DUVI

Diario da 鶹

No marco do proxecto estatal ReNaturAgri

Investigadores da 鶹 proban con éxito o uso de plantas “trampa” para loitar contra as pragas de nematodos nas patacas

A marxe de beneficio pode duplicarse ao aumentar a producin ata un 21%

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Աپ
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI Ourense 11/07/2024

Desde finais de 2022 un grupo de investigacin multidisciplinar da 鶹 desenvolve o proxecto estatal ReNaturAgri, centrado na loita contra as pragas de nematodos nos cultivos de patacas. Nel avalan o impacto agronmico, ambiental e econmico de substitur os nematicidas sintéticos por estratexias baseadas na natureza. Entre os resultados xa obtidos estn que o uso dunha planta “trampa”, a Solanum sisymbriifolium, pode contribur a duplicar a marxe de beneficios por hectrea dos cultivos aumentando a súa producin ata nun 21%.

O proxecto Reducin de insumos (fertilizantes e pesticidas) e incremento da biodiversidade do solo en cultivo de pataca. Estratexias naturais para a transicin a unha agricultura mis resiliente e sostible (ReNaturAgri) ten un financiamento de 253.000 euros da convocatoria de Proxectos de Transicin Ecolxica e Transicin Dixital, do Ministerio de Ciencia e Innovacin, con fondos NextGenerationEU. Liderado desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense e o Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin da 鶹 por David Fernndez Calvio e Manuel Arias, a proposta ten un marcado carcter multidisciplinar, xa que involucra coecementos e especialistas de varias disciplinas, como a agronoma, a ciencia do solo, a ecoloxa microbiana e a economa ambiental, participando tamén Miguel Rodrguez, do Departamento de Economa Aplicada da 鶹, e Montserrat Daz, do Instituto de Աپs Agrobiolxicas de Galicia (CSIC). O proxecto conta ademais coa colaboracin do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde.

Avaliando o impacto agronmico, ambiental e econmico

A pataca, explican os investigadores da 鶹, é un dos principais cultivos en Europa. En Espaa dedcanse a el mis de 50.000 hectreas e ten unha producin de mis de dous millns de toneladas, sendo en moitas zonas o cultivo principal nas rotacins de cultivos. O sector, apuntan, afronta entre os seus retos avanzar cara unha producin de pataca mis resiliente e sostible. Neste contexto, no proxecto ReNaturAgri, que se prolongar ata 2025, estn a avaliar estratexias baseadas na natureza para a reducin de insumos sintéticos na producin de cultivos de pataca.

Esta avaliacin abrangue diferentes eidos, analizando o impacto das técnicas propostas no cultivo da pataca, sobre o seu rendemento e calidade; no ecosistema (biodiversidade, fertilidade do solo, secuestro de carbono e mitigacin da contaminacin) e tamén nos custos e beneficios para os agricultores, a sociedade e o medio ambiente. “As novas estratexias deben ser economicamente viables para os agricultores e social e ambientalmente aceptables. Este enfoque é esencial xa que as solucins baseadas na natureza s se adoptarn se demostran beneficios claros tanto para os agricultores como para a sociedade”, afirma o equipo investigador.

Introducin da planta trampa no ciclo de cultivos

A parte experimental do proxecto desenvlvese nunha parecela da Limia, zona destacada na producin de pataca, empregando concretamente a variedade de pataca Kennebec. Os sistemas baseados na natureza probados contra os nematodos (unha especie de verme microscpico) ao longo destes meses foron varios: o uso da citada planta trampa, que “engana” ao nematodo e provoca a súa morte; dun bioestimulante microbiano para incrementar a resistencia da pataca e dun extracto de planta (concretamente mostaza) para impedir que o nematodo se poida desenvolver. Os resultados acadados ata o de agora, indica o equipo investigador, “son moi bos”. Concretamente, sublian que “a técnica de substitur os nematicidas sintéticos por plantas trampa (Solanum sisymbriifolium) diminúe de forma moi importante esta praga e favorece que se incremente a producin da pataca”. A cita trampa, detalla David Fernndez, “é do mesmo xénero que a pataca, é unha solancea, e cando se desenvolve os nematodos pensan que son patacas, porque emiten sinais qumicos similares, saen dos quistes, van alimentarse, non teen de que alimentarse e polo tanto morren”. No sistema probado, aplicando a rotacin de cultivos, tras o ciclo da planta trampa e a morte de nematodos, esta entérrase no solo e, uns meses despois, no mesmo terreo plntase nel xa a pataca.  

Se no sistema convencional utilizando nematicidas a marxe bruta por hectrea é de arredor de 2800 euros, empregando a planta trampa esta cifra ascende a 5700 euros. Ademais engaden que se d un incremento de ata o 21% da producin de pataca. A isto habera que engadir os beneficios ambientais, anda non calculados no proxecto. “Esta opcin est demostrando ser moi eficiente”, apuntan os investigadores da 鶹.