Nestes anos titorizronse mis dun cento de ideas de negocio, moitas delas xa consolidadas
Incuvi cumpre dez anos fomentando o emprendemento entre o alumnado universitario
O programa acaba de lanzar unha nova convocatoria de Incuvi Emprende, Avanza e Consolida
Naceu en plena crise econmica como unha aposta de futuro pola xuventude emprendedora e, dende entn, o programa Incuvi leva titorizado centos de ideas de negocio, algunhas xa consolidadas como proxectos empresariais e outras que, anda tendo quedado polo camio, lle serviron aos seus impulsores e impulsoras para reformular as súas propostas e aprender que o ensaio-error forma parte do camio do emprendemento.
O programa Incuvi cumpre dez anos e faino lanzando unha nova convocatoria: a décima de Incuvi Emprende, o xerme de todo o proxecto emprendedor da 鶹, concibido para as ideas en fase de preincubacin; a VI de Incuvi Avanza, centrado xa na aceleracin de proxectos emprendedores, e a II de Incuvi Consolida, dirixida consolidacin das iniciativas empresariais mis viables. “Este ano cúmprense dez anos da primeira convocatoria, dez anos de percorrido a través dos cales o programa foi evolucionando e, en certo modo, adaptndose”, explica a profesora Maruxa Álvarez, actual directora da Área de Emprego e Emprendemento da 鶹, quen lembra o importante papel que tiveron no impulso deste proxecto os seus predecesores no cargo –José Ignacio Armesto e Alejandro Martnez- e, xunto con eles, os vicerreitores José Antonio Viln, Dolores Álvarez e, agora, Natalia Caparrini.
Nesta década os exemplos de iniciativas empresariais que xa estn en funcionamento no mercado e que tiveron o seu primeiro xermolo en Incuvi, son xa múltiples. Carrick Bracelets, especializada na venda por internet de produtos naúticos, sobre todo pulseras; Frankie the King, empresa de alimentacin canina pioneira en Espaa; Monet Viticultura, control dos viedos desde internet; Ouvir, servizos educativos; Galejobs, consultora de capital humano... son s algúns destes exemplos.
Un proxecto alimentado por múltiples colaboradores
A pre-incubadora Incuvi xurdiu en 2011 da sensibilidade da Universidade, de Cidade Universitaria e da Fundacin 鶹 para dar acubillo s persoas que queran iniciar novos proxectos empresariais e, xunto con estas tres entidades, apoiaron o proxecto Novacaixagalicia, Banco Santander, PSA Peugeot Citroën, AJE Galicia, Asimee o Consorcio da Zona Franca de Vigo. A primeira convocatoria dos Premios Incuvi-Emprende lanzouse en novembro de 2011 e nela ofrecase un espazo protexido, con asesoramento e toda a axuda precisa para dar os primeiros pasos.
“En todos estes anos Incuvi alimentouse de moitos colaboradores. Por exemplo, a formacin desa primeira promocin ofrecérona totalmente de balde Roberto Pérez e Juan José Romero, que por esa época se consolidaron como Suma Importancia”, destaca Álvarez, resaltando “eses inicios cargados de ilusin”. Nese momento a maiora dos proxectos tian que ver con servizos, moitos deles dixitais, “simplemente porque habitualmente o grao de investimento que requiren é sensiblemente menor e o financiamento das primeiras etapas sempre foi un obstculo para o emprendemento”, explica Roberto Pérez, de Suma Importancia, ao que engade que cando eles comezaron a falar de Lean Starp Up, Design Thinking, metodoloxas Agile... era todo algo totalmente novo e hoxe son un estndar imprescindible en calquera contorna emprendedora.
Tras eles incorporronse ao proxecto o equipo de BluBusiness e, en 2020, a Fundacin Ronsel. “En Incuvi Emprende a clave son as persoas e, ao tratarse de proxectos en fase semente, moitos deles pre-semente, o importante é que non se aferren súa idea inicial e permitan que evolucione a medida que reciben informacin”, explica Luis Garca, director da Fundacin Ronsel, ao tempo que fai fincapé en que si se avala a progresin das persoas participantes nesta formacin a resposta é que “estn mis preparadas, con mis recursos e confianza para facer o que se propoan”. Neste senso engade que, algunhas das alumnas e alumnos que participaron no programa en 2020 lideran xa os seus proxectos, outras farano en breve e varias abandonaranos, “algo lxico e natural, pero o que agardamos é que todas elas sigan mantendo a súa actitude emprendedora”.
A pandemia puxo a proba a capacidade de adaptacin do programa
Un dos momentos mis difciles na historia do programa foi a pandemia, intre no que se puxo a proba a capacidade de adaptacin e traballo en escenarios incertos, tanto das persoas participantes como das entidades organizadoras. Houbo que reformular o programa propondo un escenario mixto, presencial/virtual, ademais de adaptable en funcin das posibles limitacins. “Ter que adaptarse s circunstancias, tomar decisins e aceptar a opinin do grupo foi un pequeno reto que superaron con creces e comprobar que o presencial a gaando terreo supuxo un plus de enerxa”, recalca o responsable da Fundacin Ronsel.
No caso de Incuvi Avanza, ao ser proxectos que durante o programa executaron as accins de validacin e anlise da existencia dunha demanda real do mercado, “a pandemia limitounos de forma importante na execucin destas tarefas”, destaca o formador Javi Pardo, de BluBusiness Innovation, ao que engade para Incuvi Consolida, no que se atopaba o proxecto da consultora Somos Terra, a pandemia tamén lles afectou negativamente “ao estar anda en fase de captacin de clientes”.
Novas solicitudes ata o 26 de outubro
O programa acaba de lanzar unha nova convocatoria nas súas tres modalidades -, e - e as persoas interesadas en participar nalgunha delas teen de prazo para facelo ata o vindeiro martes 26 de outubro. Ao igual que na anterior edicin convcanse 12 prazas para Incuvi Emprende, catro Incuvi Avanza e un Incuvi Consolida.
En Incuvi Emprende a axuda consiste na formacin e titorizacin do equipo emprendedor durante un perodo de preincubacin de 7 meses, con accins encamiadas a elaborar un modelo de negocio das ideas presentadas; en Incuvi Avanza, as axudas van dirixidas a contribur aceleracin de proxectos co fin de que poidan validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado e, en Incuvi Consolida, concederase unha axuda para proxectos emprendedores previamente beneficiarios do programa Incuvi Avanza.
“O ano pasado participaron un total de 17 programas e este ano agardamos volver a cubrir todas as prazas, de feito pensamos que a demanda vai aumentar, entre outras cousas porque estamos a potenciar a campaa de difusin”, salienta a directora da Área de Emprego e Emprendemento.
