DUVI

Diario da 鶹

O campus acolleu a celebracin dun taller de micoloxa

Un obradoiro para aproximarse ao cultivo de cogomelos na casa

Unha decena de persoas participaron nel

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 18/05/2022

Cada curso académico, a oferta de obradoiros de extensin universitaria que ofrece a Vicerreitora do campus de Ourense, con financiamento da Deputacin de Ourense, est a inclur habitualmente un dedicado ao mundo da micoloxa. Se nas primeiras edicins estiveron centrados na identificacin prctica de cogomelos, este cuadrimestre o seu enfoque dirixiuse a introducir s e aos asistentes no cultivo de cogomelos na casa.

Este Obradoiro de Domesticacin de Cogomelos estivo dirixido por Mauro Rivas, investigador do Laboratorio de Micoloxa da 鶹 MicoUvigo e contou con 30 horas de formacin presencial. Os docentes foron, ademais do seu director, Paula Estévez e Hugo Fernndez, da spin-off da 鶹 MycoGalicia Plantae SL. As clases prcticas levronse a cabo nos laboratorios de Aerobioloxa e Xeoloxa no edificio Politécnico do campus, agradecendo desde a súa organizacin a colaboracin dos responsables destes laboratorios, Francisco Javier Rajo e Pedro Araújo. Paralelamente a este obradoiro, desenvolveuse un similar na Facultade de Bioloxa do campus de Vigo.

Abordaxe de todo o proceso

No taller, unha decena de persoas, maioritariamente membros da comunidade universitaria pero tamén de fra dela, tiveron a oportunidade de explorar as distintas fases do cultivo doméstico de cogomelos, as como o cultivo en diferentes medios, utilizando materiais que se poden atopar en calquera fogar. “O alumnado aprendeu todo o proceso de cultivo de cogomelos, comezando pola extraccin de micelio a partir dun exemplar fresco, a multiplicacin do micelio en grao e a inoculacin de pacas de palla e troncos con especies comestibles para a súa frutificacin”, explica Mauro Rivas no peche do obradoiro. Tamén, engade, “tratronse temas como a esterilidade no proceso de producin, os contaminantes qumicos e biolxicos e a lexislacin sobre a producin e comercializacin de cogomelos a grande escala”. O taller tamén incluu a realizacin de sesins sobre os aproveitamentos gastronmicos, nutracéuticos e forestais dos cogomelos cultivables.

Durante as sesins prcticas, detalla Mauro Rivas, o alumnado puido illar micelio de Agaricus bisporus (champin de Pars) en placas de petri, replicar micelio de Trametes versicolor (cola de pavo) en grao, inocular pacas de palla con Pleurotus ostreatus (seta de ostra) e troncos de carballo con Lentinula edodes (shiitake). “Todo o material que o alumnado preparou no laboratorio puidérono levar para a casa, para facer o seguimento dos seus cultivos e obter as súas primeiras producins de cogomelos comestibles”, comenta o investigador. Para finalizar o obradoiro, as e os participantes tiveron que realizar un proxecto terico sobre o cultivo dunha especie de cogomelo potencialmente domesticable da súa eleccin, detallando o proceso de illamento, multiplicacin, cultivo e frutificacin. “Isto permite ao estudantado obter unha visin xeral e integradora de todos os conceptos tratados ao longo do obradoiro”, sinala o director do obradoiro.