DUVI

Diario da 鶹

Reúne ata o 20 de febreiro as creacins de nove estudantes de Belas Artes

As identidades centran a nova exposicin da sala O Abrigo

Coordinada polo colectivo Refugallo, que realizou tamén un proxecto de comisariado de murais

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 08/02/2024

As reflexins do alumnado de Belas Artes sobre a identidade, o corpo e as orixes, mais tamén sobre a memoria, a familia e o descoecido conflúen na nova exposicin que nestas semanas acolle a sala O Abrigo, a antiga cafetara da facultade. Ata o martes 20 poder visitarse neste espazo a mostra Identidades, que reúne os traballos de nove estudantes e que foi coordinada pola agrupacin artstica Refugallo, integrada tamén por alumnado da facultade, que nas últimas semanas impulsaba as mesmo un proxecto de comisariado e creacin de murais en diferentes puntos de Galicia.

Nunha mostra na que “predominan o papel e o téxtil como soporte expresivo”, as como o traballo coa fotografa, a serigrafa ou a subilmacin, reúnense as creacins de Alba Pino Gregores, Ana de Juana, Blanca Castro Ponce, Laura David Cividanes, Luisa Capern, Marta Potter, Mnica Lago, Taro e Xoana Abraira, todos alumnos e alumnas de último curso do Grao en Belas Artes. “A mostra traza un percorrido dende o retrato ata o lugar, dende a propia identidade ata o rexistro desta na paisaxe”, sinalan desde Refugallo respecto dunha mostra na que as obras destes nove artistas e estudantes propoen “un percorrido” arredor da “autopercepcin, o corpo, o fogar e a memoria”, que parte da identidade propia para logo reflexionar tamén “sobre a familia e incluso sobre o descoecido das identidades alleas”. Deste xeito “créase unha dinmica que transiciona dende o retrato e o autorretrato ata a arquitectura e o descoecido”, engaden as coordinadoras desta mostra.

‘Pequena Ruta de Murais’

Despois de que os procedementos abertos para adxudicacin do servizo de cafetara da facultade quedasen desertos, desde o Decanato acometeuse o pasado curso un acondicionamento deste espazo para convertelo nunha sala na que organizar exposicins ou talleres. Boa parte das iniciativas levadas a cabo no Abrigo foron coordinadas por Refugallo, unha agrupacin de alumnos e alumnas nacida en 2020 que nas últimas semanas sumaba s súas diferentes iniciativas o proxecto Pequena Ruta de Murais. Nel, as súas integrantes exercen como comisarias no proceso de realizacin de murais en diferentes puntos de Galicia, no que acompaan s e aos artistas seleccionados “dende o nacemento da idea ata a súa formalizacin e a súa posterior difusin”. 

“O obxectivo da agrupacin é iniciar un percorrido de murais por toda Galicia”, engaden dunha iniciativa na que se insire ata o de agora a realizacin de proxectos, en Cangas do Morrazo e Pontevedra, da man dos artistas C.E.O., Laura David, Marta Potter e Paloma Musso. Trtase, non obstante, dunha iniciativa que proxectan dar continuidade, de tal xeito que estas obras sexan “o inicio dunha ruta de murais por Galicia na que se pretende exercer un comisariado responsable que achegue arte contempornea xente”. Cada unha das intervencins recollerase súa vez nun fanzine dirixido a documentar tanto o proceso de realizacin das obras como o resultado final.