sĂșas fortalezas, como a sĂșa “estreita conexin co territorio” ou a sĂșa especializacin, representada no caso de Ourense polo Campus Auga, que conta coa acreditacin da Xunta de Galicia, e co proxecto Campus Crea de Pontevedra. Como lembrou nestas xornadas a vicerreitora do campus de Ponferrada, Pilar MarquĂ©s, os campus perifĂ©ricos son “responsables do 5% do crecemento universitario nas Ășltimas dĂ©cadas”. 

Ao longo tanto deste mércores como da xornada do martes, as e os representantes das diferentes institucins académicas afondan en cuestins como os retos dos campus non centrais, os modelos e estruturas de xestin, a comunicacin dentro das universidades e as oportunidades en materia de financiamento.