En colaboracin coa Fundacin Laxeiro, recolle obras de dez artistas que estudaron en Belas Artes
‘Ollo orella’, unha mostra sobre “o son que se escoita, o son que se mira e o son que se intúe”
Poder visitarse dende ma venres ata o 12 de xaneiro
O son en todas as súas posibles representacins: o son que se escoita, o son que se mira, se presenta, se intúe e se lembra. O son como material e o son como significante. Este o eixo central e vertebrador da exposicin Ollo orella, 8 obras sonoras e unha partitura colectiva, que recolle creacins de dez artistas que teen en común o seu paso pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A exposicin, que se poder visitar a partir de ma venres na Fundacin Laxeiro, est comisariada polo profesor Ignacio Barcia e foi presentada este xoves aos medios de comunicacin nunha rolda de prensa na que participou o docente xunto co alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director xeral da Fundacin Laxeiro, Carlos Garca-Surez.
Ollo orella reúne propostas de Ana Gesto, Elena Matamoro, Berio Molina , Macarena Montesinos, Acacia Ojea, Alejandra Pombo Su, Anxo Rodrguez e ULOBIT (Xoan Xil, Horacio Gonzlez, Ariel Ninas), cuxos traballos se sitúan entre a arte sonora, o audiovisual, a instalacin e a performance. Este proxecto constitúe a segunda colaboracin entre a 鶹 e Fundacin Laxeiro, no marco do convenio en virtude do que se inclúe un proxecto expositivo vencellado Facultade de Belas Artes, como parte da programacin anual de exposicins temporais da fundacin. A maiores, esta mostra conta tamén coa colaboracin de Vertixe Sonora, enmarcndose dentro do programa Vertixe12.
Ademais do nexo común de seren egresados e egresadas de diferentes promocins de Belas Artes, o que realmente une a estes dez creadores e creadoras é que o son é un compoente determinante no seu traballo, anda que este non sexa de fcil adscricin. As, Ollo orella comprende arte sonora, accins, imaxes, vdeos, instalacins, esculturas,… mesmo música. O proxecto fai fincapé nas posibilidades plsticas do son como linguaxe e tamén como rudo, xa que como destaca o profesor Barcia, “o son pode ser un elemento mis, pode ser o “fondo” ou a “figura”, mesmo pode ser o marco, un resto, unha carga de significacin, ou presentarse como alusin ou posibilidade, permanecer latente nun obxecto ou nunha imaxe para que o escoite quen o poida ver”.
Relacins que modifican o espazo expositivo
Espazo e tempo conflúen en Ollo orella nunha montaxe composta por vdeos, debuxos, gravacins, obxectos, documentos, instalacins, e intervencins efémeras que se programarn en diferentes momentos ao longo da duracin da exposicin, entre as que se executar unha accin colectiva realizada pola totalidade dos e das artistas participantes.O resultado é unha mostra heteroxénea de traballos de artistas con proxectos moi diferentes, pero que se conxugan con sorprendente facilidade e coherencia, reunidos por un certo aire de familia que os envolve, mediante o establecemento de relacins que modifican o espazo expositivo, non s na súa materialidade, senn tamén na súa configuracin sonora.
O proxecto propn un achegamento experiencia estética mediante conexins entre o visual e o auditivo, unha experiencia prxima ao fenmeno da sinestesia que o seu ttulo, dalgún xeito, quere facer referencia: Ollo orella é unha invitacin contemplacin que non se limita ao feito visual, senn que se estende ao feito sonoro, mais tamén a un achegamento ao visual dende unha actitude mis prxima ao feito de escoitar que ao de mirar. Prodúcese as unha certa impugnacin dos lmites da percepcin convencional, de xeito que, tanto a intencionalidade do que se elixe ver, como a imposibilidade de seleccin do audible, deixan de ser elementos definitorios e a experiencia amplase mediante a posta en cuestin destas categoras, a partir das que, dunha forma s veces intencionada e s veces casual, suxiren a posibilidade dunha nova maneira de escoitar e tamén de ver.
Colaboracin estable 鶹-Fundacin Laxeiro
Ollo orella é a segunda actividade que se fai no marco do convenio asinado entre a Fundacin Laxeiro e a 鶹 e que permite normalizar unha colaboracin que dende os inicios da Fundacin Laxeiro, se levaba a cabo dunha forma mis ou menos espontnea e non regulamentada. A primeira proposta ao abeiro do acordo foi a exposicin O que hai, obxecto, materia e o cotin nos tempos da precariedade, un proxecto que incida na situacin das prcticas artsticas despois do boom do apoio institucional arte contempornea a finais do século XX e na primeira década do século XXI.
Esta segunda iniciativa, Ollo orella, inaugurarase oficialmente ma venres, s 19.00 horas na seda da Fundacin Laxeiro, na rúa Policarpo Sanz 15, cunha accin sonora colaborativa a cargo do elenco de artistas participantes na exposicin. Poder visitarse ata o 12 de xaneiro.
