Mis de 70 persoas asisten gala final do concurso de monlogos da 鶹
O humor enche o Vitruvia Café nunha sesin cargada de ‘gargalladas cientficas’
Actuaron a gaadora e finalistas do certame, dúas divulgadoras e o actor Quico Cadaval
O Vitruvia Café de Vigo quedou pequeno na tarde deste xoves para acoller a todos os asistentes a unha xornada na que a ciencia e o humor amosaron a súa sintona e capacidade para enganchar o público. Mis de 70 persoas asistiron sesin final do concurso Gargallada Cientfica, un encontro no que a risa e a curiosidade cientfica foron da man. A vicerreitora de Comunicacin e Relacins Institucionais da 鶹, Mnica Valderrama Santomé, exerceu de mestra de cerimonias dun espectculo que mantivo o público entre risas.
O encontro adoptou o formato dun solo de ciencia, un formato divulgativo en vivo que combina ciencia e entretemento. O primeiro monlogo da tarde correu a cargo dun dos finalistas do concurso, Fernando Álvarez Álvarez, investigador do grupo Agrobioloxa Ambiental: Calidade, solos e plantas. Caracterizado como unha auténtica “col rockeira”, Fernando Álvarez puxo en escena a súa proposta, Noccaea caerulescens, un monlogo no que, tirando de metforas sobre os peculiares gustos desta planta da familia das leitugas, levou o público nunha divertida viaxe polas súas sorprendentes capacidades hiperacumuladoras.
A continuacin, Mario Soiln, investigador Ramn y Cajal do grupo de Xeotecnoloxas Aplicadas, Geotech, do Cintecx, reflexionou con humor sobre o vertixinoso avance da intelixencia artificial e o desafo de manterse ao da fronte s continuas actualizacins das ferramentas dixitais. Pola súa banda, a gaadora do concurso, Patricia Gonzlez, tamén do Cintecx, puxo en escena Podera dicir que son, unha peza cargada de retranca galega na que aborda, con moito enxeo, a dificultade de explicarlle a calquera persoa allea ao seu campo de estudo aquilo o que se dedica.
Tras a participacin dos finalistas e da gaadora do concurso Gargallada Cientfica, chegou a quenda das monologuistas convidadas. Ángela Arnosa Prieto, qumica e doutora en Ciencia de Materiais cunha ampla traxectoria na divulgacin, arrincou gargalladas co seu monlogo Nanopartculas para flipar en cores, no que explicou como materiais tan comúns como a prata ou o ouro poden mudar de cor ou comportamento ao reducirse escala nano. A continuacin, Andrea Muras Mora, microbiloga e finalista de FameLab Espaa, abordou en clave de humor a complexa vida das bacterias da boca e o proceso de formacin da placa dental, nunha intervencin que levou ao actor Quico Cadaval a facer bromas co público sobre a posibilidade de que todos acabasen correndo ao bao para lavar os dentes.
Foi Cadaval, figura esencial do teatro e do humor galego, quen puxo o broche final sesin cunha versin de mis dunha hora do seu divertido monlogo Eureka, que provocou múltiples momentos de risa entre as persoas asistentes.
Co apoio da FECYT
O evento é parte das actividades impulsadas pola Unidade de Cultura Cientfica e da Innovacin (UCC+i) da 鶹 con motivo do Da da Ciencia en Galego, dentro do plan especial do 5º aniversario de Ciencia de Ida e Volta, que conta coa colaboracin da Fundacin Espaola para la Ciencia y la Tecnologa (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovacin e Universidades. A iniciativa busca fomentar o talento divulgador en galego mediante formatos novidosos, como o monlogo cientfico.
