DUVI

Diario da 鶹

A obra ‘Desnudo, juego de bolos’, da alumna Mar Ramn, foi galardoada no Xuventude Crea

Da inocencia do xogo fraxilidade humana

A peza escultrica obtivo o segundo premio na categora de artes plsticas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 23/11/2020

Un xogo de bolos construdos con cermica, que fan referencia idea de xogo, “ etapa inocente das nosas vidas”, pero tamén “fraxilidade” que transmite o material, constitúen a base da obra coa que a alumna de doutoramento da Facultade de Belas Artes Mar Ramn acadou o segundo premio na modalidade de artes plsticas do certame , promovido pola Xunta de Galicia. “Os premios sempre son unha alegra e unha motivacin”, salienta Ramn Soriano, investigadora do grupo Prace, da seleccin da súa peza como unha das premiadas nun certame ao que se presentaron 61 obras pictricas e escultricas.

Desnudo. juego de bolos é o ttulo desta peza que, como explica a artista e investigadora, forma parte dunha serie de esculturas conformadas por “xogos inservibles e inútiles, xogos aos que se lle arrebatou a súa funcin de entreter ao cambiar a natureza do material co que estn construdos”. Oacerto, o erroe tamén a fraxilidade son algunhas das cuestins que busca suscitar unha obra que, como lembra Ramn, “rompera en anacos” no caso de ser utilizada como xogo. De feito, a obra pola que foi seleccionada polo xurado dun certame dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anosforma parte súa vez dun “proxecto mis amplo”, ao que deu o ttulo Esa mujer, de Monica Lewinsky al porno de venganza. Neste proxecto, a artista buscaba afondar na idea da “sexualidade como arma de humillacin feminina”, a través dunha serie de obras, entre as que se atopa a premiada,na que os bolos preséntanse como unharepresentacin dos corpos. “Paréceme que a dicotoma dureza-fraxilidade que achega o barro é extrapolable psique humana. Podemos parecer resistentes e duros, pero se xogan con ns, acabamos quebrndonos”, conclúe Ramn.

O seu terceiro premio neste certame

A obra pola que resultou gaadora deste segundo premio, cunha dotacin econmica de 1500 euros, formou parte nas últimas semanas da , reuniu as 32 obras finalistas do Xuventude Crea nas modalidades de artes plsticas e fotografa, nas que tamén foron premiadas as egresadas da Facultade de Belas Artes Sara Pieiro e Eva Antelo. No mes de decembro ter lugar o acto de entrega de premios aos gaadores e gaadoras das 14 modalidades deste certame promovido pola Consellera de Poltica Social, no que Ramn Soriano resultou galardoada neste 2020 por terceira vez, despois de ser unha das gaadoras do terceiro premio o pasado ano e despois do segundo premio que acadou en 2016.