DUVI

Diario da 鶹

O novo volume da serie ‘En trnsito’ reúne entrevistas a seis artistas formados na facultade

Un libro afonda nas achegas dos egresados e egresadas de Belas Artes consolidacin da performance en Galicia

A publicacin afonda nas súas traxectorias, intereses e procesos creativos

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • ʳܲԲ
  • Cultura
DUVI Pontevedra 18/12/2023

Xunto a outra serie de factores, a Facultade de Belas Artes “contribuu ao xurdimento, formacin e consolidacin” dunha serie de artistas que atoparon na performance o seu “xeito de facer arte”, axudando “a sentar as bases” para que esta “comezase a ser considerada como unha ferramenta expresiva mis dentro do contexto da arte en Galicia”. Deste xeito sublia o profesor Carlos Tejo a “importancia capital” que teen as e os artistas formados neste centro hora de abordar a traxectoria e o presente da arte de accin na comunidade, un dos propsitos do novo volume da serie En trnsito, un conxunto de publicacins nas que egresados e egresadas afondan na súa traxectoria e proxectos.

Publicado polo selo de autoedicins da facultade Error es bien, o libro reúne as entrevistas realizadas pola tamén egresada, comisaria e xestora cultural Sara Donoso, coa colaboracin de Carmen Garca Infante, aos titulados e tituladas Gena Bahamonde, Félix Fernndez, Ana Gesto, Amaya Gonzlez Reyes, Mara Marticorena e Berio Molina. Dirixido a coecer os seus “proxectos, procesos, traballos, inquedanzas e incertezas”, como apunta Donoso, cada volume articúlase en torno temtica e a proposta de entrevistas dun docente. Neste caso, Carlos Tejo avogou por un conxunto de artistas cuxa “heteroxeneidade” permite falar "da riqueza da creacin da performance en Galicia agora mesmo”, como destaca. “Esta escolma de entrevistas é moi importante, porque deixa por escrito as reflexins dende o punto de vista da persoa que crea”, engade este docente, que lembra que existen “poucas experiencias similares” ao que propn este libro no contexto galego.

Un “prisma poliédrico” da arte de accin

Co obxectivo de mostrar un “prisma poliédrico” desta arte, o libro permite achegarse diversidade de estratexias e intereses que exemplifican os entrevistados. As, as conexins da performance coa escena contempornea abrdanse na entrevista con Gena Bahamonde, unha doutora en Belas Artes cunha ampla traxectoria como dramaturga e directora escénica, cuxo traballo “cuestiona os estereotipos de sexo, xénero e sexualidade que atravesan os corpos, tratando de reverter os valores hexemnicos para construr novas formas de pensamento dende o respecto a personalidade”, como destaca Donoso. A “experimentacin continua e a exploracin de novas linguaxes”, por outra banda, definen a traxectoria de Félix Fernndez, “un artista que traballa desde o cruzamento entre disciplinas, onde se conectan o vdeo, a música, a danza e a performance”.

Os premios, bolsas e residencias, as como a participacin en exposicins e festivais e performance nacionais e internacionais destaca tamén na traxectoria dos diferentes seleccionados, como é o caso de Ana Gesto, cuxo traballo “implica unha profunda revisin do corpo desde as súas races”, ou da artista visual Amaya Gonzlez Reyes, cunha obra “interdisciplinaria” que levouna a “interrogar o propio sistema da arte”, como apunta Tejo. Por outra banda, o volume indaga tamén nas “constantes creativas” da artista visual, performer e conservadora-restauradora de bens culturais Mara Marticorena, vez que se achega ao traballo do artista, cineasta e investigador predoutoral da facultade Berio Molina, cuxos traballos “indagan nas relacins entre a diverxencia, a linguaxe e a escoita”.

Publicacin anual

Iniciada en 2021 e precedida en 2017 polo volume Antes, durante, despois, a serie En Trnsito est a permitir “xerar un amplo arquivo de entrevistas” a artistas e profesionais formados e influenciados pola facultade, como apunta Donoso. Xunto ao decano, Xosé Manuel Buxn, esta egresada traballa na seguinte entrega da serie, cuxo “enfoque temtico versa sobre a identidade, a sexualidade, o corpo..., desde perspectivas moi diversas”.