DUVI

Diario da 鶹

A Vicerreitora do campus acolleu o sexto Pitching TFG que promove o clúster desta industria

Os sector audiovisual galego achégase aos proxectos nacidos nas aulas da Facultade de Comunicacin

Catro titulados e tituladas presentaron os seus traballos a diferentes produtoras

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Estudantado
  • Universidade e empresa
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 26/01/2023

Dirixido a pr en valor os novos talentos do audiovisual galego e conectalos coa industria, a Vicerreitora do campus de Pontevedra acolleu este xoves a sexta edicin do Pitching TFG, un encontro promovido polo Clúster Audiovisual Galego, no que titulados e tituladas das tres universidades galegas presentan os seus traballos a representantes de diferentes produtoras. Trece proxectos audiovisuais, de diversos formatos e en diferentes fases de desenvolvemento, foron seleccionados para unha xornada na que a 鶹 estivo representada polos egresados da Facultade de Comunicacin Victor Couto, Isabel Estévez, Branca Breijo e Martn Arufe, que presentaron a representantes de sete produtoras as series, curtametraxes e producins multimedia que idearon para os seus traballos de fin de grao (TFG).

O encontro foi inaugurado polo presidente do clúster, Jorge Algora, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Ivn Puentes, e contou tamén coa participacin da decana da Facultade de Comunicacin, Emma Torres. Tras a apertura, procedeuse presentacin dos traballos seleccionados das tres universidades galegas, as como doutras tres propostas por parte do Clúster do Audiovisual de Catalunya. O encontro completouse as mesmo cun speed dating, no que os novos titulados e tituladas puideron conversar con representantes de Adivina Producciones, Portocabo, Zenit Televisin, Setemedia, Meglo Cinema, La Pizarra Produce, Studio XXI Producciones e Televisin de Galicia. Finalmente, este sexto Pitching TFG pechouse coa entrega de premios ao mellor proxecto e mellor creacin en lingua galega, acto que contou coa participacin do secretario xeral de Poltica Lingüstica da Xunta de Galicia, Valentn Garca, e da xefa de Contidos da TVG, Montse Besada, e no que se recoeceu serieFuera de campo, presentada polo clúster de Catalua e curta No profundo, presentada por estudantes da USC.

Unha “porta” ao sector profesional

“É unha forma de darse a coecer, unha porta para poder falar con distintos empresarios”, salienta Isabel Estévez, que abriu a rolda de presentacins dando a coecer ԳٲDzԲ, un “proxecto multimedia” ao que deu forma para o seu TFG. “É a proposta dun novo tipo de formato audiovisual”, explica dunha proposta na que avoga pola “mestura do que pode ser o cine tradicional” con outras disciplinas como a performance, tendo como factor clave “a interactividade” del de tal xeito o que “o espectador poida elixir o destino da protagonista”. ԳٲDzԲ é as mesmo “unha proposta de tematica feminista”, que ten como obxectivo principal contribur “ao cambio social”, explica esta titulada, que destaca “a oportunidade de poder amosalo” a profesionais da industria.

“Estar diante de produtores e que poidan ver tanto o xa feito como coecer o que estou facendo é xa algo incrible, unha oportunidade de luxo”, engade Branca Breijo, selccionada para este encontro por Causalidades, un proxecto de serie da que tamén levou a cabo un captulo piloto para o seu TFG. Trtase, como explica, dun thriller “que se caracteriza sobre todo por unha ruptura de clichés hora de falar de temticas como a prostitucin ou as monxas de clausura” e que sitúa s mulleres “como principais protagonistas da accin en todos os mbitos”. Tamén o egresado Martn Arufe presentou neste encontro unha proposta de serie, neste caso de ciencia ficcin, que ideou para o seu TFG e da que deu forma ao guin do seu captulo piloto. Titulada The Princess, trtase dunha “aventura de ciencia ficcin, moi divertida e moi dinmica, con captulos longos cos que se busca xerar case unha pelcula por cada un, o que non é algo tan habitual en Galicia”, explica. Arufe destaca o positivo dun evento que “supn a posibilidade de levar os proxectos xente que podera estar interesada en traballar con eles, financialos ou apoialos dalgunha forma”, vez que pon de relevo que, “mis al de que somos conscientes de que isto é moi difcil de conseguir”, o propio contacto directo co mundo profesional supn xa “un paso adiante moi positivo”.

Por último, Vctor Couto encargouse de preentarÁ, unha curtametraxe que explora un mundo distpico pero carente de tecnoloxa e que ten como punto de partida, explica, a pregunta de que acontecera “se unha sociedade tivese que convivir, pero sen ter ningún tipo de sentimento”. Nese senso, Couto destaca tamén o interesante dunha experiencia na que, ademais de estar en contacto con profesionais da industria, permite “coecer os distintos proxectos dos representantes doutras universidades”.