DUVI

Diario da 鶹

Xunto a outros catro estudantes de Irn chegou a Vigo o pasado mes de novembro

Nima Shahriyari, estudante LCA iraniano na 鶹: “Desexo que a guerra remate e as persoas volvan súa vida normal”

Orixinario de Ahvaz, asegura que “me encanta todo Vigo e Galicia”

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Internacional
  • Estudantes
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 22/05/2026

Nos seus 22 anos de vida, Nima Shahriyari sabe o que é vivir unha guerra na súa propia cidade Ahvaz, situada a uns 800 quilmetros ao sur de Tehern, pero tamén na distancia, neste caso a dos mis de 6500 quilmetros que separan Vigo e o lugar onde naceu e onde vive toda a súa familia. “Ahvaz, como outras cidades de Iran, tamén foi bombardeada. Tanto, cando eu estaba al, como agora, a mia familia e eu podiamos escoitar os ataques e s veces espertbannos pola noite. É unha situacin moi dura, anda que co tempo un acaba acostumndose”, relata este estudante iraniano que cursa desde o pasado mes de novembro de 2025 na 鶹 o Diploma de Formacin Universitaria Lingua, cultura e adaptacin universidade (LCA).

Cando Nima Shahriyari chegou 鶹, logo de atender o consello dun avogado de inmigracin que lle recomendou a institucin académica viguesa, e de desbotar a posibilidade de diplomarse en tres universidades alems nas que fra aceptado, EEUU e Israel anda non atacaran Irn. Foi o 28 de febreiro de 2026 cando as bombas volveron caer sobre territorio iraniano e pasados case tres meses o conflito continúa sen visos de acadar unha pronta solucin. Anda que os seus familiares estn ben e consigue contactar con eles cando as comunicacins o permiten, Nima recoece que “a situacin no meu pas aféctame moito, especialmente ao principio. Era moi difcil manter o contacto con eles e cos meus amigos e anda que agora é un pouco mis doado, porque algunhas aplicacins funcionan, anda que con mala calidade, s veces podemos falar e senn usamos o teléfono, pero as chamadas son moi caras”.

Outros catro estudantes matriculados no diploma LCA na 鶹 comparten a preocupacin de Nima pola guerra no seu pas, sobre a que asegura “o que mis desexo é que remate o antes posible para que todas as persoas poidan volver a súa vida normal. Irn pasou por momentos difciles antes e, anda as, o pas segue adiante. Por iso manteo a esperanza de que todo mellore”.

Espaol e persa, dúas linguas sen relacin, ags polo uso do subxuntivo

Mentres agarda unha pronta resolucin do conflito bélico que se libra no seu pas, Nima Shahriyari apura as derradeiras semanas de clase e exames do Diploma de Formacin Universitaria Lingua, cultura e adaptacin universidade (LCA), que lle estn permitindo familiarizarse coa vida universitaria en Espaa e aprender o idioma. “Antes de vir aqu, nunca estudiara no estranxeiro”, explica o mozo iraniano, que estudou espaol durante dous meses e medio antes de chegar, “pero de xeito moi intensivo. Estudaba todos os das, va pelculas, escoitaba música… e iso axudoume moitsimo. Ademais, mentres cursaba os niveis A1 e A2 aqu, tamén aprenda pola mia conta os niveis B1 e B2”.

Nima ter ocasin de acreditar os coecementos de espaol adquiridos o vindeiro mes de xuo co exame CertAcles espaol B2 que realizarn na 鶹, ao ser o seu Centro de Linguas unha das entidades acreditadas por ACLES (Asociacin de Centros de Linguas da Ensinanza Superior) para elaborar e administrar este exame, con validez en todo o Espazo Europeo de Educacin Superior. “A mia lingua materna é o persa e realmente non ten case ningunha relacin co espaol, non obstante, algo curioso é que o uso do subxuntivo é bastante similar en ambos idiomas, non na forma, senn en como se utiliza e iso axudoume bastante a entendelo mellor”, explica.

Un avogado de inmigracin, clave para chegar 鶹

Anda que a súa idea era estudar en Alemaa, onde foi admitido en tres centros, Nima Shahriyari mudou de idea e rematou na 鶹 porque “un avogado de inmigracin faloume desta opcin. Explicoume que era una das poucas universidades que ofreca exactamente o programa que eu estaba buscando e que, ademais era unha universidade como tal, non unha academia, ou institucin privada. Iso deume mis confianza, porque saba que a formacin sera mis profesional e por iso decidinme por Vigo”.

Orixinario dunha grande metrpole iraniana, Ahvaz, da que proveen boa parte dos ingresos do pas e que conta na súa contorna con numerosos campos de petrleo e gas, Nima asegura “estar encantado” con Galicia e Vigo. Ao principio subestimeino e quera ir a outras cidade, pero agora estou moi contento coa decisin que tomei. É como un pequeno paraso e a diferenza de moitas persoas, a min gústame o clima, anda que a chuvia s veces pode ser molesta, non é un gran problema para min”, asegura o estudante que comparte piso en Vigo con outros alumnos LCA. Nima destaca que son moitas as diferenzas co seu pas, “pero o que mis me chama a atencin é a diversidade cultural, ademais do organizado que est todo aqu. En Irn, en cambio, o sistema é menos estruturado e hai moitas diferenzas culturais en xeral”.

Odontoloxa é o grao que o estudante iraniano quere cursar unha vez que acade o LCA e anda que nun principio chegou coa intencin de facelo en Valencia, “despois de visitar Santiago de Compostela, cambiei de idea e agora espero poder estudar al”, explica.