DUVI

Diario da 鶹

Ofrecida por Vicente Lorente Herrero, autor dun libro sobre este tema

Historia acolle unha conferencia sobre Juan Sebastin Elcano e o “complot de Pigafetta”

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Cultura
  • é
DUVI Ourense 17/10/2024

Hai 500 anos, Juan Sebastin Elcano realizou a fazaa de circunnavegar o mundo por primeira vez, “pero non sempre recibiu o recoecemento merecido”. As o recolle Vicente Lorente Herrero no seu libro Elcano y el complot de Pigafetta. Nel “investiga por que motivos Magallanes ten maior recoecemento internacional, por que Pigafetta apenas o mencionou ao narrar toda aquela viaxe e por que o propio Elcano chegou a ser calumniado de forma inxusta”.

Para falar deste libro e da parte da historia que aborda, este xoves a Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu unha conferencia de Vicente Lorente Herrero, presentada polos historiadores Jesús de Juana e Xosé Ramn Campos. Segundo explicou este enxeeiro retirado amante da historia, o seu interese por este tema xorde mentres estudaba o xuzo de Leguizamo, que se produciu en Valladolid no século XVI. Era un xuzo, detallou o relator, no que, entre outros aspectos, se facan unha serie de preguntas sobre a citada expedicin, entre elas as referidas a un escrito chegado da Illa Tidore e comentarios de tripulantes da nao Victoria de que ao mellor a Magallanes non o mataron os indios, senn que "morreu doutra maneira", o que supua, tal e como explicou o relator, "unha acusacin sibilina" cara os expedicionarios castelns.

No seu profundar neste xuzo, comentou o autor do libro, “fun vendo cousas que non cadraban, mentiras realmente, e ao final atopei que o que haba era un complot entre o italiano Pigafetta e o portugués que se quedou nas Illas Molucas, un tal Carbalho”. Pigafetta, sinalou Vicente Lorente, “era un home que lle gustaba moito a gloria" e se “a Elcano o poan no crcere pois ao que lle an dar a gloria de dar a volta ao mundo era a el”. Por outra banda, o interese do portugués, apuntou, era que a ter cando viera a Espaa un problema moi grave cun xuzo en Castela e trataba, co que dica, de salvarse dunha condena que poda ser de pena de morte.