Nun encontro co alumnado da Facultade de Comunicacin
Manuel Rivas afonda no campus en como “o tempo de emerxencia” afecta tamén “ vida das palabras”
O escritor e xornalista reflexionou sobre a crise climtica e a “onda reaccionaria”
“Vivimos nun tempo de emerxencia, sobre todo no referido ao medio natural, e esa situacin de emerxencia tamén se reflicte na linguaxe, na vida das palabras”, salientaba este xoves o escritor e xornalista Manuel Rivas nun encontro co alumnado da Facultade de Comunicacin. Con motivo da publicacin da súa última novela, Tras do ceo (Xerais), Rivas protagonizou un coloquio no que algunhas das temticas que aborda a novela serviron como “punto de arrinque”, explicou, para unha conversa sobre cuestins “que nos atinxen moi directamente neste tempo que vivimos de emerxencia climtica e de expansin dunha nova onda reaccionaria no mundo”.
Os profesores Benigno Fernndez Salgado, Macarena Murads e Ana Fernndez Soneira foron os encargados de presentar e clausurar un encontro “cunha das mis importantes figuras da literatura galega actual”, cuxa obra foi traducida a 15 idiomas. As o lembrou Murads, quen realizou un breve percorrido pola traxectoria de Rivas como xornalista e escritor, faceta pola que acadou recoecementos como o Premio Nacional de Narrativa ou o Premio Torrente Ballester, as como o nomeamento como doutor honoris causa pola Universidade da Corua.
“Unha linguaxe que non agarda resposta”
“A literatura serve para sentir, mais tamén serve para pensar”, salientou Rivas ao inicio dun encontro no que buscaba xerar unha conversa co alumnado arredor dalgunhas das cuestins “que ten como transfondo” a novela que nestas semanas est a presentar en múltiples puntos de Galicia. “No libro, unha cuestin central é o poder e como se entrelazan os poderes, o poder desptico, o poder depredador...”, apuntaba o escritor, quen partindo deste marco, lembrou ao alumnado da Facultade de Comunicacin que “a ferramenta mis importante do escritor e do xornalista é a escoita”. Nese senso, explicaba que un dos seus propsitos nesta conversa era precisamente escoitar o alumnado e tamén tratar de “introducir unha certa perturbacin”, promovendo unha reflexin sobre a linguaxe, “sobre o que ocorre coa linguaxe nos procesos de comunicacin”.
Neste punto, Rivas buscou conectar as ideas da crise ambiental e da “expansin da onda reaccionaria”, incidindo en “como un proceso de comunicacin pode realmente transformarse nun proceso de dominacin, nun proceso de desinformacin”. A linguaxe, ao igual que a natureza, “tamén sofre depredacin, tamén sofre intoxicacin”, subliou o conferenciante, quen alertou de que “se algo caracteriza o poder, sobre todo o poder autoritario, é xustamente a utilizacin que fai da linguaxe”. Trtase, denunciou, “dunha linguaxe que non agarda resposta, e menos unha crtica”, o que levouno a subliar a necesidade de que “as palabras recuperen o sentido do que foron espoliadas” e a pr o foco na “utilizacin propagandstica da linguaxe para o control das mentes”, trazando un paralelismo entre a situacin de emerxencia climtica e "a perda de sentido das palabras".
