DUVI

Diario da 鶹

Esther Lago e Henar Mario, mellores expedientes no eido das ciencias e enxeara

Os Premios GirlGeekCovid distinguen a traxectoria académica de catro mozas STEM

Na 鶹 as mulleres representan s o 32% do alumnado destas titulacins

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Estudantado
  • Igualdade
  • Premios
  • Estudantes
M. Del Ro DUVI 09/02/2023

Da 7615 persoas que estudan carreiras do eido cientfico e tecnolxico na 鶹, s o 32% son mulleres. En cambio, a cifra global de alumnas na institucin é do 52%. Estes datos demostran que segue persistindo unha fenda xénero e uns estereotipos que inflúen hora de eleccin dos estudos, que provocan que, por exemplo, nos estudos da rama de ciencias da saúde as mulleres sexan o 78% do total.

Para fomentar a presenza feminina neste tipo de carreiras, a 鶹 e a Deputacin de Pontevedra puxeron en marcha hai tres anos os Premios GirlGeekCovid. Esta iniciativa, que se insire no marco da Ctedra de Feminismos 4.0, busca poer en valor os mellores expedientes femininos nas carreiras de ciencias e enxeara da 鶹, recoecendo as o seu esforzo e visibilizndoas como referentes para futuras xeracins. Os galardns da terceira edicin entregronse este xoves na sede viguesa da Deputacin e recoeceron a traxectoria académica de catro mozas: Esther Lago Sampedro e Henar Mario Bodeln, galardoadas nos eidos das ciencias e da enxeara, respectivamente, xunto con Iliana Durn Alonso e Laura Núez Álvarez, que recibiron cadanseu accésit.

As premiadas recibiron as súas distincins, dotadas de 2000€ para cada primeiro premio e de 1000€ para os accésit, de mans do reitor da 鶹, Manuel Reigosa, e da presidenta da Deputacin, Carmela Silva, nun acto no que estivo tamén presente a directora da Unidade de Igualdade da 鶹, Águeda Gmez.

Reivindicar os seus éxitos e contribucins

Esther Lago Sampedro, estudante do Grao en Qumica da 鶹, foi a gaadora na categora de Ciencias. Na súa intervencin felicitou a todas as premiadas e tamén lembrou “a todas aquelas mulleres cientficas que abriron o camio para que ns hoxe poidamos estar aqu”. Anda que non é o seu caso, referiuse s mozas que viron truncado o seu soo de estudar ciencias por ser mulleres”. Premios coma este, recalcaba, “son realmente importantes, porque grazas a eles estamos facendo que nenas no futuro poidan estudar esta ramas do coecemento”, anda que agarda que estes galardns deixen de ser necesarios “de aqu nunhas décadas, cando muller, ciencia e excelencia sexan palabras que se escoiten de xeito habitual nunha mesma frase”.

A outra gaadora dos GirlGeekCovid, desta volta na categora de enxeara, foi Henar Mario Bodeln, estudante do mestrado de Enxeara de Telecomunicacin. Agradeceu tanto 鶹 como Deputacin un premio que “recoece o esforzo de todas” e que reivindica e visibiliza o “o traballo das mulleres no STEM”. Filla e irm de enxeeiras, Mario Bodeln agradeceu aos seus pais que “dende pequenas non inculcaron os valores da igualdade, que son fundamentais”.

Pola súa banda, Iliana Durn Alonso, accésit na rama de ciencias e alumna do Grao en Bioloxa, que non puido asistir ao acto, enviou un vdeo no que amosou o seu agradecemento por un premio que “recoece o meu esforzo e dedicacin como muller estudante da rama cientfica. Recibir este premio insprame a seguir loitando polos meus soos e alentar a outras mulleres a facer o mesmo”. Ademais de agradecer o apoio de familiares e mentores, Durn animou a todos e todas a “seguir destrundo barreiras e asegurarnos de que as mulleres tean igualdade de oportunidades no eido cientfico”.

Laura Núez Álvarez, alumna do Mestrado Universitario en Enxeara Industrial e accésit na rama de enxeara, aproveitou tamén a súa intervencin a través dun vdeo para agradecerlle aos seus achegados o seu apoio para estudar o que quixo nun “mbito masculinizado” e 鶹 e Deputacin de Pontevedra esta iniciativa que premia “o esforzo que facemos os estudantes”. Núez resaltou que “é importante que a sociedade tea claro que as mulleres podemos ter éxito e somos totalmente necesarias en todos os mbitos profesionais. Os estereotipos de xénero non deberan ser un impedimento hora de elixir unha carreira profesional”.

