DUVI

Diario da 鶹

Coa celebracin en Ourense do primeiro congreso do programa transfronteirizo Iacobus

Galicia e Portugal conmemoran unha década de cooperacin cientfica e académica

No acto participaron, entre outras autoridades, o presidente da Xunta e os reitores da 鶹 e USC

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • ǴDZ
  • Internacional
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Ourense 18/09/2024

Como unha experiencia transfronteiriza de éxito e como un exemplo dos froitos que d fomentar a colaboracin internacional no eido do coecemento. As se presentou este mércores no campus de Ourense o programa Iacobus, iniciativa pioneira na Eurorrexin Galicia-norte de Portugal que fomenta a cooperacin cientfica e o intercambio de persoal docente, investigador e de administracin e servizos do mbito da educacin superior galega e portuguesa. Cando se compren dez anos da súa posta en marcha, o programa celebrou en Ourense o seu primeiro reunindo a autoridades e participantes nesta iniciativa.

Un caso de éxito

Arredor de 150 persoas asistiron ao evento, que tivo lugar no edificio Politécnico do campus e que arrancou gardando un minuto de silencio polos incendios en Portugal. Na súa inauguracin, Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, subliou a importancia da cooperacin entre Galicia e o norte de Portugal apuntando que neste contexto o programa Iacobus supn “unha experiencia de éxito”. O titular do goberno galego, que felicitou s entidades participantes polo traballo feito, puxo en valor a traxectoria desta iniciativa e o feito de que fomenta a colaboracin entre universidades e centros de investigacin de ambos lados da fronteira. Neste sentido, recalcou que o programa é un exemplo de como a colaboracin entre territorios pode transformar as fronteiras en puntos de encontro.  

Desde o eido académico, Manuel Reigosa, reitor da 鶹, salientou na súa intervencin que “o futuro das nosas sociedades, de Galicia e do norte de Portugal, depende en gran medida do que sexamos quen de construr a través do coecemento” e neste senso apuntou que o programa Iacobus constitúe “unha realidade que nos beneficia a todos” e que ten “impacto social”. Lembrando a importancia do traballo conxunto para acadar obxectivos mis ambiciosos, o responsable académico subliou que desde o punto de vista das universidades participantes “podemos estar enormemente orgullosos” do traballo feito en Iacobus ao longo desta década. Do mesmo xeito, Antonio Lpez, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, puxo en valor o feito de que este programa é “un logro inédito a nivel europeo” que difumina e elimina barreiras entre dous pases. Igualmente incidiu na importancia de cooperar no eido cientfico e académico para afrontar problemas comúns que comparte a eurorrexin Galicia-norte de Portugal.

Pola súa banda, Antnio Cunha, presidente da CCDR Norte (Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte-Portugal), recalcou que a celebracin destes dez anos supn “un momento importante da cooperacin” entre Galicia e Norte de Portugal e gabou os resultados do programa Iacobus. O responsable institucional apostou por “profundar nas dinmicas de cooperacin” nun momento no que a eurorrexin “procura encontrar un futuro de modernidade”. Por último, Nuno Almeida, director da Agrupacin Europea de ǴDZ Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), entidade que xestiona o citado programa, subliou igualmente que Iacobus “é un programa de grande éxito”, que ten contribudo a fomentar a cooperacin eurorrexional, e apuntou a importancia de que siga medrando esta cooperacin en coecemento “nun mundo cada vez mis global”.  

Balance, experiencias e novas incorporacins

Tras a inauguracin oficial e nun acto presidido por Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, tivo lugar a sinatura de incorporacin de novos centros tecnolxicos ao programa Iacobus, concretamento do Centro de Tecnologia e Inovação Industrial (CiTin) e do Centro Tecnolxico do Clúster da Acuicultura. De seguido, Emdio Gomes, expresidente da CCDR-Norte e reitor da UTAD, explicou a orixe deste programa, e Xosé Lago, subdirector do GNP-AECT, e Ángel Miramontes, director da Fundacin CEER, fixeron balance del e falaron das súas perspectivas de futuro. Unha mesa redonda sobre a visin das institucins implicadas no programa Iacobus e outra sobre as experiencias de participantes nesta iniciativa pecharon o programa deste primeiro congreso.

Na actualidade 39 entidades galego-portuguesas de educacin superior, centros tecnolxicos e fundacins biomédicas participan no programa Iacobus. Entre elas estn as tres universidades públicas galegas (Vigo, A Corua e Santiago de Compostela), as como as universidades lusas de Porto, Minho, Trs-Os-Montes e Alto Douro, Catlica Portuguesa e os institutos politécnicos de Porto, Viana do Castelo e Bragança. Nesta década de existencia, indican desde a organizacin do congreso, a iniciativa destinou mis de dous millns de euros a financiar estadas de investigacin (mis de 1400 desde o seu inicio), patentes e artigos conxuntos publicados en revistas cientficas, contando co apoio da Unin Europea a través do Programa Interreg, concretamente do Programa Operativo de ǴDZ Transfronteriza Espaa-Portugal (Poctep), que achega ata o 75% do investimento.