O profesor Alberto Ruiz de Samaniego centra nesta temtica o seu libro ‘Hombres y Dios’
Imaxes artsticas e literarias que sitúan o ser humano fronte “ transcendencia”
No volume afonda en como esta idea se plasmou na arte e na literatura ou en mitos e lendas
A idea dun “ser humano que se enfronta transcendencia ou ao absoluto, desde a mis radical soidade” constitúe o nexo de unin dos catro ensaios que o profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego reúne no seu novo libro Hombres y Dios. Escenas de noche y misterio. Publicado por Shangrila, o docente e crtico cultural afonda neste volume na pintura do artista barroco Georges de La Tour e nas referencias a “durmintes extticos” que poden atoparse en múltiples culturas. Ao mesmo tempo, reflexiona sobre as representacins artsticas da morte de deus, vez que aborda o que acontece tras “o derrubamento” dun ser humano, partindo das escenas que representan as bgoas de San Pedro.
“Os catro ensaios deste libro percorren a emocin de ser un suxeito ao bordo de si mesmo, en vésperas, como quen di, do absoluto”, apunta Ruiz de Samaniego no texto de presentacin deste volume. Nel, a reflexin ten como punto de partida un conxunto de imaxes artsticas ou literarias que plasman “escenas que, a través do éxtase, dos soos e do onrico ou do esvaemento e a fraxilidade, sitúan ao individuo ante a transcendencia, xa sexa na pintura ou nos mitos e lendas”.
Da soidade da noite ao “derrubamento” do individuo
Ruiz de Samaniego dedica o primeiro dos ensaios ao artista francés Georges de La Tour, “un pintor extraordinario, cunha gran profundidade e plasticidade” e que representa “maxistralmente” en moitas das súas obras esa idea do “suxeito en véspera do absoluto”. Ademais de analizar a evolucin pictrica deste artista do Barroco, o autor pon o foco nos seus “cadros de escenas nocturnas, nas que ves un individuo en extrema soidade no mis profundo da noite, s na busca do sentido esencial da vida, espera de que advea a transcendencia”.
De reflexionar sobre ese instante de “incerteza”, pasa, no seguinte ensaio, a reflexionar sobre o que acontece co individuo no momento de “mximo derrubamento”. Para iso toma como punto de partida unha “unha escena moi poética” representada en numerosas obras de arte, a de San Pedro chorando tras negar coecer a Xesús. Ruiz de Samaniego detense nese “momento de mxima soidade e derrubamento” que vive ao ser consciente de “traizoou o seu deus” e tras o que “se converte en fundador da Igrexa”. Un momento que o docente conecta cunha das súas “obsesins”, a de que “o sentido s xorde da catstrofe ou do derrubamento do sentido mesmo”, como sinala. “Esa experiencia de crise é tamén ao meu xuzo a experiencia poética”, engade.
Conectado tamén con esa idea do “derrubamento do sentido”, o terceiro captulo céntrase “na morte de deus, tanto na súa manifestacin filosfica como na súa representacin artstica”. Este ensaio, explica, céntrase nas representacins pictricas e, fundamentalmente, escultricas de Xesús crucificado, mais achégase tamén “a textos do primeiro Romanticismo alemn, nos que, a través de figuras literarias moi potentes, decrétase por primeira vez a morte de deus”, o que súa vez “fixa o inicio do nihilismo”.
O volume péchase cun ensaio centrado nos “durmintes extticos”, individuos que quedan durmidos durante das ou anos para logo retornar a un mundo que cambiou, unha figura presente “en diferentes épocas e distribuda en moi diversas culturas”. Desde lenda de San Ero da Armenteira, dos primeiros monxes da orde da Cartuxa, pasando polo filsofo grego Hermtimo de Clazmenas, o docente analiza neste captulo múltiples casos de “durmintes que estiveron en contacto co transcendente” e como isto “produce unha transformacin no individuo” cando retorna a “a un mundo que xa non é o deles”.