Catro mulleres que son unha “esperanza para todas ns”

A presidenta da Deputacin, Carmela Silva, recalcou na súa intervencin que “hoxe queremos poer en valor a excelencia académica das mulleres na Universidade, das mulleres novas que apostaron por estudar titulacins STEM”. Silva tamén fixo fincapé en que as catro mozas, nas súas candidaturas a estes galardns, coincidiron en sinalar a importancia que tiveron os referentes hora de escoller carreira. Foron, na maiora dos casos, profesoras que durante a secundaria ou o bacharelato as inspiraron e as animaron a estudar aquelo que quixeron. Por isto, Silva reivindicou a importancia de seguir xerando referentes e de visibilizar aqueles que foron quedando esquecidos ao longo dunha historia contada dende un punto de vista masculino. “Os referentes son fundamentais para ter conciencia de que houbo outras antes ca ns en todos os eidos”, destacaba, “se non os temos, pesamos que ese é un campo que non é noso, e non podemos perder o talento do 50% do mundo”.

Neste sentido, a presidente lembraba que en primaria, secundaria e bacharelato, as nenas teen “extraordinarias notas en matemticas, pero logo buscan outras carreiras, moitas veces porque lles faltan referentes ou porque nos educaron para pensar que o noso campo de accin est exclusivamente nos coidados”. Para mudar esta situacin, considera necesario que as mulleres se acheguen ao 50% da matrcula nas titulacins STEM, que dan acceso a “profesins con alta demanda” e a campos de traballo “imprescindibles para o futuro e para o presente”. Remataba Silva lembrando “temos moito que avanzar, pero mozas coma vs fanme ser optimista, porque o camio est cheo de dificultades, pero tamén de xente valente que o transita”.

Nesta mesma lia, o reitor da 鶹, Manuel Reigosa, tamén recalcou que “o camio da igualdade est mal empedrado, é sinuoso e ten costa, e as conquistas que se fan en cada xeracin e en cada promocin logo hai que defendelas”. Ás premiadas animounas a mudar a sociedade e tamén recordou a importancia de que “entre todos e todas sexamos quen de explicar xente que as titulacins STEM son fundamentais, o futuro estar rexido por titulacins deste tipo e, polo tanto, precisamos que nelas haxa un 51%, un 52% ou un 53% de mulleres”.

Ás mozas que decidan facer carreira como PDI da 鶹, Reigosa animounas a adherirse “ nosa medida estrela”, que permite que, tras dar a luz, as docentes se reincorporen ao traballo cun ano sen carga docente para dedicarse unicamente investigacin, e cun segundo ano cunha reducin do 50% da carga lectiva. E é que, explicaba Reigosa, “tedes as mesmas capacidades e uns currculos igual de competitivos” pero a partir da maternidade, a fenda de xénero agrndase e cmpren “medidas positivas” das que “ogall poidamos prescindir no futuro”.

A fenda e os estereotipos de xénero persisten

Anda que a distribucin do alumnado na 鶹 é case paritaria (48% de homes e 52% de mulleres), segundo os datos recollido no Observatorio de Igualdade de 2022, o xénero feminino ten maior presenza en tres das catro ramas do coecemento: artes e humanidades (73%) ciencias da saúde (78%), e ciencias sociais e xurdicas (60%). Pola contra, a cuarta das ramas, a de enxeara e arquitectura, est fortemente masculinizada, cun 77% de alumnos. Este é un dato especialmente significativo se se ten en conta que as titulacins deste eido teen un peso moi destacado respecto do total do alumando da 鶹, representando o 27,5% do estudantado. Atendendo s titulacins STEM, que engloban tanto o eido da enxeara e a arquitectura como das ramas cientficas, na 鶹 hai 7615 estudantes, dos que s o 32% son mulleres.

Con todo, nalgunhas titulacins semella que comeza a percibirse unha posible senda de cambio. Por exemplo, como destacaba a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gmez, nos graos de Enxeara Aeroespacial e de Intelixencia Artificial, ambos do campus de Ourense, “nos cales que a distribucin por xénero est preto de estar equilibrada e isto é algo que celebrar”.

Esta panormica da 鶹 coincide coa situacin do sistema universitario espaol en xeral, no que a segregacin horizontal afecta a todo o alumnado de grao por rama de coecemento dun modo anlogo ao que se constata na 鶹. Por tanto, apréciase que a fenda de xénero entre ramas de coecemento persiste, as tamén os tpicos estereotipos de xénero, pois as mulleres mostran preferencia por carreiras relacionadas con tarefas administrativas, o coidado e temticas sociais. En cambio, os homes inclnanse por elixir carreiras relacionadas coa tecnoloxa e coa ciencia.

Os premios mudarn de nome para deixar atrs a covid

Nacidos en plena pandemia, os premios levan a covid ata no seu nome. Agora, pasados xa tres anos do inicio da crise sanitaria, dende a Ctedra Feminismos 4.0 consideran que chegou o momento de deixar atrs esta etapa e para facelo efectivo, na prxima edicin os galardns cambiarn de nome, eliminado o termo ‘covid’ para pasar denominarse GirlGeekPower, como adiantou neste acto a presidenta da Deputacin.