DUVI

Diario da 鶹

Krishna Kant incorporouse este ano Universidade cun prestixioso contrato Marie S. Curie

Da India a Vigo para desenvolver unha nova técnica non invasora de deteccin precoz de cancro de pulmn

A investigacin conta cun orzamento de preto de 200.000 euros e lévase a cabo no CINBIO

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • پܱ
  • ú
  • Աپ
D. Besado DUVI 16/07/2021

No , dirixido pola investigadora Isabel Pastoriza Santos, estn habituados a recibir investigadoras e investigadores de todo o mundo que realizan aqu as súas estancias de pre e pos doutoramento, pero esta é a primeira vez que reciben a un investigador gaador dun contrato Marie Sklodowska-Curie Individual Fellowship (MSCA-IF), un dos contratos de posdoutoramento mis prestixiosos que concede a Comisin Europea. Natural da India e tras pasar polo Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxa, Krishna Kant chegou ao Centro de Աپs Biomédicas, Cinbio, como investigador principal do proxecto Mi-Scan, un traballo no que busca desenvolver unha nova técnica non invasiva de deteccin precoz de cancro de pulmn, para o que necesitaba un grupo de acollida experto en nanomateriais plasmnicos e deteccin SERS, polo que non dubidou en contactar con este equipo vigués e coa doutora Maria Teresa Curiel do hospital HM La Esperanza de Santiago de Compostela, experta en cancro de pulmn que tamén apoia e participa neste proxecto.

Con 173.000 euros de orzamento e 24 meses de duracin, Krishna Kant explica que, se todo sae como se agarda, o proxecto Mi-Scan presenta unha “nova e prometedora oportunidade” de detectar o cancro de pulmn nunha fase moi inicial da enfermidade, sen usar ningún tipo de técnica invasora, e valéndose dunha simple mostra de esputo. “Cando o dispositivo estea totalmente desenvolvido haber a posibilidade de inclulo nos cribados regulares de saúde, cada seis meses ou un ano, tanto para persoas fumadoras como non fumadoras”, recalca o investigador.

O novo dispositivo podera inclurse nos cribados regulares de saúde

A da de hoxe o cancro de pulmn representa a maiora das mortes relacionadas co cancro no mundo. Segundo explica o investigador, os cancros de pulmn clasifcanse en dous tipos: dunha banda, o cancro de pulmn de células pequenas (SCLC), de carcter moi agresivo, xa que non é posible detectalo en etapas iniciais, polo que o diagnstico é tardo e a esperanza de vida curta; e, da outra, o denominado cancro de pulmn de células non pequenas (NSCLC) menos agresivo e que se pode diagnosticar en etapas iniciais. “Con este proxecto queremos mellorar a deteccin non invasora desta doenza en fase inicial (I, II) e para iso imos empregar biomarcadores de miRNA, pequenos ARNs que participan activamente na regulacin da expresin xénica”, explica Kant.

A idea é desenvolver un dispositivo de microfludica que empregue sondas de miARN combinadas con nanopartculas de ouro para dirixirse a biomarcadores de miARN presentes nas células cancerosas de pulmn. Aplcase unha metodoloxa de deteccin de dispersin Raman mellorada en superficie (SERS) para lograr unha deteccin sensible. Este biosensor funciona con mostras de esputo non invasoras de pacientes, superando as laboriosas e molestas metodoloxas usadas habitualmente para o diagnstico de cancro de pulmn.

“Ata o de agora a deteccin precoz do cancro de pulmn usando unha mostra non invasiva (miRNA de esputo por PCR) est limitada pola súa selectividade e sensibilidade (85-90%), que est por baixo do requirimento clnico (por riba do 95%)”, explica o investigador, ao que engade que, non obstante, espérase que un estreito sinal de espectroscopia SERS con sensibilidade de nivel molecular único logre unha deteccin múltiple de alta calidade dun panel de biomarcadores de miRNA para cumprir o requisito clnico do sistema de punto de atencin (PoC). “Se todo vai segundo o agardado, brese a posibilidade de realizar un diagnstico de precisin nas fases I e II desta enfermidade, diagnstico que se levar a cabo cun dispositivo PoC Mi-Scan que, unha vez creado podera inclurse nos cribados regulares de saúde”, recalca o responsable da investigacin.

Un proxecto multidisciplinar que une o mbito sanitario e o industrial

A multidisciplinariedade do proxecto pode observase de xeito claro na cantidade de colaboradores, de diferente tipo, cos que conta. Dunha banda, a doutora Maria Teresa Curiel e o seu equipo proporcionarn instalacins clnicas e mostras de pacientes para a conclusin e validacin exitosa do prototipo e, da outra, a start-up portuguesa de tecnoloxa médica CRIAM, con sede en Braga, ser a encargada de desenvolver o sistema de prototipos capaces de facer lecturas automticas para ensaios clnicos e da súa producin a escala industrial. “Ademais tamén vai colaborar con ns o grupo de Bioloxa Sinténtica do Cinbio, dirixido polo profesor Gustavo Bodeln, pois contan con moita experiencia no campo da biosensibilizacin con deteccin SERS”, engade Kant.

O calendario de traballo previsto iniciouse realizando a seleccin dos mellores biomarcadores de miARN de panel para a identificacin do cancro de pulmn na fase inicial. O seguinte paso ser o desenvolvemento dun chip de microfludica para permitir a deteccin multiplexada de biomarcadores de miRNA obxectivo en esputo mediante deteccin SERS. Unha vez desenvolto o chip haber que integralo cun sistema porttil e optimizar a deteccin de miRNA en comparacin co sistema de deteccin a escala de laboratorio. O último paso ser a fase de validacin, tanto do prototipo como da metodoloxa de estratificacin do paciente en fase inicial.

Especialista en nano-biotecnoloxa

Doutor en nano-biotecnoloxa pola Universidade de Flinders, en Adelaide, Australia do Sur, este investigador ten realizado numerosas contribucins ao campo da biodeteccin, sobre todo en todo aquilo que implica fabricacin de dispositivos de microfludica, membranas nanoporosas e a súa aplicacin na entrega de medicamentos, as como en diferentes aspectos que teen que ver coa separacin, sntese de modelos e aplicacin de recoecemento de biomoléculas insertas en chips. Na actualidade a súa investigacin ubcase no campo interdisciplinar dos sistemas de microfludica avanzados e da biosensibilizacin.