Nunha charla celebrada este xoves no campus
Investigadoras da 鶹 de diferentes xeracins dialogan sobre igualdade e saúde mental no seu colectivo
Participaron Ana Gil, Andrea Mourio, Nieves Lorenzo e Mara Lameiras
Dentro da programacin da 鶹 co gallo do Da Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o 11 F, este xoves o campus de Ourense acolleu a celebracin dunha Charla interxeracional. Investigacin e saúde mental. Nela catro investigadoras da 鶹 en diferentes etapas da súa carreira profesional (Ana Gil, Andrea Mourio, Nieves Lorenzo e Mara Lameiras) compartiron as súas experiencias como mulleres na ciencia; analizaron as dificultades que atoparon para desenvolver a súa carreira cientfica, como o teito de cristal ou a fenda de coidados, e falaron sobre benestar psicolxico.
A iniciativa forma parte do proxecto Ciencia de Ida e Volta, da Unidade de Cultura Cientfica e da Innovacin da 鶹, que conta coa colaboracin da Fundacin Espaola para la Ciencia y la Tecnologa (Fecyt) do Ministerio de Ciencia, Innovacin e Universidades. Foi presentada por Francisco Javier Rodrguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, e Isabel Mocio, decana da Facultade de Educacin e Traballo Social; moderada por Yolanda Rodrguez, directora da Unidade de Igualdade da 鶹, e contou coa asistencia de Mnica Valderrama, vicerreitora de Comunicacin e Relacins Institucionais.
Na charla, organizada pola Unidade de Cultura Cientfica en colaboracin coa Unidade de Igualdade, participaron Ana Gil, fisioterapeuta especializada no tratamento e manexo da dor e fundadora e CEO de Rebuilt Method que actualmente est realizando a súa tese de doutoramento sobre os efectos da exposicin forestal no sistema nervioso autnomo. Tamén estivo Andrea Mourio, arqueloga e historiadora cuxa investigacin é pioneira no estudo das narrativas de xénero na Prehistoria e a súa transferencia, centrando a súa tese na anlise desde a perspectiva de xénero dos discursos de difusin do patrimonio arqueolxico no Noroeste Peninsular. Cunha traxectoria mis dilatada estiveron Nieves Lorenzo, catedrtica de Fsica da Terra; directora da Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo e tamén unha das coordinadoras da iniciativa divulgativa eXXperimenta en Feminino. Completou o panel Mara Lameiras, catedrtica de Personalidade, Avaliacin e Tratamento Psicolxico e investigadora principal do grupo Saúde, Sexualidade e Xénero.
Enfoque académico para o cambio social
Este ano, comentou Yolanda Rodrguez, a iniciativa nacional do 11F centrou o seu foco na saúde mental das mulleres STEM. “Estudos recentes demostran que as mulleres que traballan nestes campos enfrntanse a maior ansiedade e estrés debido falta de representacin, presin por demostrar o que valen e a carga adicional de responsabilidades familiares”, afirmou. As mulleres que se dedican investigacin, lembrouse na charla, “adoitan atoparse en contornas predominantemente masculinas, o que lles pode xerar sentimentos de illamento e presin”. Segundo algúns estudos, engadiuse, “as mulleres nestes campos teen uns niveis mis altos de ansiedade e estrés en comparacin cos seus colegas masculinos” e “moitas mulleres STEM tamén seguen sendo responsables das tarefas do fogar e coidado dos nenos e nenas, o que pode levar a un esgotamento significativo”. Este fenmeno, coecido como dobre carga, detallaron, “pode impactar negativamente na saúde mental e no seu rendemento profesional”.
Neste contexto, a charla celebrada este xoves quixo “darlle visibilidade a estas problemticas e pr enriba da mesa algunhas solucins”. A saúde mental, subliaron desde a súa organizacin, é un aspecto crtico que “merece atencin e accin”, buscando contribur con esta actividade a crear unha contorna mis equitativa e saudable e reducir a fenda de xénero desde e na Universidade. Igualmente a iniciativa quixo darlle visibilidade a referentes femininos da comunidade universitaria, destacando as contribucins das mulleres investigadoras da 鶹 sociedade. “Un cambio social tamén require un enfoque académico comprometido”, apuntaron.
