DUVI

Diario da 鶹

Os piragüistas Noel e Diego Domnguez iniciaron neste curso os seus estudos na 鶹

Irmns, subcampins do mundo e alumnos do campus de Pontevedra

A campioa de Europa de salvamento Anta Garca comezou Fisioterapia

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Estudantado
  • Deportes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 14/01/2022

O pasado mes de setembro, os irmns Noel e Diego Domnguez lograban na localidade portuguesa de Montemor-o-Velho a súa primeira medalla de prata nun Campionato do Mundo de Piragüismo, o primeiro na proba sub23 de C4 1000 metros e o segundo no C2 mixto desa mesma distancia en categora júnior. Nese mesmo mes, ambos iniciaban tamén unha nova etapa como estudantes da 鶹, Noel no Grao en Direccin e Xestin Pública e Diego no Grao en Publicidade e Relacins Públicas. Desde entn, estes deportistas do CMDC Breogn do Grove compaxinan os estudos coa súa preparacin no Centro Galego de Tecnificacin Deportiva (CGTD), ambos co soo de loitar no futuro por clasificarse para uns Xogos Olmpicos. Por outra banda, neste curso comezaba tamén unha nova etapa no campus pontevedrés a nadadora Anta Garca, que iniciaba o Grao en Fisioterapia no mesmo mes que lograba catro medallas no Campionato de Europa de Salvamento e Socorrismo.

“A verdade é que a carreira estame gustando moito”, recoece Noel Domnguez, de 22 anos, quen recoece que “sempre me quedara un pouco a inquedanza da universidade e coecn esta carreira, que me pareceu interesante de cara a facer algo na administracin pública relacionado co deporte”. Domnguez decantouse as mesmo pola súa modalidade presencial xa que, explica, “gústame vir a clase, anda que adestramos ma e tarde e é complicado compaxinalo”. De feito, a proximidade do campus ao seu lugar de preparacin foi tamén un dos factores que o levou a decantarse por esta titulacin, como o foi tamén para que o seu irmn Diego se matriculase en Publicidade e RRPP. “Pensaba tamén en Administracin e Direccin de Empresas ou nalgo mis relacionado coa economa, pero compaxinalas cos adestramentos a ser moi complicado e pareceume unha carreira que poda encaixar cos meus gustos e a mia personalidade”, sinala este alumno, quen destaca tanto o interese que lle suscitaron as primeiras clases como a propia experiencia como universitario. “Ao final, ns estabamos sempre nun ambiente moi deportivo e coecer xente nova, que ten outra forma de pensar e outras inquedanzas é algo que est bastante ben”, salienta.

Esforzos, logros e soos de futuro

Diego e Noel creceron en Madrid e foi al onde tiveron o seu primeiro contacto co piragüismo, que anos despois traeraos ata Pontevedra. “Meu pai é un tolo dos deportes, descubriu o piragüismo e al fomos ns detrs”, apunta Noel, que en 2018 logrou o bronce no C-2 1000 metros no europeo sub23, ademais da prata no C-1 1000 metros no Campionato de Espaa de categora absoluta e o ouro nesa mesma distancia na competicin sub23, que acadara de novo ao ano seguinte. A estes logros sumou o pasado setembro a súa primeira medalla nun Campionato do Mundo, na canoa que compartiu con Martn Jcome, Pablo Graa, Manuel Fontn, tras a que, das despois, chegara o oitavo posto no C-2 1000 metros no mundial sénior. Pese a “alegra tremenda” que lle supuxo subir o podio con deportistas cos que comparte adestramentos, Noel recoece que “isto é como unha escaleira. Cando vas subindo, non te fixas no de abaixo, s miras cara arriba”. De a que incida en que, anda que “levantarte s oito da maa é irte o ro a remar é algo que me encanta, quizais mis que competir”, o esforzo que supn prepararse para competir ao mis alto nivel fan que os seus obxectivos pasen sempre por "tratar de superarte”. Nesa idea, a meta no horizonte, recoece, é clasificarse para os Xogos Olmpicos. “Ese é o obxectivo co que soas, a grande experiencia que che d o antes e o despois na carreira dun deportista”, sinala.

Como un soo tamén, pero “que de momento est lonxe, porque o nivel é moi alto”, ve os xogos Diego Domnguez, que inicia a súa primeira tempada como sénior despois dun ano no que, ademais da prata que acadou en Portugal xunto con Mara Moreno, logrou proclamarse campin de Espaa júnior nas tres modalidades de competicin en canoa individual, 200, 500 e 1000 metros. Nesta última distancia logrou tamén o sexto posto no europeo e o sétimo no mundial júnior. “A verdade é que foi unha tempada practicamente inmellorable”, recoece este estudante, que afront 2022 “como un ano, sobre todo, de adaptacin categora, no que intentar dar a cara e tratar de ir a competicins internacionais”. Tras iniciarse co piragüismo con seis anos, Diego recoece que foi tempo despois, “cando comezas a ir aos campionatos de Espaa” e tendo tamén a referencia de seu irmn, catro anos maior, cando xurdiu a “motivacin e ambicin de dicir eu tamén quera gaar”. De a que, a da de hoxe, poa o acento en que o obxectivo é “estar pelexando cos mellores”. Ao mesmo tempo, destaca, ao igual que Noel, que unha das súas ilusins coas que afrontan esta tempada é a de competir xuntos en C2, nos campionatos de Espaa.

O reto dos xogos “non olmpicos” para unha campioa de Europa


Ouro en 100 metros manequn aletas, prata en 100 metros socorrista e dous bronces, en 50 metros arrastre de manequn e en relevo de tubo de rescate. Este é o balance co Anta Garca retornaba en setembro do Campionato de Europa de Salvamento e Socorrismo, deporte do que é xa unha referencia internacional na súa modalidade de piscina. Non en van, nos últimos anos acumulou numerosos campionatos e rércods de Espaa, as como medallas en europeos e mundiais, entre elas o ouro en 100 metros manequn que logrou no Campionato do Mundo en 2018, ano no que lograba tamén o récord mundial nesa distancia.

Despois de que unha lesin lle impedise competir no europeo de 2019 e a suspensin do torneo en 2020, Garca Silva recoece a ilusin que lle supuxo “ter a opcin de competir de novo”, poucos das antes de iniciar a súa etapa como estudante de Fisioterapia, tras graduarse, tamén no campus pontevedrés, en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte. “A fisioterapia sempre me chamou moito a atencin”, recoece a alumna e deportista, que explica que este interese que aumentou durante o perodo no que estivo lesionada do ombro, “no que tardei moito en saber que faca un movemento mal”, o que lle causou a rotura dun tendn. “Encantarame vir a todas as clases, pero non podo”, recoece Garca, que compaxina os estudos coa súa preparacin deportiva, na que ten como adestrador ao investigador da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Javier Carballo e que leva a cabo no CGTD. Faino ademais cun obxectivo claro para este 2022: acadar a súa primeira medalla nos World Games que se disputarn nos Estados Unidos. “Son como unhas olimpadas para disciplinas que non estn nos xogos e faime moita ilusin ir”, recoece Garca, que xa participara nestes “xogos non olmpicos” en 2017. “É a medalla que me falta”, engade a deportista do Club Acutico Umia, de Caldas de Reis, co que se iniciou nun deporte “moi dinmico, que cada vez a xente coece mis e no que ademais o ambiente entre compaeiros é moi bo”.