DUVI

Diario da 鶹

O campin do mundo de maratn protagonizou un coloquio na sede da Vicerreitora

Martn Fiz: “Con perseveranza, traballo e humildade pdese conseguir calquera cousa, dentro e fra do deporte”

O acto completouse coa proxeccin dun documental sobre a súa traxectoria

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Deportes
DUVI Pontevedra 29/11/2021

“Con perseveranza, traballo e humildade pdese conseguir calquera cousa na vida, dentro e fra do deporte”. Esta foi unha das mensaxes que na tarde deste luns trasladou o campin do mundo de maratn e Premio Prncipe de Asturias do Deporte Martn Fiz na conversa que protagonizou na Vicerreitora do campus co tamén atleta Elas Domnguez. A traxectoria persoal e deportiva do tamén campin de Europa desta disciplina centrou un coloquio que se viu precedido pola proxeccin do documental Fiz, puro maratn, nun acto que constitua a primeira sesin de Talento, superacin eڴDz, un ciclo dirixido a pr en valor as historias de homes e mulleres “que presentan valores compartidos por todos e todas como son a superacin, o esforzo e a mentalidade positiva”, segundo sinalou o vicerreitor do campus, Jorge Soto.

Dirixido por Rodrigo Moro, este documental estreado en 2014 percorre a vida, tanto familiar como deportiva, de Fiz, e os obstculos e atrancos aos que tivo que facer fronte, lembrou, “un rapaz de familia humilde, un rapaz da aldea que a conseguir ser campin de Europa e do Mundo”. Nese senso, Fiz recoeceu verse “moi ben reflectido” nun filme que percorre unha traxectoria “con subidas e baixadas, na que nada foi fcil” e que lle permitiu trasladar, a través das súas propias vivencias, a mensaxe de que “co deporte pdense conseguir moitas cousas”. Fxoo nunha conversa co subcampin de Espaa de Maratn e subcampin do Mundo de Media Maratn Elas Domnguez, que partiu dos seus inicios nunha familia orixinaria da aldea salmantina Tamames, que se traslada a Vitoria, para afondar logo nos seus logros deportivos, pero tamén en problemas como unha lesin que mesmo puxo en risco a súa vida.

Fxoo na primeira sesin desta iniciativa impulsada pola vicerreitora do campus, que contou, entre outros, coa asistencia do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramn Lete; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernndez, a concelleira de Promocin Econmica e Universidades, Yoya Blanco, e o deputado provincial Gorka Gmez, as como con diferentes representantes do tecido deportivo da cidade.

“Levantarse e seguir adiante”

Neste percorrido pola súa traxectoria, Fiz puxo de relevo a importancia de “aproveitar as oportunidades” e de “decidir que queres ser”, en lugar de deixarse guiar por ideas como, no seu caso, que non lle a ser posible “gaarse a vida” co atletismo. “Desde moi pequeno tiven claro que quera ser corredor”, subliou este deportista, que situou na perseveranza o “factor diferencial” das persoas que, no mbito que sexa, “teen talento fsico e mental”.

“Unha das cousas que distinguen unhas persoas de outras é que nos momentos malos saben levantarse e seguir cara diante, cando o mis fcil sera afundirte”, sostivo Fiz, que puxo de relevo o “afn de superacin” que implica o deporte. Nese senso, puxo como exemplo o crecente número de persoas que practican running, “no que o que menos importa é gaar”, senn que implica que persoas de diferentes idades e condicins se enfronten ao reto de ser quen de percorrer unha determinada distancia. “Se son capaces diso, son capaces de calquera cousa na vida”, salientou este deportista, que valorou nese senso o feito de que, tras o confinamento, moita xente se animase a practicar deporte “e en como este lles est axudando”.

Fortaleza fsica e mental

“Sempre dixen que detrs dunha vitoria, hai centos de derrotas”, engadiu Fiz, quen pon de relevo a importancia que, alén da fsica, ten a preparacin mental, mxime nunha disciplina como o maratn, “na que s podes facer dúas carreiras ao ano”. Dado que, engadiu, “o desgaste fsico e mental é moi grande”, este tipo de carreiras implican que “te xogues cinco meses de preparacin en dúas horas”, de tal xeito que os aspectos psicolxicos son ao seu xuzo “tan importantes ou mis” que a propia preparacin fsica. “Sabes que é un da ao que tes que chegar en plenitude de forma, pero se atravesas algún problema anmico ou persoal, ese balance desequlbrase”, apuntou este atleta, que lembrou que unha maratn implica súa vez “mis de dúras horas” de concentracin. Non en van, a carreira implica tamén estar atento “a eses pequenos detalles e estratexias, a pensar que vai pasar, intur cales van ser os teus rivais, quen pode estar mis forte nos metros finais...”, unha serie de elementos que obrigan a manter a mxima concentracin ao longo de toda a proba.