Belas Artes acolle un taller sobre o uso dunha copiadora Riso para traballos de ‘stop motion’
Un obradoiro afonda en como deixar unha pegada analxica na animacin dixital
Impartido polos responsables do estudio Rapapawn
O New York Times ou Givenchy forman parte dos clientes para os que os egresados da Facultade de Belas Artes Cynthia Alfonso e Óscar Raa, do estudio Rapapawn, teen realizado pezas de animacin. Procedentes do mundo do cmic, un dos sinais do seu traballo é a exploracin das singularidades que o uso da risografa pode achegar a un proxecto de animacin fotograma a fotograma. Explorar as posibilidades estéticas que ten o uso dunha copiadora Riso para dar forma a unha peza de animacin stop motion que vaia do dixital ao analxico constitúe o eixo central do obradoiro que ao longo desta semana imparten nesta facultade.
Inserido na programacin de obradoiros de extensin universitaria, abertos a toda a cidadana, da Vicerreitora do campus e coordinado polo profesor Marcos Covelo, o taller Animacin en riso d continuidade a outra serie de talleres dirixidos a explorar as posibilidades da copiadora Riso SF9530 que a facultade adquiriu en 2018. Presentada como “un hbrido entre unha fotocopiadora e a serigrafa”, o traballo con esta mquina caracterizase polo singular rexistro que deixan as tintas sobe o papel e polas pequenas variacins que se van xerando entre as diferentes copias e deu como resultado creacin na facultade do selo de autoedicins Error Es Bien.
Ata a data, como lembra Covelo, os diferentes obradoiros realizados centrronse en explorar “os resultados que d a risografa de por si”, mais nesta ocasin o eixo da proposta foi ver como “se seguimos manipulando eses resultados, conseguimos algo novo”. Non en van, a proposta de Raa e Alfonso, céntrase en, partindo dunha “animacin manual, fotograma a fotograma”, guiar ao alumnado no desenvolvemento dun loop que primeiro desean con ferramentas informticas, para posteriormente imprimir todos os fotogramas coa copiadora Riso, escanear os resultados e volvelos converter nunha peza dixital. “Deste xeito, obtense un acabado diferente, grazas s caractersticas cromticas das tintas e a esa marxe de erro, que sempre est a”, salienta Raa. “Ao final, obtés unha estética analxica con algo dixital”, engade Alfonso dunha técnica que, recoece, forma parte do “modus operandi” do traballo de Rapapawn no mundo da animacin experimental e que tamén empregan con frecuencia nos seus proxectos no mbito da banda deseada.
