DUVI

Diario da 鶹

IMJC é unha publicacin centrada nas investigacins de carcter interdisciplinario

Innovacin educativa e intelixencia artificial centran o novo número da revista cientfica do Campus Crea 

Reúne estudos de investigadores de cinco universidades espaolas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • ʳܲԲ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 28/04/2026

Impulsada polo Campus Crea, coa finalidade de contribur divulgacin de investigacins de carcter interdisciplinario, a innovacin educativa e a intelixencia artificial constitúen os dous eixes centrais do (IMJC). Esta revista cientfica en formato electrnico reúne neste volume sete artigos asinados por investigadores de cinco universidades espaolas, que afondan en cuestins como o uso da intelixencia artificial xerativa na docencia, no desenvolvemento de proxectos de aprendizaxe-servizo ou nas limitacins do regulamento de intelixencia artificial da Unin Europea para limitar a “manipulacin algortmica”.

Nacida coa finalidade de conectar diversas disciplinas e de contribur divulgacin cientfica desde unha perspectiva interdisciplinaria, IMJC é unha publicacin de acceso aberto, includa no e definida polo seu “horizonte multidisciplinar”, como destaca o seu editor xefe, o profesor do Departamento de Historia, Arte e Xeografa Luis Velasco. O seu propsito é “ser un foco de recepcin de propostas interdisciplinarias e transdisciplinarias sobre a idea da creatividade”, dentro do que, recoece, estn a gaar protagonismo “as propostas de artigos relacionados, sobre todo, coa creatividade centrada na innovacin educativa”. As se ve reflectido nos artigos seleccionados para o quinto número desta publicacin anual, no que outros dos estudos céntranse nas aplicacins e implicacins da intelixencia artificial. Como recoece Velasco, esta tecnoloxa constitúe un foco de anlise “que nin sequera estaba no horizonte” cando se creou esta revista “e que agora constitúe un reto moi interesante para a propia nocin de creatividade”. 

Intelixencia artificial nas aulas

Entre as propostas seleccionadas para este número atpase o artigo que o profesor do Departamento de Socioloxa, Ciencia Poltica e da Administracin e Filosofa da 鶹 Serxio Mara Rodrguez presenta os resultados dunha experiencia de innovacin docente desenvolvida no Grao en Traballo Social. Esta, como recolle a publicacin, baseouse na integracin da intelixencia artificial xerativa en seminarios centrados na aplicacin dos “paradigmas da decisin pública a problemas reais de poltica social”. Outro dos traballos, asinado por Pedro Carrasco, profesor do Centro Universitario da Defensa (CUD), aborda unha proposta de innovacin docente baseada no uso de intelixencia artificial e da anlise de datos nunha materia centrada na construcin naval.

A intelixencia artificial é ademais o eixe do artigo presentado polo investigador da Universitat Pompeu Fabra Luis Maurin, quen examina a capacidade do regulamento de intelixencia artificial da Unin Europea, pondo de relevo as súas limitacins “para abordar as prcticas de manipulacin algortmica”, segundo recolle o seu artigo.

Carlos Navarro e Jonathan Jacobo Bar, das universidades de Valencia e Complutense de Madrid, presentan un estudo sobre as actividades formativas e divulgativas da Asociacin Histrico-Cultural de Estudos Musicais Napolenicos, desenvolvidas coa metodoloxa de aprendizaxe-servizo e centradas na difusin da Guerra da Independencia Espaola. Tamén da Complutense, Ignacio Ruiz e Jesús Barreal asinan un traballo sobre o uso das tecnoloxas da informacin por parte do persoal docente do Grao en Turismo desta universidade, mentres que o investigador da UNED Manuel Martnez presenta un artigo no que avoga polo “método conceptual” na transmisin de contidos de ciencia poltica, explorando as posibilidades de innovacin educativa baseadas neste enfoque. A publicacin péchase cun artigo no que Manuel Sobaler e Jorge Prada, da Complutense, presentan unha proposta didctica baseada nos “xogos da fortificacin”, unha ferramenta educativa empregada na Espaa da Ilustracin para a formacin militar na mocidade nobiliaria. 

Crecemento e internacionalizacin

Con Velasco como editor xefe e o profesor Vicente Romo como adxunto ao editor xefe, a revista cientfica do Campus Crea forma parte das bases de datos Dialnet, Dialnet Métricas, ERIH Plus, Dulcinea e MIAR e conta desde o pasado número cun DOI, “que permite que sexa unha revista que poida presentarse como mérito” por parte do persoal docente e investigador, explica Velasco. Nese senso, un dos obxectivos a futuro dos responsables desta publicacin é tratar de “entrar nalgún ndice de calidade importante, como pode ser o SJR ou, mis a longo prazo, o JRC”. Mais a curto prazo, o principal reto do seu consello editorial, apunta Velasco, é contribur “a que a revista sexa coecida e ampliar a recepcin de orixinais”, as como tratar de que estes provean de investigadores e investigadores de diferentes pases, favorecendo unha maior internacionalizacin da revista.