DUVI

Diario da 鶹

Coeditado polos profesores Teresa Caneda e José Carregal Romero, foi presentado no edificio Redeiras

Un libro recolle cinco anos de investigacin sobre os silencios que falan na ficcin irlandesa contempornea

É froito de investigacin moi innovadora no campo dos estudios irlandeses orixinada na 鶹

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Աپ
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI 16/01/2024

Silencios arredor dos abusos no seo da igrexa catlica; silencios ante a discriminacin por razn de sexo ou de raza; silencios sobre os problemas de saúde mental. Son moitos os silencios que, agochados na literatura irlandesa contempornea, falan do que non se fala. E son eses silencios nos que se centra o libro Narratives of the Unspoken in Contemporary Irish Fiction: Silences that Speak, presentado este luns no marco do seminario Articulations of Individual and Communal Vulnerabilities in contemporary Fiction que se desenvolveu no edificio Redeiras.

Coeditado pola profesora da Facultade de Filoloxa e Traducin Teresa Caneda e por José Carregal Romero, doutor pola 鶹 e na actualidade profesor da Universidade de Huelva, o volume acaba de ser pola editorial Palgrave Macmillan na súa serie New Directions in Irish and Irish American Literature.

No acto de presentacin, a profesora Caneda, investigadora principal dos proxectos Intruths e Intruths 2, destacaba que “a investigacin que aborda esta publicacin iniciouse nun momento no que estabamos a explorar as diferentes configuracins do silencio na imaxinacin literaria da Irlanda contempornea e iso levounos despois ata a investigacin actual, un estudo da articulacin da vulnerabilidade que precisamente é o que en moitos casos se agocha tras o silencio”. O volume inclúe, ademais dunha introducin terica e catro captulos a cargo de ambos editores, cinco captulos mis dos que son autoras e autores os membros do equipos de investigacin, Marisol Morales Ladrn (Universidad de Alcal), Asier Altuna Garca de Salazar (Universidad de Deusto), Elke D’hoker (University of Leuven), Sen Crosson (National University of Ireland, Galway), Eibhear Walshe (University College Cork) as como un captulo a cargo do profesor Thomas O’Grady, da Universidade de Massachusetts-Boston.

O silencio, nas súas múltiples facetas

Caneda e Carregal expresaron o seu agradecemento polo traballo das expertas e expertos que colaboraron con achegas “profundamente orixinais” sobre a obra de autoras e autores representativos do panorama da ficcin irlandesa contempornea como Donal Ryan, Emma Donoghue, Evelyn Conlon, Colm Tibn, Kevin Barry, Claire Keegan, Edna O’Brien, William Trevor, Maeve Kelly, Emer Martin e Sally Rooney. Entre outros temas, explicou Carregal, Narratives of the Unspoken in Contemporary Irish Fiction “aborda a recuperacin de voces e relatos silenciados do pasado e a súa revisin no presente; as conspiracins do silencio nun pas de forte tradicin catlica que durante anos ignorou e mesmo agochou os abusos no seo das institucins; os silencios arredor da opresin estrutural por motivos de xénero, clase e raza no perodo de bonanza econmica do chamado Celtic Tiger; o malestar social e o silenciamento da vulnerabilidade na Irlanda neoliberal da post-crise e mesmo o tratamento da fraxilidade emocional e a saúde mental da xeracin milenial”.

Segundo ambos editores, os diferentes captulos deste volume analizan as dimensin do silencio nas súas múltiples facetas, “dende unha perspectiva interseccional e multidisciplinar, centrndose na converxencia entre a poética e a poltica do silencio e asemade dialogando cos estudos sobre trauma e memoria, as como invocando a historia e a socioloxa, o xénero e identidade e desde unha ampla gama de perspectivas como a teora social, a investigacin arquivstica e biogrfica, o feminismo, os estudos queer, a mobilidade e os estudos de traducin”.

Froito de cinco anos de traballo

O volume d conta do traballo desenvolvido nos últimos cinco anos polo equipo de investigacin liderado por Teresa Caneda arredor do silencio como unha forma especial de linguaxe: “paradoxalmente, a comunicacin prodúcese en relacin a aquilo do que no se fala e mediante elipses, baleiros, ambigüidades, ironas e ambivalencias que, en moitos casos, expresan as contradicins socio-culturais da Irlanda contempornea”. Cando se impn aos demais, afirman Caneda e Carregal, “o silencio adoita levar opresin e violencia, e pode converterse nunha prctica social que nega os dereitos bsicos dos desfavorecidos. Porén, noutros moitos casos, o silencio permite a curacin, a autoproteccin, a resistencia, o respecto aos demais ou mesmo a comun coa natureza”.

Caneda tamén aproveitou a súa intervencin para amosar a súa satisfaccin por ter liderado desde a 鶹 o proxecto Inconvenient Truths: Cultural Practices of Silence in Contemporary Irish Fiction “cun equipo internacional destas caractersticas” e con resultados como o desta . “Sentmonos profundamente honrados polo feito de que o noso traballo conte co respaldo da profesora da Universidade de Oxford Kate McLoughlin, experta no estudo do silencio na literatura, e o profesor de estudos irlandeses de Trinity College Paul Delaney, que escribiron dúas eloxiosas referencias coas que se abre o volume” explicou. Tamén agradeceu a presenza telemtica no acto de presentacin da profesora Paige Reynolds (College of the Holy Cross, Massachusetts) autora do prlogo do libro. Reynolds felicitou os editores e autoras e autores por esta “contribucin crucial para o campo dos estudos irlandeses” e eloxiou o volume polo seu pronunciamento da necesidade dunha ética tanto de escoitar como de falar. “Este libro”, asegurou a académica norteamericana, “pdenos que consideremos o importante papel do silencio nunha época chea de alertas, polémicos debates mediticos e anuncios emerxentes, entre outras moitas maneiras ruidosas de chamar nosa atencin”. Para Reynolds, mediante unha anlise detallada da ficcin irlandesa contempornea, Narratives of the Unspoken “amsanos como atender a aquilo do que non se fala e preséntanos un modelo importante para analizar as complexidades da comunicacin nun momento histrico no que cada vez mis voces estn a falar e a ser escoitadas”.