A catedrtica de Belas Artes Yolanda Herranz é unha das comisarias de ‘Compartir es vivir’
O Museo da Muller de México inaugura o percorrido por América Latina dunha exposicin que reivindica s artistas
A mostra reúne obras de creadoras de seis pases
Como unha exposicin que “pretende xerar unha reflexin acerca da identidade, a desigualdade, a violencia e a convivencia” define a catedrtica da Facultade de Belas Artes Yolanda Herranz Compartir es vivir, unha mostra que reivindica o papel das artistas a través dunha serie de obras “concibidas desde unha consciencia crtica e un posicionamento feminista”. Comisariada por Herranz e a artista e colaboradora do grupo de investigacin ES2 Celeste Garrido, a exposicin estreouse a finais de 2022 en Marn, reunindo as creacins de 15 artistas de seis pases, que agora poden verse no , na que é a primeira parada desta exposicin en América Latina.
Dependente da Universidad Nacional Autnoma de México (UNAM), este museo acolle ata o 31 de marzo un proxecto expositivo que contou co financiamento da Consellera de Cultura, Educacin e Universidades e que se insire nas iniciativas da Colectiva Portal de Igualdad, que ten entre as súas lias de actuacin “o desenvolvemento dunha museografa feminista”, como apunta Herranz. Coa colaboracin tamén do colectivo Clsicas y Modernas,presenta, entre outras obras, a peza ¿Tienen que estar desnudas las mujeres para entrar en la MET?, unha adaptacin ao casteln da obra mis emblemtica das Guerrilla Girls, un colectivo de artistas xurdido na década de 1980 nos Estados Unidos co obxectivo de reivindicar a discriminacin das mulleres na arte.
Estruturada arredor de “tres piares: reflexin, compromiso e accin-intervencin artstica”, nesta exposicin preséntase tamén as creacins de Mau Monlen, Alissia (Mara Penalva-Leal), Manola Roig e Samuel Gallastegui da tamén artista e profesora de Belas Artes Mar Caldas e das propias Herranz e Garrido. Xunto s súas obras, mstranse as das mexicanas Elina Chauvet e Lorena Wolffer, que participaban hai unhas semanas na inauguracin desta mostra no Museo de la Mujer, as como as propostas das brasileiras Lilian Amaral, Beth Moisés e Bia Santos, da guatemalteca Regina José Galindo e da colombiana Patricia Glauser.
De Marn a México
Da man do Concello de Marn, Compartir es vivir presentouse a finais de 2022 no Museo Manuel Torres e a exposicin viuse complementada pola exhibicin das obras seleccionadas en soportes publicitarios no espazo público. Meses despois trasladouse ao Museu d´Art Contemporani Vicente Aguilera Cerni, de Vilafamés, Castell, e desde finais de xaneiro pode verse en México. “Para ns, as como para as artistas que participamos na exposicin é moi importante que a exposicin itinere tanto por Espaa como por outro pases, porque difunde a tese do proxecto e d visibilidade o noso traballo artstico”, salienta Herranz, que recoece a “ledicia” que supn para as comisarias “o interese que espertou a exposicin”, coordinada en México por Fabiola Osorio.
“Estamos traballando para facer realidade a itinerancia por diferentes pases de América Latina”, engade Herranz. Nese senso, actualmente traballan para que poida verse tamén no Brasil, coa colaboracin da artista participante Lilian Amaral. “Outra proposta que estamos xestionando é a peticin da directora do Museo de las Mujeres de Costa Rica”, engade a catedrtica de Escultura, que incide tamén na vontade de exhibila en diferentes partes de Espaa.
