Inauguracin Quixotas
As diferentes escolas e facultades da 鶹 comezan a quentar motores para a celebracin do 8M, o Da Internacional da Muller, e desde a Facultade de Filoloxa e Traducin, primeiro centro da 鶹 en acadar o Distintivo de Igualdade, quixeron xa celebrar este mércores unha iniciativa que serve de prtico aos diferentes actos que se levarn a cabo ao longo da vindeira semana. Falamos da inauguracin da exposicin Universo Quixotas, un proxecto que achega ao público múltiples variantes do mito literario de don Quixote protagonizadas por mulleres.
Promovida polo profesor José Montero Reguera, decano da facultade, no marco das actividades que est a desenvolver dentro do grupo de investigacin Ediciones y estudios de literatura espaola, e-LITE, e o Instituto de Investigacin iLingua da 鶹, a mostra poder visitarse ata finais de abril e complétase cunha exposicin bibliogrfica na biblioteca do centro, organizada coa colaboracin do seu persoal, tal e como explicou Montero Reguera no acto inaugural.
Acompaado pola directora da Unidade de Igualdade, Yolanda Rodrguez Castro, e as profesoras Montserrat Ribao Pereira, investigadora principal do grupo e-LITE; e Elena Snchez Trigo, membro garante do Instituto de Investigacin iLingua, José Montero foi o encargado de achegar s persoas asistentes os detalles do proxecto.
Sete grandes paneis nos que elas son as protagonistas
Instalada no vestbulo do pavilln central da facultade e composta por sete grandes paneis a dobre cara, a exposicin nace da confluencia de diferentes lias de traballo arredor de dous conceptos clave: a rescritura —textos reinterpretados e reutilizados en datas posteriores súa creacin— e o transnacional, entendido como “a necesidade de superar lindes polticas, xeogrficas e nacionais para interpretar de maneira mis axeitada fenmenos derivados do concepto previo, é decir, da reescritura”, explicou Montero. Un exemplo paradigmtico desta dobre perspectiva é o Don Quijote de la Mancha de Miguel de Cervantes, obra que, catro séculos despois da súa publicacin, continúa demostrando, baixo o seu punto de vista, unha infinita capacidade de rexeneracin.
Entre as heronas quixotescas dos tres últimos séculos destacan personaxes como Arabella —protagonista de The Female Quixote, de Charlotte Lennox—, as como Pamela, Juliette, Tula, Leocadia, Isidora, Tristana ou Dorcasinda. A diversidade e riqueza dos textos seleccionados inclúe algunhas das obras mis relevantes da historia da novela europea.
Un dos fitos recentes que alimentan esta investigacin é a participacin de Montero Reguera no proxecto Biblioteca del Quijote Transnacional, con sede principal na Universidad de Salamanca. No marco desta iniciativa preparouse a edicin da primeira traducin ao casteln de The Female Quixote, realizada en 1808 por Bernardo Mara Calzada a partir dunha versin francesa —e non do orixinal inglés—, exemplo elocuente de como as obras circulan, se transforman e adquiren novos significados ao atravesar linguas e espazos culturais.
Personaxes construdas imaxe e semellanza do cabaleiro manchego
A mostra sublia tamén a relevancia das protagonistas femininas na evolucin da novela europea. Personaxes como Ana Ozores, Emma Bovary, Isidora Rufete ou Amparo exemplifican o trnsito cara a relatos onde as figuras masculinas ceden protagonismo s mulleres, abrindo novas vas de interpretacin do legado cervantino. Neste sentido, reivindcase unha lia pouco salientada ata datas recentes: a capacidade de Cervantes non s para influr en autores como Galds ou Pardo Bazn, senn para inspirar auténticas “quixotas”, personaxes femininas construdas imaxe e semellanza do cabaleiro manchego, como acontece en La Tribuna de Emilia Pardo Bazn.
Ademais da exposicin, desenvolverase un ciclo de conversas ao longo dos meses de abril, maio, setembro e outubro, que deu comezo o pasado 27 de xaneiro cunha conferencia de Javier Pardo sobre teora e prctica do quixotismo feminino.
Importancia de desmontar estereotipos
“Co seu carcter sintético e visual, a exposicin pretende servir como medio de difusin e divulgacin dun mbito de investigacin de grande relevancia que, malia a súa importancia, non sempre é suficientemente coecido fra do mbito académico”, explicou Montero Reguera, ao que Yolanda Rodrguez, responsable da Unidade de Igualdade, engadiu que nos “recorda que cada xeracin precisa as súas propias interpretacins dos mitos, é que mirar ao pasado con ollos crticos é unha maneira poderosa de transformar o presente”. Nesta lia, apuntou tamén como “a cultura e a literatura son espazos privilexiados para pensar a igualdade, desmontar estereotipos e abrir novos horizontes de significado”.
