DUVI

Diario da 鶹

O seu autor é o historiador do campus de Ourense Julio Prada

Un libro aborda as “memorias” que sobre a Guerra Civil e a represin se foron sucedendo ao longo dos anos

Titúlase 'The battle over the memory and the new account of the Spanish Civil War'

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI Ourense 15/05/2023

The battle over the memory and the new account of the Spanish Civil War é o ttulo do último libro do profesor de Historia Contempornea e decano da Facultade de Historia do campus de Ourense Julio Prada. Nel aborda, froito das súas décadas de traballo investigador e docente, as “memorias” que sobre a Guerra Civil e a represin se foron sucedendo ao longo dos anos e ata a actualidade.

Tres partes diferenciadas

O libro, da editorial Peter Lang, consta de tres partes diferenciadas. Segundo explica o historiador da 鶹, na primeira abrdase a cuestin das diferentes “memorias” que sobre a Guerra Civil e a represin que se foron sucedendo ao longo dos anos, dende os tempos da Guerra Civil ata a aprobacin da nova Lei de Memoria Democrtica, algo que, indica, “naturalmente esixe non eludir a problemtica cuestin da utilizacin poltica da mesma; algo que, con matices, estivo sempre presente dende xullo de 1936 ata os nosos das”.

A segunda parte, detalla o autor do libro, é unha reflexin non sobre as “memorias” en si, senn sobre os “relatos” pasados e actuais sobre a violencia poltica. “Neste senso, penso que a irrupcin da “memoria” e a incorporacin de novas categoras de anlise para o estudo desta última supuxeron unha importante renovacin nos estudos sobre a propia Guerra Civil e o réxime franquista”. Con todo, engade o historiador, “ao meu entender, a obsesin co presentismo caracterstica do tempo da posverdade sitúanos aos historiadores diante de novos e inquietantes retos como consecuencia da perda do noso papel de custodios da interpretacin do pasado. E un deles, por exemplo, ten que ver co uso de conceptos vinculados normalizacin do relato transicional para caracterizar as violencias implementadas nas zonas republicana e franquista”.

Na última parte do libro, ademais de “explorar as complexas relacins entre pasado e presente, pense de manifesto os perigos derivados da tentacin de impoer unha única narrativa pública e unidireccional sobre o pasado”. Neste senso, comenta Julio Prada, “o que se reivindica é un espazo propio na interpretacin historiogrfica menos dependente das perentorias e mudables necesidades do presente e a necesidade de construr un novo relato sobre o pasado traumtico espaol que non implique a súa disolucin no conxunto das diferentes formas de rememoracin cultural tan de moda nos nosos das”.

Un ensaio dun tema complexo

Sobre a idea de facer esta publiccin, o seu autor sinala que “a verdade é que despois de mis de 20 libros de temtica investigadora pura e dura apetecame facer algo diferente ao que en min é habitual: un libro de ensaio que ten moito de reflexin persoal sobre todos eses aspectos abordados”. O historiador sinala que “é evidente que esa reflexin é froito de tres décadas de traballo con todo tipo de fontes e que o que nel se defende susténtase, como non poda ser doutro xeito, nun traballo de investigacin previo. Pero tamén est moi condicionado pola mia propia experiencia como docente no senso de que, ao longo de todo este tempo, tamén fun testemua de como a percepcin do noso pasado traumtico a mudando a medida que alcanzaban a súa maiora de idade social as diferentes cohortes que pasaron polas mias aulas. Ese "combate sobre a memoria" e "pola memoria" é algo moi presente nos nosos das”.

A publicacin The battle over the memory and the new account of the Spanish Civil War, comenta Julio Prada, “é un ensaio no que se abordan problemas complexos e conceptos embarazosos sometidos a discusin mesmo entre os considerados especialistas na materia. Eu dira que, ademais, uns e outros resultan particularmente incmodos porque nas últimas décadas, dende o punto de vista meditico, semella primar mis a confrontacin poltica que un auténtico debate de ideas”. Neste contexto, engade, “dalgún xeito o que se tenta no libro é complexizar o relato simplista que prevalece na actualidade. No complexo mundo das relacins entre seres humanos as cousas non son case nunca brancas ou negras. Nin sequera grises. Case sempre oscilan entre as case infinitas tonalidades do gris”.