DUVI

Diario da 鶹

A primeira das actividades de extensin universitaria celébrase no Concello de Muos

Os cursos de vern do campus arrancan abordando a sostibilidade ambiental

A iniciativa conta coa participacin de 26 estudantes e persoas alleas comunidade universitaria

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 15/06/2022

A programacin de extensin universitaria, os coecidos como cursos de vern, que organiza a Vicerreitora do Campus de Ourense con financiamento da Deputacin de Ourense, xa estn en marcha. Desde este mércores e ata o venres, o Concello de Muos acolle a primeira destas accins formativas, que leva por ttulo Sostibilidade ambiental: retos e perspectivas.

Dirixida desde a Facultade de Ciencias polas profesoras e investigadoras Mara Fernndez e Carmen Seijo, a iniciativa toma como referencia a reserva da biosfera na que se enmarca este concello ourensn para abordar aspectos como o cambio climtico, a proteccin da natureza, a economa circular e os valores ambientais. A programacin inclúe a visita a espazos de interese ambiental deste enclave. “O noso obxectivo é afondar nos valores ambientais e no impacto que vai ter o cambio climtico en diferentes aspectos do medio ambiente”, comenta a responsable do curso, que conta con 26 persoas matriculadas, principalmente alumnado da Facultade de Ciencias (dos graos de Ciencias Ambientais e Enxeara Agraria), pero tamén persoas alleas comunidade universitaria.

“O deterioro que est a sufrir durante os últimos anos o medio ambiente, fai que as polticas actuais tendan cara un modelo social baseado no ecodesenvolvemento sostible. Isto quere dicir que no futuro haber que compatibilizar o desenvolvemento econmico eficiente cunha xustiza social distributiva e a conservacin do medio ambiente”, comentan desde a direccin do curso. Ao longo das tres sesins de formacin que se celebran no Concello de Muos, comentan, “tratarase de avaliar, dende un punto de vista cientfico, a importancia que teen elementos como a conservacin da biodiversidade, a loita contra os lumes e a salvagarda dos recursos hdricos cara un futuro desenvolvemento sostible da nosa sociedade no século XXI”. Neste contexto, engaden, “intentarase promover aptitudes e fomentar o esprito crtico cara a xestin medio ambiental e a súa influencia na natureza, valorando a grande importancia que ten a proteccin de espazos naturais protexidos como a Reserva da Biosfera Internacional Xurés-Geres”.

Tres das de actividades

A programacin arrancou este mércores coa benvida por parte do Concello de Muos, ao que a organizacin do curso quixo agradecer “todas as facilidades que nos poen para o desenvolvemento deste curso cada ano. Sendo un concello pequeno é un concello moi dinmico, que sempre nos acolle cos brazos abertos”. Seguiulle unha conferencia sobre o cambio climtico e a economa da accin e da inaccin, a cargo de Susana Bayo, profesora do Departamento de Fsica Aplicada da 鶹, e outra de José Antonio Amoeiro, xestor da Reserva da Biosfera Internacional Transfronteiriza Xurés-Geres, sobre estas reservas como ferramentas da proteccin da natureza. Xa pola tarde, est previsto que falen de estratexias de mitigacin e adaptacin fronte aos efectos do cambio climtico Juan José Taboada, de Meteogalicia, e Nieves Lorenzo, profesora de Fsica da 鶹. Igualmente, Shantal Rodrguez, investigadora do Departamento de Bioloxa Vexetal e Ciencias do Solo da 鶹, ofrecer unha conferencia sobre as consecuencias nos ecosistemas terrestres e grao de introducin en Galicia da vespa velutina.

O xoves o alumnado realizar unha visita e ruta pola Reserva da Biosfera Internacional Xurés-Geres e o polo de Salgueiros guiado por bilogos deste parque e profesoras da Facultade de Ciencias ourens. Igualmente, achegaranse ao Balneario de Lobios para coecer diferentes aspectos do turismo termal de man do director de Balnearios do Grupo Caldaria, Fernando Surez. O curso rematar o venres con varias conferencias. Luis Gonzlez, do Departamento Bioloxa Vexetal e Ciencias do Solo, intervir sobre especies exticas invasoras e desenvolvemento sostible; Javier Ags, da Empresa Naturgy Generacin, sobre economa circular e reutilizacin de augas en centrais de producin de enerxa, e Vicente Rodrguez Gracia, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e asesor de Flora Ibérica, sobre valores ambientais asociados os recursos hdricos do Xurés.

Mis cursos

Con esta actividade arrancou unha programacin de extensin universitaria que no campus de Ourense est formada por oito actividades formativas con 285 prazas abertas inscricin tanto da comunidade universitaria como da cidadana en xeral. As súas temticas abranguen desde o cinema e a sostibilidade ambiental ata o turismo rural e o teatro como ferramenta de deconstrucin de prexuzos e estereotipos. Os cursos desenvolveranse nos meses de xuo, xullo e setembro, oscilando as súas prazas entre as 25 e as 50 e o número de horas entre as 30 e as 33. Por cada 30 horas de formacin, as persoas matriculadas poden obter un crédito ECTS. Os prezos varan en funcin do tipo de curso e do tipo de público, abranguendo desde os 8 ata 60 euros. As persoas interesadas poden inscribirse de xeito virtual desde o da 30 de maio a través do Campus Activo da 鶹.