No tradicional concerto que se celebrou este luns no teatro Afundacin
A Orquestra clsica de Vigo inaugurou o Nadal universitario
Tras tres anos sen poder gozar deste evento, a cidade de Vigo volveu acoller este luns o tradicional Concerto de Nadal da Universidade. Foi a Orquestra Clsica de Vigo a encargada de inaugurar estas festas cunha actuacin na que se deron cita tanto a comunidade universitaria como a cidadana. A encargada de presentalo foi a vicerreitora de Extensin Universitaria, Susana Reboreda, que puxo en valor a importancia de que a 鶹 asuma responsabilidades que van mis al do académico e o administrativo e se abra súa contorna organizando actividades e eventos como este, no que ambos sectores participan conxuntamente.
A actuacin da Orquestra Clsica de Vigo estivo dirixida por Manuel Martnez Álvarez-Nava e contou con Emn Kiourktchian como solista ao piano, que interpretaron un repertorio que incluu a Obertura de Don Giovanni, de Mozart; Allegro molto moderato, Adagio e Allegro moderato molto e marcato, do Concerto para piano, Op. 16 de Edvard Grieg; Berceuse de Frank Bridge ou Country song e Marching song, que forman parte de Two songs without words, Op. 22 de Gustav Holst.
O concerto da Orquestra Clsica de Vigo desenvolveuse no marco dun convenio asinado entre ambas entidades por catro anos, polo que a formacin viguesa ser tamén a encargada de inaugurar os prximos Nadais universitarios con concertos que se celebrarn nos campus de Ourense e Pontevedra. Este acordo toma a remuda do que no anterior mandato do actual reitor, Manuel Reigosa, se asinou coa Orquestra Vigo 430, nos mesmos termos, que ofreceu o Concerto de Nadal de 2018 en Vigo, de 2019 en Pontevedra e de 2021 en Ourense.
A Orquestra clsica de Vigo
A Orquestra Clsica de Vigo naceu en 1984, o que a converte na mis antiga de Galicia, apostando dende os seus comezos pola formacin e a innovacin nos formatos. Por esta orquestra pasaron artistas como Jorge Risi, Maristella Patuzzi, Jorge Abreu, Berta Feresco, Severino Ortiz ou Guillermo Pastrana. Conta cunha tempada sinfnica estable na cidade de Vigo que aposta pola diversidade na oferta con proxectos complementarios como o Festival de Órgano 8pés ou o ciclo de música antiga Un camio ben temperado, nos que participaron grandes artistas como Arturo Barba, Loreto Aramendi, Juan de la Rubia ou Daniel Oyarzabal. Nos seus 38 aos de historia as obras interpretadas cntanse por centos, e nos últimos anos a Orquestra Clsica de Vigo achegouse tamén danza, ao cine en directo, s bandas sonoras, a propostas actuais e de obras consagradas.
