África Fragueiro Rengelo, alumna do IES Terra de Turonio foi a gaadora do certame
Unha metfora sobre a personalidade da obra 'Escola de Mencieiros faise co primeiro premio do concurso Concita Cunqueiro
Unha vintena de persoas participaron na iniciativa da FFT co gallo do 40 cabodano do escritor
“A personalidade de cada un vén sendo, por tanto, como un pequerrucho vagalume, como un lucecú que d na noite un puntio de brillo disolto. A escuridade é o termo que fai posible a existencia do bichio”. Con esta cita de Escola de Mencieiros, África Fragueiro Rengelo, alumna do IES Terra de Turonio de Gondomar acadou o primeiro premio do concurso Concita Cunqueiro, un certame promovido pola Facultade de Filoloxa e Traducin da 鶹 co gallo do 40 cabodano de Álvaro Cunqueiro. “A súa cita é moi boa, moi representativa da sensibilidade poética e a traxectoria vital de Cunqueiro. Haba citas moi boas, espléndidas, pero a desta alumna de Vincios foi a que nos engaiolou por igual a todos os membros do xurado”, explica o docente e investigador e secretario do xurado do concurso, Xosé Henrique Costas, sobre a cita presentada pola alumna de 4º da ESO, que confesa lles deu unha grande alegra pola súa idade e identidade, “pois é unha rapaza moi novia e con moito gusto literario”.
O segundo premio recaeu noutra alumna do IES Terras de Turonio, Yeneba Romero Salgueiro pola cita: “A mia idea primeira é que un tesouro é coma unha persoa viva, coa súa memoria e a súa vontade” da obra Tesouros novos e vellos. Pola súa banda, a estudante de 4º curso do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios da 鶹 Iria Custodio Fabre logrou o terceiro premio co fragmento de Un poeta esquece os das de chuvia: “Todo pende pra que o mundo morra en que un poeta esqueza os das en que chova no mundo”. As mesmo, o xurado do certame, presidido polo decano da FFT, José Montero, tamén distinguiu sete finalistas mis pola seleccin de citas de obras como Dona do corpo delgado; Merln e familia; Se o vello Sinbad volvese s illas e Na outra banda, as como da entrevista de G. Ricci no libro Celtismo e magia nella opera di Alvaro Cunqueiro.
En total, unhas 20 persoas, de entre 16 e 30 anos, enviaron citas de obras poéticas, narrativas, teatrais e xornalsticas do autor mindoniense ao concurso, que estableca galardns de 300, 200 e 100 euros para os tres mellores fragmentos da obra de Cunqueiro. “O nivel de participacin foi satisfactorio dadas as condicins tan excepcionais que estamos a vivir e o pouco que tempo que transcorreu entre a convocatoria e a data lmite de entrega de citas”, asegura Costas, que destaca a participacin do alumnado do IES Terra de Turonio, que acadou o 1º e 2º premio, ademais de dous accésits, as como a do alumnado dos graos de Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e de Traducin e Interpretacin da 鶹. “Este concurso foi ideado para que xente nova lese ou relese Cunqueiro e extraese algunhas das moitas citas gloriosas que hai nos seus textos para goce e recoecemento de todo o mundo”, explica o catedrtico da 鶹.
Continúan as actividades co gallo do 40 cabodano do escritor
O fallo do concurso Concita Cunqueiro lonxe de ser o remate dos actos de celebracin, organizados pola FFT, polo 40 cabodano do autor de Merln e familia, é un punto e seguido s actividades que se desenvolveron o pasado mes de marzo. As, en xuo desenvolverase un novo congreso sobre Cunqueiro en Mondoedo, “no que volveremos xuntarnos os que andamos detrs destas iniciativas e outros novos investigadores. Hai moito anda que analizar na obra de Cunqueiro, sobre todo porque estn sando luz moitos materiais inéditos novos”, avanza Xosé Henrique Costas.
Por outra banda, para conmemorar o XXV aniversario da creacin da Filoloxa Galega na 鶹, o departamento de Filoloxa Galega editar antes do vern un novo número monogrfico sobre Cunqueiro da revista Cumieira das Letras, onde se publicarn os textos das conferencias do ciclo Cunqueiro XL impartidas por Ferrn, Morn, Somovilla, Mario Mexuto, Castro Buerger, Gonzlez Gmez, Palacio, etc. “Como grande novidade, o monogrfico incluir un artigo do profesor Forcadela e meu onde damos a coecer 60 novos poemas descoecidos de Cunqueiro, moitos deles de adolescencia, cando un quincelo Cunqueiro comezaba a escribir poesa maneira de Rubén Daro- cousa que todo o mundo descoeca-, pero tamén outros poemas rescatados do perodo 1928-1940 de tipo neomedeivalista, vangardista, popularista e existencialista. Por iso dicimos que os actos de Cunqueiro XL foron o comezo- e non remate- de moitas cousas”, explica Costas.
Sobre os actos celebrados o pasado mes, o balance non pode ser mis positivo, cun ciclo de charlas “de gran altura e con moito seguimento pola rede” e coa edicin, por parte do Servizo de Publicacins da 鶹, da Escolma da poesa anosada. “que foi un éxito rotundo en repercusin meditica e en acollida entusiasta por parte de crticos, escritores, especialistas e público en xeral. 50 poemas novos de Cunqueiro agochados en falsas traducins e dunha calidade elevadsima convocaron de novo o interese literario nunha obra dun autor que é un inesgotable pozo sen fondo de auga sempre limpa e fresca”, asegura o catedrtico da 鶹.
